Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 8 REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS

Publicación provisional: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Publicación definitiva: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Aplicable dende: 01/01/2015

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, contendo as normas que atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

c) A recepción e tratamento do contido de fosas sépticas para o seu posterior tratamento e depuración

2. Os servizos indicados no apartado 1a) e b) do presente artigo serán de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia, todos os inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotados destes servizos percibíndose as taxas correspondentes aínda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche á rede xeral, o incluso se o inmoble se atope sen uso ou sen ocupar, neste caso aboarase a cota de servizo.

O servizo indicado no apartado c) será de recepción obrigatoria a tódalas fosas sépticas de vivendas ou fosas sépticas asimilables (non procedentes de vivendas pero nas que a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano), sempre que a capacidade das instalacións municipais o permita.

3. As vivendas, locais comerciais e industriais que dispoñan de subministración a través de Comunidades de augas veciñais e os titulares de actividades industriais, con sistema de captación debidamente autorizado, deberán instalar un contador de medida que permita a súa lectura e comprobación por parte da entidade concesionaria do servicio ó obxecto de determinar a correspondente cota de consumo, polo que o devandito aparello deberá estar situado nun

No suposto de non instalar este aparello de medida, nun prazo de tres meses dende a comunicación por parte da concesionaria, poderase facturar o consumo autorizado para a captación. Se non se dispón dos datos de comsumo autorizado da capatación, a concesionaria poderá instalar un caudalímetro na acometida de saneamento, realizando unha estimación do consumo a partir dos datos obtidos do caudalímetro (unha vez descontado o consumo do contador correspondente ao consumo da rede de abastecemento municipal), e repercutindo a tarifa de aluguer do caudalímetro á vivenda/local comercial/industria.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

 b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) e c) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: donos, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o dono destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4. Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

CONTÍA

1.- A base do presente tributo, virá determinada:

Pola cota de servizo establecida en cada caso máis a cota de consumo.

A cota de consumo estará determinada polo volume de auga consumida por contador. Será o produto do volume de auga consumida por contador por cada trimestre, expresada en metros cúbicos multiplicada polo prezo por metro cúbico correspondente ao tramo de consumo e o grupo de actividade do que se trate (cadro I).

c) No suposto de que non se practique tal medición por causa imputable ao abonado, ben sexa por non poderse realizar a lectura do contador ou pola inexistencia do mesmo, establecese unha cota de consumo de 10 m3 mensuais no caso de Usos Domésticos e de 30 m3 mensuais no caso de Usos Industriais. No caso de que dita imposibilidade mantéñase máis dun trimestre, se tomará como cota de consumo o aforo máximo de captación de auga que a Administración Hidráulica correspondente teña concedida ao usuario para o período de lectura.

d) No caso de usuarios domésticos con alta no servicio de abastecemento, se a falla de medición se debe á carencia de contador, notificarase ao abonado a necesidade de instalación de tal aparello. Pasados tres meses desde dito aviso sen que se proceda á colocación do contador sen alegar causa xustificada, a cota de consumo estimarase en 20 m3 mensuais.

2.- Usos domésticos: No cadro I fíxanse as cotas de servizo e cotas de consumo para os usos domésticos.

3.- Usos industriais e outros: No cadro I fíxanse as cotas de servizo e cotas de consumo para os usos industriais e outros.

CADRO I:

USO

COTA SERVIZOS

DENDE

(M3/TRIMESTRE)

ATA

(M3/TRIMESTRE)

COTA DE CONSUMO

(€/M3)

DOMÉSTICO

0

30

0,0670

31

45

0,0782

8,27

46

60

0,3593

61

99999

0,4794

INDUSTRIAL

CATEGORÍA I

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,3055

21,85

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

INDUSTRIAL

CATEGORÍA II

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,2942

13,91

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

INDUSTRIAL

CATEGORÍA III

0

30

0,1076

31

90

0,1133

91

300

0,3055

14,91

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

OBRA MENOR

0

30

0,1076

31

90

0,1133

40,13

91

300

0,3055

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

OBRA MAIOR

0

30

0,1076

31

90

0,1133

112,24

91

300

0,3055

301

500

0,4351

501

1000

0,4771

1001

99999

0,5180

Dentro do uso industrial inclúense as seguintes categorías:

Categoría I: nesta categoría englóbanse comercios en xeral, oficinas, pequenas clínicas, bancos, salóns de peiteado e negocios non incluídos nas categorías II e III.

Categoría II: nesta categoría englóbanse negocios relacionados coa hostalaría coma bares, restaurantes, establecementos hoteleiros, cines, residencias ou similares.

Categoría III: nesta categoría englóbanse talleres, concesionarios, gasolineiras, industrias, naves industriais ou similares.

4.-Por cada acomedita á rede xeral: unha cota mínima con carácter xeral de 50,87 € ou a que resulte de multiplicar 25,45 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble, no caso de que esta sexa superior.

5.- Cando se trate daqueles outros servizos que se resten, como limpeza de fosas sépticas e pozos negros, formularase a correspondente conta de gastos de persoal e material investido, conforme aos datos que sexan facilitados polo servizo da rede de sumidoiros, procedendo á liquidación correspondente as persoas obrigadas ao pagamento.

6.- Por cada acometida á rede xeral de saneamento na zona rural 862,07 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 732,76 €/vivenda".

7.- No caso de baleirados de fosas sépticas nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de titularidade municipal establécese unha cota de 18,73 €/m3.

ARTIGO 6. REMUNERACIÓN

1. Percíbese a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. A remuneración por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licenza de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2. Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para todos os terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e percibirase a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.

ARTIGO 7. BENEFICIOS FISCAIS

1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

2. De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas poderán terse en conta criterios xerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas cotas tributarias, bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares de 2-4 membros que non alcancen o 120% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

- As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

(*) En aplicación do Real decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM vén determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.

Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida, así como calquera outro ingreso da unidade de convivencia.

Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual.

Prazos:

O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano abarcará dende o 2 ata o 31 de xaneiro.

Abrirase un segundo prazo (prórroga do anterior) dende o 1 ata o 15 de xullo para bonificacións do segundo semestre do ano.

Artigo 7. Devengo

1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso

1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

O propietario ou o usufructuario, segundo os casos, na súa condición de substituto do contribuinte, estará obrigado ao pagamento das cantidades facturadas á vivenda ou local, unha vez abandonados os inmobles polos arrendatarios ou os titulares de dereitos de uso, si non comunica calquera cambio de arrendamento ou actividade.

2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello ou a empresa mixta, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.

5.-As altas e baixas que se produzan no Servicio de Abastecemento de Auga potable causarán efecto con carácter automático no da rede de sumidoiros.

As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.

Artigo 9. Acometida

Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se estende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.

Nas instalacións máis antigas de saneamento, en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.

As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización pola empresa que ten a concesión dun presuposto que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta.

Se o abonado non se fixese cargo deste presuposto, a empresa concesionaria quedará eximido de toda responsabilidade.

2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente pola empresa concesionaria do servicio ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.

Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, teralle realizado a empresa encargada do servicio.

3. Nos núcleos rurais onde non existan colectores de saneamento separativos (para recollida de auga residual e auga pluvial), a acometida de saneamento unicamente poderá destinarse para o vertido de auga residual. Quedando prohibido o vertido de auga pluvial na acometida de saneamento.

ARTIGO 10: FOSA SÉPTICA

Atendendo a razóns técnicas derivadas do funcionamento das estacións depuradoras de augas residuais, a concesionaria do servizo poderá suspender de forma temporal a actividade de recepción e tratamento do baleirado de fosas sépticas domésticas o asimilables. A frecuencia e horario do baleirado de fosas sépticas determinarase pola concesionaria do servizo, co fin de optimizar o funcionamento das instalacións.

Consideraranse fosas sépticas asimilables aquelas que, a pesar de non ter orixe en vivendas, a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano.

No momento do baleirado o transportista presentará na entrada da EDAR o documento de identificación do contido transportado e solicitude de aceptación do mesmo, modelo que será facilitado pola concesionaria do servizo. Nel identificarase tanto ao transportista como o orixe do baleirado de fosas sépticas domésticas ou asimilables.

Poderanse rexeitar os baleirados nos que o valor do pH e/ou conductividade puidera resultar prexudicial para o tratamento da EDAR.

Artigo 11. Notificación da taxa

1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.

Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.

2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no B.O.P. e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.