Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 8 REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Publicación definitiva: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Aplicable dende: 01/01/2020
Derrogada: 17/11/2020 BOP Nº: 195

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, contendo as normas que atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

1. Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a vivendas, aloxamentos, locais, establecementos ou parcelas, a través da rede de sumidoiros municipal (saneamento en baixa).

c) Conducción dos vertidos da rede de saneamento en baixa á EDAR de Cabo Prioriño, a través do Interceptor Xeral a Estación de Bombeo de A Malata (saneamento en alta).

d) Tratamento das augas residuais nas EDAR de Pedroso e Sedes (depuración).

e) A recepción e tratamento do contido de fosas sépticas para o seu posterior tratamento e depuración, nas EDAR de Pedroso e Sedes.

2. Os servizos indicados no apartado 1a), b) e c) do presente artigo serán de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia, todos os inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotados destes servizos percibíndose as taxas correspondentes aínda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche á rede xeral, o incluso se o inmoble se atope sen uso ou sen ocupar, neste caso aboarase a cota de servizo (tanto do saneamento en baixa, coma do saneamento en alta).

Para as zonas do Concello de Narón, onde a rede de sumidoiros (saneamento en baixa), verta directamente nunha depuradora de aguas residuais (EDAR) de titularidade municipal, será de recepción obrigatoria o servizo indicado no apartado d), non sendo de aplicación o apartado c). Aplicándose a todos os inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, percibíndose as taxas correspondentes (apartados a), b) e d)) aínda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche á rede xeral, o incluso se o inmoble se atope sen uso ou sen ocupar, neste caso aboarase a cota de servizo.

O servizo indicado no apartado d) será de recepción obrigatoria a tódalas fosas sépticas de vivendas ou fosas sépticas asimilables (non procedentes de vivendas pero nas que a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano), sempre que a capacidade das instalacións municipais o permita.

Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servizos que posibilitan a súa ocupación: subministración de enerxía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso, agás no caso de que o inmoble estea declarado en estado de ruína ou presente síntomas manifestos que impidan o uso residencial, circunstancia que deberá acreditarse por informe da Policía Local ou, no seu caso, polos servizos técnicos municipais.

Presumirase que unha vivenda está ocupada cando se produza consumo de auga, de enerxía eléctrica ou de calquera outra subministración.

3. As vivendas, locais comerciais e industriais que dispoñan de subministración a través de Comunidades de augas veciñais e os titulares de actividades industriais, con sistema de captación debidamente autorizado, deberán instalar un contador de medida que permita a súa lectura e comprobación por parte da entidade concesionaria do servicio ó obxecto de determinar a correspondente cota de consumo, polo que o devandito aparello deberá estar situado nun

No suposto de non instalar este aparello de medida, nun prazo de tres meses dende a comunicación por parte da concesionaria, poderase facturar o consumo autorizado para a captación. Se non se dispón dos datos de comsumo autorizado da capatación, a concesionaria poderá instalar un caudalímetro na acometida de saneamento, realizando unha estimación do consumo a partir dos datos obtidos do caudalímetro (unha vez descontado o consumo do contador correspondente ao consumo da rede de abastecemento municipal), e repercutindo a tarifa de aluguer do caudalímetro á vivenda/local comercial/industria.

A este consumo, rexistrado polo aparello de medida ou estimado, será de aplicación o indicado no apartado 2 deste artigo.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1. Son suxeitos pasivos os titulares das vivendas, aloxamentos, locais, establecementos ou parcelas xa sexa como contribuinte ou como substituto do contribuinte.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire a Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, os donos, usufrutuarios ou titulares do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) e c) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do termo municipal beneficiarios dos ditos servizos, calquera que sexa o seu título: donos, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.

2. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas, aloxamentos, locais, establecementos ou parcelas, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.

Artigo 4. Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

CONTÍA

1. A base do presente tributo, virá determinada:

a) Pola cota de servizo establecida en cada caso máis a cota de consumo. Establecéndose unha cota de servizo e unha cota de consumo independentes para o saneamento en baixa e o saneamento en alta. Tasas que aplicaranse conxuntamente.

b) Para as zonas do Concello de Narón, onde a rede de sumidoiros, verta directamente nunha depuradora de aguas residuais (EDAR) de titularidade municipal, será de aplicación unha tasa de depuración en lugar da tasa de saneamento en alta. Constituída por unha cota de servizo mais unha cota de consumo.

c) As cotas de consumo estarán determinadas polo volume de auga consumida por contador. Será o produto do volume de auga consumida por contador por cada trimestre, expresada en metros cúbicos multiplicada polo prezo por metro cúbico correspondente ao tramo de consumo e o grupo de actividade do que se trate (cadros I, II e III).

d) No suposto de que non se practique tal medición por causa imputable ao abonado, ben sexa por non poderse realizar a lectura do contador ou pola inexistencia do mesmo, establecese unha cota de consumo de 10 m3 mensuais no caso de Usos Domésticos e de 30 m3 mensuais no caso de Usos Industriais. No caso de que dita imposibilidade mantéñase máis dun trimestre, se tomará como cota de consumo o aforo máximo de captación de auga que a Administración Hidráulica correspondente teña concedida ao usuario para o período de lectura.

e) No caso de usuarios domésticos con alta no servicio de abastecemento, se a falla de medición se debe á carencia de contador, notificarase ao abonado a necesidade de instalación de tal aparello. Pasados tres meses desde dito aviso sen que se proceda á colocación do contador sen alegar causa xustificada, a cota de consumo estimarase en 20 m3 mensuais.

2. Usos domésticos: No cadro I, II e III fíxanse as cotas de servizo e cotas de consumo para os usos domésticos.

3. Usos industriais e outros: No cadro I, II e III fíxanse as cotas de servizo e cotas de consumo para os usos industriais e outros.

CADRO I: Cotas de servizo e consumo para o saneamento en baixa.

USO

COTA SERVIZO

(€/TRIMESTRE)

DENDE

(M3/TRIMESTRE)

ATA

(M3/TRIMESTRE)

COTA DE CONSUMO

(€/M3)

DOMÉSTICO

0

30

0,0670

31

45

0,0782

8,27

46

60

0,3593

61

99999

0,4794

INDUSTRIAL

CATEGORÍA I

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,3055

21,85

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

INDUSTRIAL

CATEGORÍA II

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,2942

13,91

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

INDUSTRIAL

CATEGORÍA III

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,3055

14,91

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

OBRA MENOR

0

30

0,1076

31

90

0,1133

40,13

91

300

0,3055

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

OBRA MAIOR

0

30

0,1076

31

90

0,1133

112,24

91

300

0,3055

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

Dentro do uso industrial inclúense as seguintes categorías:

Categoría I: nesta categoría englóbanse comercios en xeral, oficinas, pequenas clínicas, bancos, salóns de peiteado e negocios non incluídos nas categorías II e III.

Categoría II: nesta categoría englóbanse negocios relacionados coa hostalaría coma bares, restaurantes, establecementos hoteleiros, cines, residencias ou similares.

Categoría III: nesta categoría englóbanse talleres, concesionarios, gasolineiras, industrias, naves industriais ou similares.

CADRO II: Cotas de servizo e consumo para o saneamento en alta.

USO

COTA SERVIZOS

(€/TRIMESTRE)

DENDE

(M3/TRIMESTRE)

ATA

(M3/TRIMESTRE)

COTA DE CONSUMO

(€/M3)

 

 

DOMÉSTICO

 

 

 

8,35

0

30

0,0542

31

45

0,0633

46

60

0,2907

61

99999

0,3879

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA I

 

22,04

0

30

0,0879

31

90

0,0917

91

300

0,2471

301

500

0,3520

501

1000

0,3860

1001

99999

0,4190

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA II

 

14,02

0

30

0,0879

31

90

0,0917

91

300

0,2385

301

500

0,3520

501

1000

0,3860

1001

99999

0,4190

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA

III

 

15,03

0

30

0,0879

31

90

0,0917

91

300

0,2471

301

500

0,3520

501

1000

0,3860

1001

99999

0,4190

 

 

OBRA

MENOR

 

 

40,52

0

30

0,0879

31

90

0,0917

91

300

0,2471

301

500

0,3520

501

1000

0,3860

1001

99999

0,4190

 

OBRA

MAIOR

 

 

 

113,33

 

0

30

0,0879

31

90

0,0917

91

300

0,2471

301

500

0,3520

501

1000

0,3860

1001

99999

0,4190

CADRO III: Cotas de servizo e consumo para a depuración.

USO

COTA SERVIZOS

(€/TRIMESTRE)

DENDE

(M3/TRIMESTRE)

ATA

(M3/TRIMESTRE)

COTA DE CONSUMO

(€/M3)

 

 

DOMÉSTICO

 

 

 

13,46

0

30

0,1122

31

45

0,1310

46

60

0,6017

61

99999

0,8028

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA I

 

35,56

0

30

0,1802

31

90

0,1903

91

300

0,5116

301

500

0,7286

501

1000

0,7990

1001

99999

0,8675

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA II

 

22,64

0

30

0,1802

31

90

0,1903

91

300

0,4927

301

500

0,7286

501

1000

0,7990

1001

99999

0,8675

 

 

INDUSTRIAL

CATEGORÍA III

 

24,27

0

30

0,1802

31

90

0,1903

91

300

0,5116

301

500

0,7286

501

1000

0,7990

1001

99999

0,8675

 

 

OBRA

MENOR

 

 

65,31

0

30

0,1802

31

90

0,1903

91

300

0,5116

301

500

0,7286

501

1000

0,7990

1001

99999

0,8675

 

OBRA

MAIOR

 

 

 

182,68

 

0

30

0,1802

31

90

0,1903

91

300

0,5116

301

500

0,7286

501

1000

0,7990

1001

99999

0,8675

4.-Por cada acomedita á rede xeral: unha cota mínima con carácter xeral de 50,87 € ou a que resulte de multiplicar 25,45 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble, no caso de que esta sexa superior.

5.- Cando se trate daqueles outros servizos que se resten, como limpeza de fosas sépticas e pozos negros, formularase a correspondente conta de gastos de persoal e material investido, conforme aos datos que sexan facilitados polo servizo da rede de sumidoiros, procedendo á liquidación correspondente as persoas obrigadas ao pagamento.

6.- Por cada acometida á rede xeral de saneamento na zona rural 862,07 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 732,76 €/vivenda".

7.- No caso de baleirados de fosas sépticas nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de titularidade municipal establécese unha cota de 18,73 €/m3.

ARTIGO 6. REMUNERACIÓN

1. Percíbese a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. A remuneración por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, (tanto no saneamento en baixa como no saneamento en alta) e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todos os terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e percibirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

ARTIGO 7. BENEFICIOS FISCAIS

1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

2. De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas, salvo que se constate a inexistencia de situación de necesidade, conforme ao disposto no Regulamento Municipal de Axudas Financeiras, poderán terse en conta criterios xerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas cotas tributarias.

2.1.- Bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 125% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

2.2.- Bonificarase nun 50 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros con capacidade económica comprendida entre o 100% e o 110% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares de 3-4 membros con capacidade económica superior ao 125% do IPREM e que non supere o 135% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares superiores a 4 membros con capacidade económica superior ao 150% do IPREM e que non superen o 160% IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

(*) En aplicación do Real decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM vén determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.

3. Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal, de manterse a mesma situación no momento da solicitude. Caso de variar a situación económica, ou de non estar obrigado a presentar a declaración fiscal, teranse en conta os datos fiscais dispoñibles, pensión coñecida, así como calquera outro ingreso ou recurso económico da unidade de convivencia.

4. Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual.

5. O prazo para solicitar a bonificación será dende o 1 de setembrto ao 20 de setembro de cada ano, producindo os seus efectos a partir de xaneiro do ano seguinte.

6.- A solicitude, según modelo oficial facilitado polo Concello, incorporará a declaración responsable de que o beneficiario deberá estar ao corrente no pago das súas débedas coa Facenda Municipal, en cumprimento do art. 51.6 da Ordenanza fiscal nº1 Xeral de Xestión, Recadación e Inspección.

Para o caso de vivendas alugadas o acordo adoptado na resolución desta solicitude será notificado ao propietario do inmoble.

Coa solicitude deberán acompañar a documentación que na mesma se especifica.

7.- As bonificacións concedidas poderán ser obxeto de revisión, a petición do interesado ou de oficio, por modificación das condicións tidas en conta para a concesión da bonificación.

Artigo 7. Devengo

1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso

1.-Os suxeitos pasivos formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do inmoble e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación das ditas declaracións de alta e baixa.

O propietario ou o usufructuario, segundo os casos, na súa condición de substituto do contribuinte, estará obrigado ao pagamento das cantidades facturadas á vivenda ou local, unha vez abandonados os inmobles polos arrendatarios ou os titulares de dereitos de uso, si non comunica calquera cambio de arrendamento ou actividade.

2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello ou a empresa mixta, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.

5. As altas e baixas que se produzan no servizo de abastecemento de auga potable causarán efecto con carácter automático no da rede de sumidoiros (tanto no saneamento en alta como no saneamento en baixa), así como na depuración (nas zonas onde o saneamento verta a unha EDAR de titularidade municipal).

As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.

As altas e baixas así como os cambios de tarifas son responsabilidade do suxeito pasivo xa sexa como contribuinte ou como substituto do contribuinte.

Artigo 9. Acometida

Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se estende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.

Nas instalacións máis antigas de saneamento, en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.

As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización pola empresa que ten a concesión dun presuposto que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta.

Se o abonado non se fixese cargo deste presuposto, a empresa concesionaria quedará eximido de toda responsabilidade.

2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente pola empresa concesionaria do servicio ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.

Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, teralle realizado a empresa encargada do servicio.

3. Nos núcleos rurais onde non existan colectores de saneamento separativos (para recollida de auga residual e auga pluvial), a acometida de saneamento unicamente poderá destinarse para o vertido de auga residual. Quedando prohibido o vertido de auga pluvial na acometida de saneamento.

ARTIGO 10: FOSA SÉPTICA

Atendendo a razóns técnicas derivadas do funcionamento das estacións depuradoras de augas residuais, a concesionaria do servizo poderá suspender de forma temporal a actividade de recepción e tratamento do baleirado de fosas sépticas domésticas o asimilables. A frecuencia e horario do baleirado de fosas sépticas determinarase pola concesionaria do servizo, co fin de optimizar o funcionamento das instalacións.

Consideraranse fosas sépticas asimilables aquelas que, a pesar de non ter orixe en vivendas, a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano.

No momento do baleirado o transportista presentará na entrada da EDAR o documento de identificación do contido transportado e solicitude de aceptación do mesmo, modelo que será facilitado pola concesionaria do servizo. Nel identificarase tanto ao transportista como o orixe do baleirado de fosas sépticas domésticas ou asimilables.

Poderanse rexeitar os baleirados nos que o valor do pH e/ou conductividade puidera resultar prexudicial para o tratamento da EDAR.

Artigo 11. Notificación da taxa

1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.

Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.

2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano de 2017 abarcará dende o 1 ata o 20 de xaneiro de 2017.