Arteixo - TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS E CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS
ARTIGO 1. Fundamento
No
uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei //85, de 2 de abril,
reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos
ARTIGO 2. Feito impoñíbel
1. Constitúe o feito impoñíbel desta taxa a prestación dos servizos públicos municipais de recepción obrigatoria, que deseguido se enumeran, prestados polo Concello de Arteixo, en réxime de xestión indirecta na modalidade de sociedade mercantil de economía mixta (E.M):
a) Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.
b) Dispoñibilidade do servizo.
c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.
Control e inspección dos sistemas de sumidoiros privados (fosas sépticas, pozos negros, etc).ARTIGO 3. Suxeitos pasivos
1.
Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas
físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003,
de 17 de decembro, xeral tribuataria e
artigo 23 do R.D. lexislativo 2/21004, de 5 de marzo, polo que se aproba o
texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, que soliciten, resulten
beneficiadas ou sexan usuarias dos servizos descritos no artigo 2 da presente
ordenanza.
2. Terán a consideración de
substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se
preste o servizo, podendo repercutir, no seu caso, as cotas sobre os
respectivos beneficiarios.
ARTIGO 4. Responsábeis
1. Serán responsábeis solidarios da débeda
tributaria as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003,
de 17 de decembro, xeral tributaria.
ARTIGO 5. Tarifas.
1. Tramitación administrativa. | |
1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros | 29,5120 € |
2. Tarifa sumidoiros. | |
2.1. Tarifa usos domésticos. | |
2.1.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo | 4,4800 € |
2.1.2. Consumos menores ou iguais a 25 m³ | 0,1232 €/m³ |
2.1.3. Consumos superiores a 25 m³ ata 45 m³ | 0,2240 €/m³³ |
2.1.4. Consumos superiores a 45 m³ e ata 90 m³ | 0,3360 €/m³ |
2.1.5. Consumos superiores a 90 m³ | 0,5040 €/m³ |
2.2. Tarifa usos industriais. | |
2.2.1. Cota trimestral de disponibilidade do servizo | 6,7200 € |
2.2.2. Consumos | 0,3360 €/m³ |
2.3. Inspección de sumidoiros privados. | |
2.3.1 Cota trimestral de servizo | 4,4800 € |
2.4. Servizo de sumidoiros sen contador. | |
2.4.1. Mínimo 25 m³ | 0,1232 €/m³ |
ARTIGO 6. Exencións e reducións
2. Para os consumos iguais ou
inferiores a
ARTIGO 7. Cota tributaria.
A
determinación da cota tributaria deducirase da aplicación das seguintes regras:
a) A cota tributaria, no feito
impoñíbel definido no artigo 2.1.a), serán as que figuran fixadas nas tarifas
correspondentes.
b) A cota tributaria, no feito
impoñíbel definido no artigo 2.1.b), serán as que figuran fixadas nas tarifas
correspondentes.
c) A cota tributaria, no feito
impoñíbel definido no artigo 2.1.c), calcularase segundo a operación de
multiplicar o número de metros cúbicos consumidos pola tarifa estabelecida no artigo 5.2.1.
d) A cota tributaria, no feito
impoñíbel definido no artigo 2.1.d), estará composta da cota trimestral do
servizo (artigo 5.2.3.1), que se esixirá en todo caso, e a operación aritmética
resultante da multiplicación do número de metros cúbicos vertidos pola tarifa
reflectida no artigo 5.2.4.1.
ARTIGO 8. Devengo e período impositivo.
a) Para o suposto contemplado
no artigo 2.1.a), a taxa devengarase no momento de formular a correspondente
solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen
formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.
b) Para os supostos de cota de
disponibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), a
taxa devengarase no momento en que se produza a alta na prestación do servizo,
sendo compatibel e independente co esixido no feito impoñíbel co esixido no
feito impoñíbel 2.1.c) e 2.1.d).
c) Nos supostos de alta nova,
desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a
correspondente solicitude ou desde que se utilice este sen ter obtido a previa
licenza ou autorización.
d) Para os supostos xa
incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, a taxa devengarase no primeiro
día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.
e) Para os supostos
contemplados no artigo 2.1.d), a taxa devengarase no momento da solicitude polo
suxeito pasivo do vertido do contido da fosa séptica ou pozo negro na rede
municipal ou ben desde que a E.M., a través da inspección correspondente,
considerara necesario o vertido. Este suposto será plenamente compatíbel e
distinto do sinalado no artigo 5.2.3 da presente ordenanza fiscal.
2. O período impositivo coincidirá co ano natural.
ARTIGO 9. Xestión, liquidación e recadación
3. O referido padrón será aprobado, previa a
fiscalización preceptiva da Intervención Municipal e exposición ao público por
un período de 15 días, dentro do primeiro semestre de cada período impositivo.
O prazo para formular o recurso de reposición será de un mes, contado desde o
remate da exposición ao público, precisándose no acordo de aprobación, o prazo
do período cobratorio, que nunca poderá ser inferior a dous meses, axustándose
o mesmo ás instrucións que se dicten pola Tesourería Municipal.
4. Non será necesaria a publicación dos padróns ou listaxes cobratorias
correspondentes aos restantes trimestres do período impositivo, sendo precisa
tan só a notificación individual das altas ou baixas que se produzan nun trimestre
con relación ao anterior.
5. O órgano competente para apremar as liquidacións e recibos non
satisfeitos en período voluntario será a Tesourería municipal. Cando se produza
o cobramento dos mesmos, os importes do principal e dos xuros de demora deberán
reverter á E.M., sendo os recargos esixíbeis a prol do Concello de Arteixo.
6. Os recibos non cobrados devolveranse finalmente á E.M.
ARTIGO 10. Infraccións e sancións tributarias.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA.
Ate o momento en que formalmente estea constituída a
Empresa mixta citada no presente texto normativo, a xestión e cobramento das
taxas fixadas na presente ordenanza fiscal serán realizadas polo Concello de
Arteixo.