Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 19.-TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓN INTEGRANTES DO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

Publicación provisional: 15/07/2006 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 06/10/2006 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1. Fundamento e réxime.

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, establece a taxa pola entrada e uso das instalacións do parque acuático de Cerceda.

Artigo 2. Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo a entrada e o uso das instalacións que integran o parque acuático de Cerceda.

Artigo 3. Devengo.

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto.

Artigo 4. Suxeitos pasivos.

Están obrigados ó pago as persoas naturais e xurídicas usuarias das instalacións.

Artigo 5. Base impoñible e liquidable.

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada.

Artigo 6. Cota tributaria.

As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):

Euros

Diario

Adultos

5,50

5-12 anos

4,00

0-4 anos

0,00

Sábado, domingo e festivos

Adultos

6,50

5-12 anos

4,50

0-4 anos

0,00

Abono mensual

Adultos

75,00

5-12 anos

52,00

Abono quincenal

Adultos

45,00

5-12 anos

32,00

Abono semanal

Adultos

26,00

5-12 anos

20,00

Artigo 7.-Normas de xestión.

7.1.-Con carácter xeral, a cota tributaria aboarase no momento da entrada ó parque.

7.2.-Dacordo co establecido na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, establécense unha seria de bonificacións para os membros destas familias, quedando as cotas do xeito seguinte:

Euros

Diario

Adultos

5,00

5-12 anos

3,00

0-4 anos

0,00

Sábado, domingo e festivos

Adultos

5,00

5-12 anos

4,00

0-4 anos

0,00

Abono mensual

Adultos

67,50

5-12 anos

47,00

Abono quincenal

Adultos

41,00

5-12 anos

28,50

Abono semanal

Adultos

23,50

5-12 anos

18,00

Para a obtención dos descontos por familia numerosa, e imprescindible a acreditación desta condición no momento de aboar a entrada ó parque acuático.

Artigo 8.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto 2/2004, de 5 de marzo, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 9.-Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.