Arteixo - ORDENANZA FISCAL N.º 9, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS E CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS
ARTIGO 1.-Fundamento.
No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a TAXA POR PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS, ACOMETIDAS Á REDE XERAL, CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS E DEPURACION DE AUGAS RESIDUAIS, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do devandito R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 2.-Feito impoñíbel.
Constitúe o feito impoñíbel desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de recepción obrigatoria, que de seguido se enumeran, prestados polo Concello de Arteixo, en réxime de xestión directa ou indirecta:
a) Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.
b) Dispoñibilidade do servizo.
c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.
d) A prestación do servizo de depuración de augas residuais.
e) Acometidas á rede xeral.
f) Limpeza de pozos negros e posterior traslado dos residuos a instalacións de EDAR DE BENS, S.A.
g) Recepción, vertido e tratamento de residuos procedentes de pozos negros, en EDAR DE BENS, S.A.
h) Toma de mostras e analítica do efluente procedentes de fosas sépticas
ARTIGO 3.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e artigo 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos descritos no artigo 2 da presente ordenanza.
2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se preste o servizo, podendo repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4.-Responsábeis.
1. Serán responsábeis solidarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsábeis subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5.-Tarifas.
Se determinan as seguintes contías que constitúen a base impoñible, que se incrementará, en su caso, co IVE vixente en cada momento:
1. Tramitación administrativa.
1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros ................. 34,1128 €
2. Tarifa sumidoiros.
2.1. Tarifa usos domésticos.
2.1.1. Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo .................................. 5,1784 €
2.1.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3 .................................. 0,10504 €/m3
2.1.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 ................................ 0,2386 €/m3
2.1.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 ............................. 0,3883 €/m3
2.1.5. Consumos superiores a 90 m3 ................................................ 0,5827 €/m3
2.2. Tarifa usos non domésticos.
2.2.1. Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo .................................. 7,7675 €
2.2.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3 ..................................... 0,3579 €/m3
2.2.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3................................. 0,3579 €/m3
2.2.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 ............................. 0,3883 €/m3
2.2.5. Consumos superiores a 90 m3 ................................................ 0,3883 €/m3
Para os supostos nos que o volume total de auga consumida durante o trimestre sexa menor ou igual a 25 m3 seranlle de aplicación as tarifas previstas para os consumos domésticos.
2.3. Servizo de sumidoiros sen contador.
2.3.1. Mínimo 25 m3 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿................................¿¿ 0,1424 €/m3
Non obstante, no suposto de que o suxeito pasivo instalase un caudalímetro homologado de augas residuais, liquidaráselle a taxa en razón do volume de auga reflectida no mesmo, e consonte ós tramos previstos nos apartados 2.1. e 2.2. deste precepto, segundo o uso ó que teña sido destinado o auga que é obxecto de remisión á rede de saneamento municipal.
2.4. Aos efectos da presente ordenanza, a definición dos tipos de usuarios do servizo será a establecido na Ordenanza nº 41, de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello de Arteixo".
3. Tarifa Prestación de servizos de tratamento e depuración de excretas, augas pluviais, e residuais.
3.1. Coeficiente de verteduras (EDAR BENS, S.A) que dispoñan de servizo domiciliario de auga, por m3 de auga consumida será o seguinte:
a) Para Consumos domésticos: Compoñente fixa Compoñente variable.
Sen consumo trimestral 1,50 € 0,00 €/m3
Con consumo trimestral 1,50 € 0,28 €/m3
b) Para Consumos non domésticos: Compoñente fixa Compoñente variable.
Sen consumo trimestral 1,50 € 0,00 €/m3
Con consumo trimestral 1,50 € 0,35 €/m3
Non obstante, aos consumos non domésticos cun volumen total de auga consumida durante o ano natural anterior inferior a 2.000 metros cúbicos, aplicaránselles as tarifas previstas para os ¿consumos domésticos". No suposto de que no primeiro ano de uso do auga o consumo se teña iniciado con posterioridade ao 1 de xaneiro, extrapolaranse os datos do consumo ao ano enteiro.
3.2. No caso de usuarios da rede de sumidoiros municipal que non se atopen conectados á rede de abastecemento de auga, tributarán polo mínimo de 25 m3, a razón de 0,28 €/m3.
Non obstante, no suposto de que o suxeito pasivo instalase un caudalímetro homologado de augas residuais, liquidaráselle a taxa en razón do volume de auga reflectida no mesmo.
4. Tarifas pola prestación do servicio de acometida á rede xeral.
Para a elaboración do orzamento das acometidas á rede de saneamento, téñense en conta os seguintes criterios:
a) Que, con carácter xeral, as medicións efectuaranse dende o eixe da vía pola que transcorra o servizo ao que se vai a conectar, ata o límite da finca á que vai destinado o servizo.
b) Que, no caso das acometidas para fincas que se atopen situadas en solo urbano ou de núcleo rural, do vixente planeamento municipal, cuxa rede viaria conte coa debida sinalización de aliñacións e rasantes, as medicións levaranse a cabo do seguinte modo:
- Cando o inmoble se atope dentro da alineación, desde a rede ata a dita alineación.
- Cando o inmoble se atope fóra de alineación, desde a rede ata o límite da finca.
4.1. Importes a aboar por obras de acometida á rede xeral sumidoiros:
1.- REDE DE SUMIDOIROS |
| |
| ||
Conexión de acometida a rede de sumidoiros incluindo subministración e colocación do primeiro ml de tubo de PVC, excavación e recheo ata un metro e entronque a pozo, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación nin pozo de rexistro. |
| |
| ||
200 |
| 176,82 € |
250 |
| 189,57 € |
315 |
| 201,28 € |
| ||
Ml de subministración e colocación de tubo de PVC, totalmente instatalado e probado incluso excavación e recheo ata un metro, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación. |
| |
| ||
200 |
| 35,54 € |
250 |
| 48,28 € |
315 |
| 59,99 € |
| ||
2.- EXCAVACIÓNS E RECHEOS | ||
| ||
M3 de escavación en gabia con medios mecánicos, en terreo de tránsito, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da excavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro. | 26,36 € | |
M3 de escavación en gabia con medios mecánicos en roca, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da excavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30 mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro. | 64,20 € | |
| ||
3.- LEVANTAMENTO E REPOSICIÓN DE PAVIMENTACIÓNS | ||
| ||
M2 de levantamento e reposición de macadam con dous regos asfalticos de 7 kg. De ligante ECR-2 con 0,300 m3 de áridos, completamente rematada. | 29,38 € | |
| ||
M2 de levantamente e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm de grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2 de resistencia característica de vinte (20) cm de grosor, completamente rematado. | 60,71 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. De grosor, estentidida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2 de resistencia característica de trinta (30) cm. de grosor, completamente rematado. | 70,37 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de pavimentación de formigón de 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm de grosor, completamente rematado. | 37,66 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de baldosa de terrazo en cores, na beirarrúa, asentada sobre base de formigón de fck 150 kp/cm2 de resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado. | 49,32 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de baldosas de cemento, modelo oficial, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. De resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado. | 40,46 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre area aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado. | 22,11 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2 de resistencia característica de 20 cm. De grosor aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado. | 60,40 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de baldosa de perpiaño asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2 de resistencia característica y 20 cm. De grosor, completamente rematado. | 135,40 € | |
| ||
M2 De levantamento e reposición de chapacuña con dous regos asfálticos de 7 kg. De ligante ECR-2, con 0,300 m3 de áridos, completamente rematado. | 20,40 € | |
| ||
4.- REXISTROS | ||
Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 1,50 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 kg/cm2 de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro. | 670,34 € | |
| ||
Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 2,00 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro. | 753,16 € | |
| ||
Unidade de pozo de rexistro, sen areeiro, de 1,00 m. de diámetro ata 2,00m de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 200 kg/cm2 de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, arillos de formigón, tapa e cerca de fundición dúctil de calzada, incluso escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/ISA-14, NTE/ISS-55, medida a unidade rematada. | 538,71 € | |
Ud. De arqueta 50x50 realizada con módulo de formigón, tapa e cerco de fundición, totalmente rematada. | 136,74 € | |
5.- AUTORIZACIÓNS E INFORMES SECTORIAIS NECESARIOS PARA A AUTORIZACIÓN DA ACOMETIDA | O custo das autorizacións e informes serán por conta e cargo dos administrados. A contía será a derivada da liquidación xirada pola Administración competente. | |
4.2. Cando as acometidas se soliciten durante a execución das obras de nova implantación dos servicios de saneamento, ou de substitución das conduccións existentes, tributarán polo 90 por cento da base impoñible indicada no cadro precedente. Esta circunstancia será supervisada polo servicio técnico municipal xestor.
5. Limpeza de pozos negros e traslado de residuos a estación depuradora:
Hora de limpeza de pozos negros e posterior traslado de residuos á EDAR BENS, S.A. ..................... 100,00 €.
6. Recepción, verquido e tratamento de residuos procedentes de pozos negros en EDAR BENS, S.A.:
6.1. Ud. De cuba de 6 m3 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿....¿¿¿ 0,00 €
6.2. Ud. De cuba de 12 m3 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.....¿¿ 100,00 €
* Non se admitirán vequidos de cubas de máis de 12 m3
7. Toma de mostras e analítica do efluente procedente de fosas sépticas:
Ud. de toma de mostras a analítica completa procedente de fosas sépticas¿¿¿¿¿.¿¿¿ 89,39 €
ARTIGO 6.-Beneficios fiscais.
1. Os suxeitos pasivos que teñan recoñecido pola Xunta de Galicia o dereito ao cobramento da renda de inclusión social (RISGA), consonte á lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, terán dereito ao recoñecemento dunha bonificación do 100% na cota tributaria da taxa. O recoñecemento deste beneficio fiscal realizarase, trimestralmente, por Resolución do órgano municipal competente á vista das resolucións administrativas ditadas pola Consellería da Xunta de Galicia competente na materia que, ou ben sexan achegadas polos propios suxeitos pasivos, ou ben sexan notificadas directamente ao Concello de Arteixo por parte da Administración Autonómica".
2. Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real Decreto Lei 3/2004, do 25 de xuño), e a teor do sinalado no artigo 24.4 do texto refundido da Lei das facendas locais, terán unha redución do 50 % da cota tributaria.
3. Os suxeitos pasivos que teñan recoñecida polo organismo autonómico competente, a deducción na cota íntegra do canon do auga ó abeiro do disposto no art. 24.2 do Decreto 36/2012, de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Canon da auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais, por pertencer a unha unidade familiar que teña a condición de familia numerosa, terán dereito a unha redución na cota da taxa tributaria do 50%.
O recoñecemento desta redución realizarase por Resolución do órgano municipal competente á vista das comunicacións realizadas pola entidade ¿Augas de Galicia" a este Concello, relativas ao concepto referido no parágrafo anterior.
4. As reducións descritas nos apartados 2 e 3 non resultarán compatibles entre sí, polo que únicamente poderá aplicarse unha delas, nas liquidacións correspondentes a suxeitos pasivos que reúnan os requisitos esixidos en ámbolos dous casos".
ARTIGO 7.-Cota tributaria.
A determinación da cota tributaria deducirase da aplicación das seguintes regras:
a) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.a), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.
b) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.b), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.
c) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.c), calcularase segundo a operación de multiplicar o número de metros cúbicos consumidos pola tarifa establecida no artigo 5.2.1.
d) A cota tributaria, no feito impoñible definido no artigo 2.1.d) calcularase segundo a operación de multiplicar o número de m3 consumidos pola tarifa establecida no artigo 5.3.1.
e) A cota tributaria, no feito impoñible definido no artigo 2.1.e),f), g) e h) serán as que figuran fixadas nas tarifas correspondentes.
ARTIGO 8.-Devengo e período impositivo.
1. A taxa devengarase:
a) Para o suposto contemplado no artigo 2.1.a), e), f), g) e h) a taxa devengarase no momento de formular a correspondente solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.
b) Para os supostos de cota de dispoñibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), a taxa devengarase no momento en que se produza a alta na prestación do servizo, sendo compatible e independente co esixido no feito impoñible 2.1.c) e 2.1.d).
c) Nos supostos de alta nova, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licenza ou autorización.
d) Para os supostos xa incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devengarase no primeiro día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.
e) Para os supostos contemplados no artigo 2.1. d), no caso de prestación do servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, e residuais a través da rede de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas, na data na que teña lugar a efectiva acometida, sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización. O devengo por esta modalidade de taxa se producirá con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida.
2. O período impositivo coincidirá co ano natural.
ARTIGO 9.-Xestión, liquidación e recadación.
1. A xestión e recadación da presente taxa poderá realizarse en xestión directa, polo propio concello, ou en xestión indirecta, segundo se estea a prestar o servicio dunha forma ou outra.
2. Con periodicidade trimestral, e unha vez obtida a lectura dos contadores, elaborará un padrón ou listaxe cobratorio comprensivo das liquidacións por recibo referidos á prestación dos servizos de rede de sumidoiros e control e inspección de sumidoiros privados e depuración de augas residuais.
3. Os referidos padróns serán aprobados, previa a fiscalización preceptiva da Intervención Municipal e exposición ao público por un período de 15 días. O prazo para formular o recurso de reposición será de un mes, contado desde o remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación, o prazo do período cobratorio, que nunca poderá ser inferior a dous meses, axustándose o mesmo ás instruccións que se dicten pola Tesourería Municipal.
4. Será necesaria a notificación individual das altas e baixas que se produzan nun trimestre con relación ao anterior.
5. O órgano competente para apremiar as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario será a Tesourería municipal.
6. Se no período de emisión das correspondentes liquidacións se constatase a existencia dunha fuga na rede interna de subministración do contribuínte e o volume facturado tivese unha consideración desproporcionada en virtude da dita fuga, se lle aplicará a tarifa correspondente ó volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
Para estes efectos, terá a consideración de volume desproporcionado aquel volume facturado que sexa superior ao quíntuplo do volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
O contribuínte deberá adoptar as medidas necesarias para reparar a fuga dentro do prazo de dous meses contados dende a publicación no Boletín Oficial da provincia, do padrón ou listaxe cobratorio comprensivo das liquidacións das taxas ao que se refire o art. 9.2 desta ordenanza; o cál, deberá ser debidamente acreditado mediante a presentación da factura de reparación, e do xustificante bancario ou de calquera outro medio que fehacientemente acredite o seu pagamento.
ARTIGO 10.-Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo a infraccións e a súa cualificación, así como as sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, serán de aplicación os artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
Disposición final.
A Ordenanza consta de 10 artigos e unha disposición final. A última modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 29 de outubro de 2015.
O presente texto refundido, aprobado definitivamente polo órgano plenario o día 16.12.2016, entrará en vigor, unha vez sexa publicada íntegramente no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, o día 1 de xaneiro de 2017, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.