Melide - ORDENANZA FISCAL Nº 20, REGULADORA DE TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Artigo 1. Fundamento e natureza.
Artigo 2. Feito impoñible
Artigo 3. Suxeitos pasivos
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten os servicios para as persoas beneficiarias destes.
Artigo 4. Responsables
Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. Base impoñible e cota tributaria
Artigo 6. Revisión da tarifa
Ao longo do curso procederase á revisión da tarifa fixada inicialmente sempre que se produzan e xustifiquen variacións nas circunstancias económicas ou familiares. Neste senso o beneficiario queda obrigado a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.
A comisión revisará a tarifa anualmente
Artigo 7. Período impositivo e devengo
A taxa devéngase cando se inicie a prestación do servicio. O período impositivo coincide co ano natural, prorrateado por meses.
Artigo 8. Liquidación, recadación e xestión
A liquidación da cota tributaria será mensual e deberanas aboar os interesados nos dez primeiros días de cada mes na oficina bancaria sinalada para tal efecto.
Non se aboará a tarifa que corresponda ao mes no que o centro permaneza pechado por razón de vacacións de verán. Se por calquera motivo o centro permanecese pechado durante un número superior a quince días consecutivos, non se aboará a tarifa que corresponda a este período.
3.- A non asistencia durante un período determinado non supón reducción ningunha nin exención de tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente. Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ao centro, procederá a suspensión temporal da cota, de forma que neste caso o suxeito obrigado estará exento de aboar a cota mensual dende o primeiro día do segundo mes natural seguinte ao da data de ausencia ao centro. A suspensión da cota durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno/a no centro.
4.- A tarifa establecida para cada membro non supón reducción por ser xornada completa ou media xornada.
Artigo 9. Infraccións e sancións
En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno corporativo, en sesión celebrada o día 12 de novembro de 2003, e entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
(BOP nº 267, do 20/11/2003)
(BOP nº 299, do 31/12/2003)
(BOP nº 267 19/11/2004 e BOP nº 300, 31/12/2004)
(BOP nº 298, 30/12/2005)
(BOP nº 293, do 23/12/2006)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)
(BOP nº 298, 29/12/2008)