Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 19.-TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓN INTEGRANTES DO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

Publicación provisional: 15/07/2006 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 06/10/2006 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 06/10/2006

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a Taxa pola entrada e uso das instalacións do parque acuático de Cerceda.

Artigo 2. Feito Impoñible

Constitúe o feito impoñible deste tributo a entrada e o uso das instalacións que integran o parque acuático de Cerceda.

Artigo 3. Devengo

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto.

Artigo 4. Suxeitos pasivos

Están obrigados ó pago as persoas naturais e xurídicas usuarias das instalacións.

Artigo 5. Base impoñible e liquidable

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada.

Artigo 6. Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):

 

Diario Adultos 4,50 euros
  5-12 anos 2,80 euros
  0-4 anos 0,00 euros
Sábado, domingo e festivos Adultos 5,00 euros
  5-12 anos 3,30 euros
  0-4 anos 0,00 euros
Abono mensual Adultos 60,00 euros
  5-12 anos 41,00 euros
Abono quincenal Adultos 36,00 euros
  5-12 anos 26,00 euros
Abono semanal Adultos 21,00 euros
  5-12 anos 14,50 euros

Artigo 7.- Normas de xestión.

7.1- Con carácter xeral, a cota tributaria aboarase no momento da entrada ó parque.

7.2- Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense unha seria de bonificacións para os membros destas familias, quedando as cotas do xeito seguinte:

 

Diario Adultos 4,00 euros
  5-12 anos 2,50 euros
  0-4 anos 0,00 euros
Sábado, domingo e festivos Adultos 4,50 euros
  5-12 anos 3,00 euros
  0-4 anos 0,00 euros
Abono mensual Adultos 54,00 euros
  5-12 anos 37,00 euros
Abono quincenal Adultos 32,50 euros
  5-12 anos 23,50 euros
Abono semanal Adultos 19,00 euros
  5-12 anos 13,00 euros

 

Para a obtención dos descontos por familia numerosa, e imprescindible a acreditación desta condición no momento de aboar a entrada ó parque acuático.

Artigo 8.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.