Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 8 REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS
Artigo 1. Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, contendo as normas que atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
"2-Os servizos indicados no apartado 1 do presente artigo serán de recepción obligatoria, polo que en consecuencia, tódolos inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotadas destes servicios devengándose as taxas correspondentes ainda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche a rede xeral"
Artigo 3. Suxeito pasivo
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: donos, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o dono destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4. Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. Beneficios fiscais
1.-Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
2.-Non obstante o disposto no apartado anterior, no artigo 6 desta ordenanza contéñense tarifas reducidas aplicables cando os suxeitos pasivos acrediten escasa capacidade económica.
Artigo 6. Cota tributaria
Uso | Cota servicio (€/trimestre) | Dende (m³/trimestre) | Ata (m³/trimestre) | Cota de consumo (€/m³) |
Doméstico | 7,28 | 0 | 30 | 0,0589 |
31 | 45 | 0,0688 | ||
46 | 60 | 0,2872 | ||
Máis de 60 | 0,3360 | |||
Industrial Categoría I | 19,23 | 0 | 30 | 0,0946 |
31 | 90 | 0,0979 | ||
91 | 300 | 0,2397 | ||
301 | 500 | 0,3104 | ||
501 | 1000 | 0,3344 | ||
Máis de 1.000 | 0,3567 | |||
Industrial Categoría II | 12,24 | 0 | 30 | 0,0946 |
31 | 90 | 0,0979 | ||
91 | 300 | 0,2397 | ||
301 | 500 | 0,3104 | ||
501 | 1.000 | 0,3344 | ||
Máis de 1.000 | 0,3567 | |||
Industrial Categoría III | 11,40 | 0 | 30 | 0,0946 |
31 | 90 | 0,0979 | ||
91 | 300 | 0,2397 | ||
301 | 500 | 0,3104 | ||
501 | 1000 | 0,3344 | ||
Máis de 1.000 | 0,3567 | |||
Obra menor | 30,68 | 0 | 30 | 0,0946 |
31 | 90 | 0,0979 | ||
91 | 300 | 0,2397 | ||
301 | 500 | 0,3104 | ||
501 | 1000 | 0,3344 | ||
Máis de 1000 | 0,3567 | |||
Obra maior | 85,82 | 0 | 30 | 0,0946 |
31 | 90 | 0,0979 | ||
91 | 300 | 0,2397 | ||
301 | 500 | 0,3104 | ||
501 | 1000 | 0,3344 | ||
Máis de 1000 | 0,3567 | |||
Contía
Artigo 7. Devengo
1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.
4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello ou a empresa mixta, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.
5.-As altas e baixas que se produzan no Servicio de Abastecemento de Auga potable causarán efecto con carácter automático no da rede de sumidoiros.
As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable.
Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.
Artigo 9. Acometida
Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se estende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.
Nas instalacións máis antigas de saneamento, en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.
As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización pola empresa que ten a concesión dun presuposto que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta.
Se o abonado non se fixese cargo deste presuposto, a empresa concesionaria quedará eximido de toda responsabilidade.
2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente pola empresa concesionaria do servicio ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.
Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, teralle realizado a empresa encargada do servicio.
Artigo 10. Notificación da taxa
1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.
Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.
2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.