Arteixo - TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS E CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS

Publicación provisional: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/04/2005

ARTIGO 1. Fundamento

No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei //85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a TAXA POR PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS E CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do devandito R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2. Feito impoñíbel

1. Constitúe o feito impoñíbel desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de recepción obrigatoria, que deseguido se enumeran, prestados polo Concello de Arteixo, en réxime de xestión indirecta na modalidade de sociedade mercantil de economía mixta (E.M):

a) Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.

b) Dispoñibilidade do servizo.

c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.

Control e inspección dos sistemas de sumidoiros privados (fosas sépticas, pozos negros, etc).

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos

1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tribuataria e artigo 23 do R.D. lexislativo 2/21004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos descritos no artigo 2 da presente ordenanza.

 2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se preste o servizo, podendo repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

ARTIGO 4. Responsábeis

1. Serán responsábeis solidarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

 2. Serán responsábeis subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Tarifas.

1.Tramitación administrativa.

1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros.............................................. 26,35 ¿

 

  1. Tarifa sumidoiros.

<!--[if !supportLists]--> <!--[endif]-->Tarifa usos domésticos.

2.1.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo......................................................4,00 ¿

<!--[if !supportLists]-->2.1.2. <!--[endif]-->Consumos menores ou iguais a 25 m3...........................................................0,11 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.3. <!--[endif]-->Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3...................................................... 0,20 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.4. <!--[endif]-->Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 .................................................. 0,30 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.5. <!--[endif]-->Consumos superiores a 90 m3........................................................................0,45 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.2. <!--[endif]-->Tarifa usos industriais.

2.2.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo.......................................................... 6,00 ¿

2.2.2. Consumos........................................................................................................ 0,30 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.3. <!--[endif]-->Inspección de sumidoiros privados.

2.3.1. Cota trimestral de servizo........................................................................................ 4,00 ¿

<!--[if !supportLists]-->2.4. <!--[endif]-->Servizo de sumidoiros sen contador.

2.4.1. Mínimo 25 m3................................................................................................... 0,11 ¿/m3

" \>

<!--[if !supportLists]-->1. <!--[endif]-->Tramitación administrativa.

1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros.............................................. 26,35 ¿

 

  1. Tarifa sumidoiros.

<!--[if !supportLists]--> <!--[endif]-->Tarifa usos domésticos.

2.1.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo......................................................4,00 ¿

<!--[if !supportLists]-->2.1.2. <!--[endif]-->Consumos menores ou iguais a 25 m3...........................................................0,11 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.3. <!--[endif]-->Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3...................................................... 0,20 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.4. <!--[endif]-->Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 .................................................. 0,30 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.1.5. <!--[endif]-->Consumos superiores a 90 m3........................................................................0,45 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.2. <!--[endif]-->Tarifa usos industriais.

2.2.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo.......................................................... 6,00 ¿

2.2.2. Consumos........................................................................................................ 0,30 ¿/m3

<!--[if !supportLists]-->2.3. <!--[endif]-->Inspección de sumidoiros privados.

2.3.1. Cota trimestral de servizo........................................................................................ 4,00 ¿

<!--[if !supportLists]-->2.4. <!--[endif]-->Servizo de sumidoiros sen contador.

2.4.1. Mínimo 25 m3................................................................................................... 0,11 ¿/m3

3. As tarifas contidas no artigo 5.2.2.1.2. e 5.2.2.4.1. poderán ser minoradas na porcentaje de rebaixa ofertada polo adxudicatario no procedemento de adjudicación do contrato de xestión do servizo público de subministro de auga potabel a domicilio á E.M.

ARTIGO 6. Exencións e reducións

1. Non se concederá exención ningunha na exacción da presente taxa.

2. Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real Decreto Lei 3/2004, do 25 de xuño), e a teor do sinalado no artigo 24.4 do texto refundido da Lei das facendas locais, terán unha redución do 50 % da cota tributaria.



ARTIGO 7. Cota tributaria.

A determinación da cota tributaria deducirase da aplicación das seguintes regras:

a) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.a), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.

b) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.b), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.

c) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.c), calcularase segundo a operación de multiplicar o número de metros cúbicos consumidos pola tarifa estabelecida no artigo 5.2.1.

d) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.d), estará composta da cota trimestral do servizo (artigo 5.2.3.1), que se esixirá en todo caso, e a operación aritmética resultante da multiplicación do número de metros cúbicos vertidos pola tarifa reflectida no artigo 5.2.4.1.

 

ARTIGO 8. Devengo e período impositivo.

1. A taxa devengarase:

a) Para o suposto contemplado no artigo 2.1.a), a taxa devengarase no momento de formular a correspondente solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.

b) Para os supostos de cota de disponibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), a taxa devengarase no momento en que se produza a alta na prestación do servizo, sendo compatibel e independente co esixido no feito impoñíbel co esixido no feito impoñíbel 2.1.c) e 2.1.d).

c) Nos supostos de alta nova, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licenza ou autorización.

d) Para os supostos xa incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devengarase no primeiro día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.

e) Para os supostos contemplados no artigo 2.1.d), a taxa devengarase no momento da solicitude polo suxeito pasivo do vertido do contido da fosa séptica ou pozo negro na rede municipal ou ben desde que a E.M., a través da inspección correspondente, considerara necesario o vertido. Este suposto será plenamente compatíbel e distinto do sinalado no artigo 5.2.3 da presente ordenanza fiscal.

 

2. O período impositivo coincidirá co ano natural.

ARTIGO 9. Xestión, liquidación e recadación

1. A xestión e recadación da presente taxa estará encomendada á empresa mixta que a tal efecto se constitúa.

2. A empresa mixta, rematado o primeiro trimestre do ano natural, e unha vez obtida a lectura dos contadores, elaborará un padrón ou listaxe cobratorio comprensiva das liquidacións por recibo referidos á prestación dos servizos de rede de sumidoiros e control e inspección de sumidoiros privados, segundo o modelo normalizado que estabeleza o Concello de Arteixo.

3. O referido padrón será aprobado, previa a fiscalización preceptiva da Intervención Municipal e exposición ao público por un período de 15 días, dentro do primeiro semestre de cada período impositivo. O prazo para formular o recurso de reposición será de un mes, contado desde o remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación, o prazo do período cobratorio, que nunca poderá ser inferior a dous meses, axustándose o mesmo ás instrucións que se dicten pola Tesourería Municipal.

4. Non será necesaria a publicación dos padróns ou listaxes cobratorias correspondentes aos restantes trimestres do período impositivo, sendo precisa tan só a notificación individual das altas ou baixas que se produzan nun trimestre con relación ao anterior.

5. O órgano competente para apremar as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario será a Tesourería municipal. Cando se produza o cobramento dos mesmos, os importes do principal e dos xuros de demora deberán reverter á E.M., sendo os recargos esixíbeis a prol do Concello de Arteixo.

6. Os recibos non cobrados devolveranse finalmente á E.M.

ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo a infraccións e a súa cualificación, así como as sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, serán de aplicación os artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.


DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA.

Ate o momento en que formalmente estea constituída a Empresa mixta citada no presente texto normativo, a xestión e cobramento das taxas fixadas na presente ordenanza fiscal serán realizadas polo Concello de Arteixo.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 24 de novembro de 2005.Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletión Oficial da Provincia, o día 1 de abril de 2005, permanecendo en vigor atá a súa modificiación ou derrogación expresas.