Producido erro relativo a aprobación definitiva da modificación da ORDENANZA FISCAL Nº 9 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS , CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS E DEPURACION DE AUGAS RESIDUAIS, fáise pública a seguinte corrección de erros no artigo 5. Tarifas, apartado 2.2.2 Consumos menores ou iguais a 25 m3, onde di 3579 €/m3, debe dicir: 0,3579 €/m3.
Arteixo - ORDENANZA FISCAL N.º 9, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS E CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS
ARTIGO 1. Fundamento
No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a TAXA POR PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS, CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS E DEPURACION DE AUGAS RESIDUAIS, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do devandito R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 2. Feito impoñíbel
1. Constitúe o feito impoñíbel desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de recepción obrigatoria, que deseguido se enumeran, prestados polo Concello de Arteixo, en réxime de xestión directa ou indirecta:
a) Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.
b) Dispoñibilidade do servizo.
c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.
d) Control e inspección dos sistemas de sumidoiros privados (fosas sépticas, pozos negros, etc)
e) A prestación do servizo de depuración de augas residuais
ARTIGO 3. Suxeitos pasivos
1. Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tribuataria e artigo 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que soliciten, resulten beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos descritos no artigo 2 da presente ordenanza.
2. Terán a consideración de substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se preste o servizo, podendo repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4. Responsábeis
1. Serán responsábeis solidarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsábeis subsidiarios da débeda tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Tarifas.
Se determinan as seguintes contías que constitúen a base impoñible, que se incrementará, en su caso, co ive vixente en cada momento:
1. 1. Tramitación administrativa.
1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros......................... 34,1128 €
2. 2.Tarifa sumidoiros.
2.1. 2.1.Tarifa usos domésticos.
2.1.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo...................................5,1784 €
2.2.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3..................................0,10504 €/m3
2.2.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3.............................. 0,2386 €/m3
2.2.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 .......................... 0,3883 €/m3
2.2.5. Consumos superiores a 90 m3...............................................0,5827 €/m3
2.2.Tarifa usos industriais.
2.2.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo................................. 7,7675 €
2.2.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3.................................... 0,3579 €/m3
3.3.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3.............................. 0,3579 €/m3
3.3.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 .......................... 0,3883 €/m3
3.3.5. Consumos superiores a 90 m3...............................................0,3883 €/m3
2.3. Inspección de sumidoiros privados.
2.3.1. Cota trimestral de servizo............................................................ 5,1784 €
2.4.Servizo de sumidoiros sen contador.
2.4.1. Mínimo 25 m3...................................................................... 0,1424 €/m3
3. Tarifa Prestación de servizos de tratamento e depuración de excretas, augas pluviais, e residuais.
3.1. Coeficiente de verteduras (EDAR BENS S.A) tanto en doméstico, comercial ou industrial, que dispoñan de servizo domiciliario de auga, por m3 de auga consumida: 0,28 €/m3
ARTIGO 6. Exencións e reducións
1. Non se concederá exención ningunha na exacción da presente taxa.
2. Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real Decreto Lei 3/2004, do 25 de xuño), e a teor do sinalado no artigo 24.4 do texto refundido da Lei das facendas locais, terán unha redución do 50 % da cota tributaria.
ARTIGO 7. Cota tributaria.
A determinación da cota tributaria deducirase da aplicación das seguintes regras:
a) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.a), serán as que figuran fixadas nas tarifas corres-pondentes.
b) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.b), serán as que figuran fixadas nas tarifas correspon-dentes.
c) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.c), calcularase segundo a operación de multiplicar o número de metros cúbicos consumidos pola tarifa estabelecida no artigo 5.2.1.
d) A cota tributaria, no feito impoñíbel definido no artigo 2.1.d), estará composta da cota trimestral do servizo (artigo 5.2.3.1), que se esixirá en todo caso, e a operación aritmética resultante da multiplicación do número de metros cúbicos vertidos pola tarifa reflectida no artigo 5.2.4.1.
e)A cota tributaria, no feito impoñible definido no artigo 2.1.e) calcularáse segundo a operación de multiplicar o número de m3 consumidos pola tarifa establecida no artigo 5.3.1.
ARTIGO 8. Devengo e período impositivo.
1. A taxa devengarase:
a) Para o suposto contemplado no artigo 2.1.a), a taxa devengarase no momento de formular a correspondente solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.
b) Para os supostos de cota de disponibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), a taxa devengarase no momento en que se produza a alta na prestación do servizo, sendo compatibel e independente co esixido no feito impoñíbel 2.1.c) e 2.1.d).
c) Nos supostos de alta nova, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa licenza ou autorización.
d) Para os supostos xa incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devengarase no primeiro día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.
e) Para os supostos contemplados no artigo 2.1.d), a taxa devengarase no momento da solicitude polo suxeito pasivo do vertido do contido da fosa séptica ou pozo negro na rede municipal ou ben desde que o Concello en xestión directa ou mediante xestión indirecta deste servizo, a través da inspección correspondente, considerara necesario o vertido. Este suposto será plenamente compatíbel e distinto do sinalado no artigo 5.2.3 da presente ordenanza fiscal.
f) Para os supostos contemplados no artigo 2.1. e), no caso de prestación do servizo de evacuación de excretas, augas pluviais, e residuais a través da rede de sumidoiros e o seu tratamento para depuralas, na data na que teña lugar a efectiva acometida, sen perxuicio da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización. O devengo por esta modalidade de taxa se producirá con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida.
2. O período impositivo coincidirá co ano natural.
ARTIGO 9. Xestión, liquidación e recadación
1. A xestión e recadación da presente taxa poderá realizarse en xestión directa, polo propio concello, ou en xestion indirecta, segundo se esté a prestar o servicio dunha forma u otra.
2. Con periodicidade trimestral, e unha vez obtida a lectura dos contadores, elaborará un padrón ou listaxe cobratorio comprensivo das liquidacións por recibo referidos á prestación dos servizos de rede de sumidoiros e control e inspección de sumidoiros privados e depuración de augas residuais.
3. Os referidos padróns serán aprobados, previa a fiscalización preceptiva da Intervención Municipal e exposición ao público por un período de 15 días. O prazo para formular o recurso de reposición será de un mes, contado desde o remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación, o prazo do período cobratorio, que nunca poderá ser inferior a dous meses, axustándose o mesmo ás instrucións que se dicten pola Tesourería Municipal.
4. Será necesaria a notificación individual das altas e baixas que se produzan nun trimestre con relación ao anterior.
5. O órgano competente para apremiar as liquidacións e recibos non satisfeitos en período voluntario será a Tesourería municipal.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo a infraccións e a súa cualificación, así como as sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, serán de aplicación os artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza que consta de 10 artigos, e unha Disposición Final. A última modificación foi aprobada polo Concello en sesión plenaria de data 19 de decembro de 2013 e publicada no BOP nº 40 o día 27 de febreiro de 2014.
A presente modificación aprobouse no Concello Pleno o día 25 de setembro de 2014. Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2015 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 224 de 21/11/2014:
Corrección de erros do anuncio publicado no BOP número 223 do día 20 de novembro de 2014: