Arteixo - Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa pola prestación dos servizos de rede de sumidoiros e control e inspección de sumidoiros privados
ARTIGO 1. Fundamento
No
uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei //85, de 2 de abril,
reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2. Feito impoñíbel
Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.
Dispoñibilidade do servizo.
Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.
Control e inspección dos sistemas de sumidoiros privados (fosas sépticas, pozos negros, etc).ARTIGO 3. Suxeitos pasivos
1.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas
físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003,
de 17 de decembro, xeral tribuataria e
artigo 23 do R.D. lexislativo 2/21004, de 5 de marzo, polo que se aproba o
texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que soliciten, resulten
beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos descritos no artigo 2 da presente
ordenanza.
2. Terán a consideración de
substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se
preste o servizo, podendo repercutir, no seu caso, as cotas sobre os
respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4. Responsábeis
1. Serán responsábeis solidarios da débeda
tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003,
de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Tarifas.
1. Tramitación administrativa.
1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros..................... 31,1820 €
2. Tarifa sumidoiros.
2.1. Tarifa usos domésticos.
2.1.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo...................................... 4,7336 €
2.2.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3.............................................. 0,1302 €/m3
2.1.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3......................................... 0,2367 €/m3
2.1.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 ...................................... 0,3550 €/m3
2.1.5. Consumos superiores a 90 m3...........................................................0,5326 €/m3
2.2. Tarifa usos industriais.
2.2.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo....................................... 7,1002 €
2.2.2. Consumos............................................. 0,3550 €/m3
2.3. Inspección de sumidoiros privados.
2.3.1. Cota trimestral de servizo...................................................................... 4,7336 €
2.4. Servizo de sumidoiros sen contador.
2.4.1. Mínimo 25 m3....................................................................................... 0,1302 €/m3
3. As tarifas contidas no artigo 5.2.2.1.2. e 5.2.2.4.1. poderán ser minoradas na porcentaxe de rebaixa ofertada polo adxudicatario no procedemento de adxudicación do contrato de xestión do servizo público de subministro de auga potabel a domicilio á E.M.
ARTIGO 6. Exencións e reducións
2. Para os consumos iguais ou
inferiores a
ARTIGO 7. Cota tributaria.
A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.a), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.
A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.b), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.
A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.c), calcularase segundo a operación de multiplicar o número de metros cúbicos consumidos pola tarifa estabelecida no artigo 5.2.1.
A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.d), estará composta da cota trimestral do servizo (artigo 5.2.3.1), que se esixirá en todo caso, e a operación aritmética resultante da multiplicación do número de metros cúbicos vertidos pola tarifa reflectida no artigo 5.2.4.1.
ARTIGO 8. Devengo e período impositivo.
Para o suposto contemplado no artigo 2.1.a), a taxa devengarase no momento de formular a correspondente solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.
Para os supostos de cota de disponibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), a taxa devengarase no momento en que se produza a alta na prestación do servizo, sendo compatibel e independente co esixido no feito impoñíbel co esixido no feito impoñíbel 2.1.c) e 2.1.d).
Nos supostos de alta nova, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licenza ou autorización.
Para os supostos xa incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devengarase no primeiro día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.
Para os supostos contemplados no artigo 2.1.d), a taxa devengarase no momento da solicitude polo suxeito pasivo do vertido do contido da fosa séptica ou pozo negro na rede municipal ou ben desde que a E.M., a través da inspección correspondente, considerara necesario o vertido. Este suposto será plenamente compatíbel e distinto do sinalado no artigo 5.2.3 da presente ordenanza fiscal.
2. O período impositivo coincidirá co ano natural.
ARTIGO 9. Xestión, liquidación e recadación
1. A xestión e recadación da presente taxa estará encomendada á empresa mixta que a tal efecto se constitúa.
2. A empresa mixta, rematado o primeiro trimestre do ano natural, e unha vez obtida a lectura dos contadores, elaborará un padrón ou listaxe cobratorio comprensiva das liquidacións por recibo referidos á prestación dos servizos de rede de sumidoiros e control e inspección de sumidoiros privados, segundo o modelo normalizado que estabeleza o Concello de Arteixo.
3. O referido padrón será aprobado, previa a fiscalización preceptiva da Intervención Municipal e exposición ao público por un período de 15 días, dentro do primeiro semestre de cada período impositivo. O prazo para formular o recurso de reposición será de un mes, contado desde o remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación, o prazo do período cobratorio, que nunca poderá ser inferior a dous meses, axustándose o mesmo ás instrucións que se dicten pola Tesourería Municipal.
4. O órgano competente para apremar as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario será a Tesourería municipal. Cando se produza o cobramento dos mesmos, os importes do principal e dos xuros de demora deberán reverter á E.M., sendo os recargos esixíbeis a prol do Concello de Arteixo.
5. Os recibos non cobrados devolveranse finalmente á E.M.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA.
Ate o momento en que formalmente estea constituída a
Empresa mixta citada no presente texto normativo, a xestión e cobramento das
taxas fixadas na presente ordenanza fiscal serán realizadas polo Concello de
Arteixo.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza que consta de 11 artigos, unha disposición transitoria e unha disposición final, derroga a ate agora vixente, aprobada polo Concello Pleno en sesión de 30 de xaneiro de 1997.
Foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2004.
Foi modificada posteriormente polo Concello Pleno en sesións celebradas os días 24 de novembro de 2005, 5 de novembro de 2007 e 4 de setembro de 2008.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesion celebrada o día 3 de setembro de 2009. Entrará en vigor, logo da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresas.