Narón - Ordenanza fiscal núm. 8, reguladora da taxa da rede de sumidoiros

Publicación provisional: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Publicación definitiva: 17/01/2003 BOP Nº: 13
Aplicable dende: 01/01/2010

Artigo 1. Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, contendo as normas que atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.

Artigo 2.-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.

2-Os servizos indicados no apartado 1 do presente artigo serán de recepción obligatoria, polo que en consecuencia, tódolos inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotadas destes servicios devengándose as taxas correspondentes ainda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche a rede xeral.

3. As vivendas, locais comerciais e industriais que dispoñan de subministración a través de Comunidades de augas veciñais e os titulares de actividades industriais, con sistema de captación debidamente autorizado, deberán instalar no prazo máximo de seis meses, contados a partir do seguinte á entrada en vigor da presente Ordenanza Fiscal, un contador de medida que permita a súa lectura e comprobación por parte da entidade concesionaria do servicio ó obxecto de determinar a correspondente cota de consumo, polo que o devandito aparello deberá estar situado nun lugar accesible para o persoal lector desta empresa ou técnicos municipais.

Artigo 3. Suxeito pasivo

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: donos, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o dono destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Artigo 4. Responsables

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Beneficios fiscais

1.-Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

2.-Non obstante o disposto no apartado anterior, no artigo 6 desta ordenanza contéñense tarifas reducidas aplicables cando os suxeitos pasivos acrediten escasa capacidade económica.

Artigo 6. Cota tributaria

1.-De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas poderán terse en conta criterios xenerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacerlas cotas tributarias, bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:
- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de alugamento da vivenda.
- As unidades familiares de 2-4 membros que non alcance o 120 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de alugamento da vivenda.
- As unidades familiares superiores a 4 menbros que non alcance o 150 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de algumento da vivenda
2.-Dentro dos Uso Industrial inclúense as seguintes categorías:
Categoría I.-Nesta categoría englóbanse comercios en xeral, oficinas, pequenas clínicas, bancos, perruquerías e negocios non incluídos nas categorías II e III.
Categoría II.-Nesta categoría englóbanse negocios relacionados coa hostelería coma bares, restaurantes, establecementos hoteleiros, cines, residencias ou similares.
Categoría III.-Nesta categoría englóbanse talleres, concesionarios, gasolineiras, industrias, naves industriais ou similares.
CADRO I
USO
COTA
SERVICIOS
DENDE
(M3/TRIMESTRE)
ATA
(M3/TRIMESTRE)
COTA DE CONSUMO
(€/M3
DOMESTICO
7,61
0
31
46
61
30
45
60
99999
0,0616
0,0719
0,3242
0,4042
INDUSTRIAL
CATEGOTIA I
20,10
0
31
91
301
501
1001
30
90
300
500
1000
99999
0,0989
0,1023
0,2706
0,3734
0,4023
0,4291
INDUSTRIAL
CATEGORÍA II
12,79
0
31
91
301
501
1001
30
90
300
500
1000
99999
0,0989
0,1023
0,2706
0,3734
0,4023
0,4291
INDUSTRIAL
CATEGORÍA III
13,71
0
31
91
301
501
1001
30
90
300
500
1000
99999
0,0989
0,1023
0,2706
0,3734
0,4023
0,4291
OBRA
MEMOR
36,91
0
31
91
301
501
1001
30
90
300
500
1000
99999
0,0989
0,1023
0,2706
0,3734
0,4023
0,4291
OBRA
MAIOR
103,24
0
31
91
301
501
1001
30
90
300
500
1000
99999
0,0989
0,1023
0,2706
0,3734
0,4023
0,4291
4.- Por cada acomedita á rede xeral: unha cota mínima con carácter xeral de 47,42 € ou a que resulte de multiplicar 23,72 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble, no caso questa sexa superior.
 5.- Cando se trate daqueles outros servicios que se resten, como limpeza de fosas sépticas e pozos negros, formularase a correspondente conta de gastos de persoal e material investido, conforme ós datos que sexan facilitados polo servicio da rede de sumidoiros, procedéndose á liquidación correspondente ás persoas obrigadas ó pagamento.

6.- Por cada acometida á rede xeral de saneamento na zona rural 1.000 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplícarase unha cuota reducida de 850  €/vivenda.

Contía

1.- A base do presente tributo, virá determinada:
a) Polo volume de auga consumida por contador.

c) No suposto de que non se practique tal medición por causa imputable ao abonado, ben sexa por non poderse realizar a lectura do contador ou pola inexistencia do mesmo, establecese unha cota de consumo de 10 m3 mensuais no caso de Usos Domésticos e de 30 m3 mensuais no caso de Usos Industriais. No caso de que dita imposibilidade mantéñase máis dun trimestre, se tomará como cota de consumo o aforo máximo de captación de auga que a Administración Hidráulica correspondente teña concedida ao usuario para o período de lectura.

d) No caso de usuarios domésticos con alta no servicio de abastecemento, se a falla de medición se debe á carencia de contador, notificarase ao abonado a necesidade de instalación de tal aparello. Pasados tres meses desde dito aviso sen que se proceda á colocación do contador sen alegar causa xustificada, a cota de consumo estimarase en 20 m3 mensuais.

2.- Usos Domésticos.- Fixarase unha cantidade de 0,2012 € por m³.
3.- Usos Industriais e outros.- Fixarase en 0,2146 € por m³.
4.- Por cada acometida á rede xeral: unha cota mínima con carácter xeral de 45,38 € ou a que resulte de multiplicar 22,70 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble, no caso questa sexa superior.
5.- Cando se trate daqueles outros servicios que se resten, como limpeza de fosas sépticas e pozos negros, formularase a correspondente conta de gastos de persoal e material investido, conforme ós datos que sexan facilitados polo servicio da rede de sumidoiros, procedéndose á liquidación correspondente ás persoas obrigadas ó pagamento.
6.- Por cada acometida á rede xeral de saneamento na zona rural 1.000 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplícarase unha cuota reducida de 850 €/vivenda."

Artigo 7. Devengo

1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso

1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.

4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello ou a empresa mixta, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.

5.-As altas e baixas que se produzan no Servicio de Abastecemento de Auga potable causarán efecto con carácter automático no da rede de sumidoiros.

As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.

Artigo 9. Acometida

Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se estende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.

Nas instalacións máis antigas de saneamento, en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.

As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización pola empresa que ten a concesión dun presuposto que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta.

Se o abonado non se fixese cargo deste presuposto, a empresa concesionaria quedará eximido de toda responsabilidade.

2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente pola empresa concesionaria do servicio ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.

Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, teralle realizado a empresa encargada do servicio.

Artigo 10. Notificación da taxa

1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.

Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.

2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.

Disposición final

A presente modificación entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de abril do 2008 permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.