Cerceda - TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓNS INTEGRANTES DO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

Publicación provisional: 15/07/2006 BOP Nº: 162
Publicación definitiva: 06/10/2006 BOP Nº: 231
Aplicable dende: 21/06/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime.

Este Concello, conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de acordo co previsto no artigo 20.4.o) do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, establece a taxa pola entrada e uso das instalacións do parque acuático de Cerceda.

Artigo 2. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo a entrada e o uso das instalacións que integran o parque acuático de Cerceda.

Artigo 3. Obriga de contribuír.

A obrigación de contribuír nacerá dende que se inicie a utilización, mediante a entrada ó recinto.

Artigo 4. Suxeitos pasivos.

Están obrigados ó pago as persoas naturais e xurídicas usuarias das instalacións.

Artigo 5. Base impoñible e liquidable.

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada.

Artigo 6. Cota tributaria.

As tarifas a aplicar serán as seguintes (en euros):

De luns a venres

Maiores de 12 anos: 7,00 €

5-12 anos: 5,00 €

0-4 anos: 0,00 €

Sábado, domingo e festivos

Maiores de 12 anos: 8,00 €

5-12 anos: 6,00 €

0-4 anos: 0,00 €

Abono sete días

Maiores de 12 anos: 30,00 €

5-12 anos: 21,00 €

Artigo 7. Normas de xestión.

7.1. Con carácter xeral, a cota tributaria aboarase no momento da entrada ó parque, agás no caso do grupos que poderán tramitar e aboar as entradas con anterioridade.

Artigo 8. Exencións e reduccións.

8.1. As persoas que acrediten a condición de familia numerosa terán as seguintes cotas:

Diario

Maiores de 12 anos: 6,00 €

5-12 anos: 4,00 €

0-4 anos: 0,00 €

Sábado, domingo e festivos

Maiores de 12 anos: 7,00 €

5-12 anos: 4,00 €

0-4 anos: 0,00 €

Abono semanal

Maiores de 12 anos: 27,00 €

5-12 anos: 18,00 €

Para a obtención dos descontos por familia numerosa, é imprescindible a acreditación desta condición no momento de aboar a entrada ó parque acuático, mediante a presentación do título de familia numerosa.

8.2. As persoas que acrediten a condición de discapacidade superior a un 33% mediante a presentación do correspondente certificado de minusvalía, gozarán das mesmas bonificacións que as familias numerosas.

Artigo 9. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.