Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 8 REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS
Artigo 1. Fundamento e natureza
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola rede de sumidoiros, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, contendo as normas que atenden ó prevido no artigo 58 da citada Lei 39/88.
Artigo 2.-Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.
c) A recepción e tratamento do contido de fosas sépticas para o seu posterior tratamento e depuración
2-Os servizos indicados no apartado 1 a) e b) do presente artigo serán de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia, tódolos inmobles enclavados a distancia inferior a cen metros dalgunha arteria da rede de sumidoiros, deberán estar dotados destes servizos devengándose as taxas correspondentes aínda cando os suxeitos pasivos non realicen o enganche a rede xeral.
O servizo indicado no apartado c) será de recepción obrigatoria a tódalas fosas sépticas de vivendas ou fosas sépticas asimilables (non procedentes de vivendas pero nas que a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano), sempre que a capacidade das instalacións municipais o permita.
3. As vivendas, locais comerciais e industriais que dispoñan de subministración a través de Comunidades de augas veciñais e os titulares de actividades industriais, con sistema de captación debidamente autorizado, deberán instalar no prazo máximo de seis meses, contados a partir do seguinte á entrada en vigor da presente Ordenanza Fiscal, un contador de medida que permita a súa lectura e comprobación por parte da entidade concesionaria do servicio ó obxecto de determinar a correspondente cota de consumo, polo que o devandito aparello deberá estar situado nun lugar accesible para o persoal lector desta empresa ou técnicos municipais.
Artigo 3. Suxeito pasivo
1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o dono, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.
b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) e c) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do termo municipal beneficiarias de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: donos, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatario, incluso en precario.
2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais o dono destes inmobles, os cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4. Responsables
1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5. Beneficios fiscais
1.-Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
2.-Non obstante o disposto no apartado anterior, no artigo 6 desta ordenanza contéñense tarifas reducidas aplicables cando os suxeitos pasivos acrediten escasa capacidade económica.
Artigo 6. Cota tributaria
As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
As unidades familiares de 2-4 membros que non alcancen o 120% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
As unidade familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
(*) En aplicación do Real Decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM ven determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.
Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida, así como calquera outro ingreso da unidade de convivencia.
Prazos:
O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano abarcará dende o 2 ata o 31 de xaneiro.
Abrirase un segundo prazo (prórroga do anterior) dende o 1 ata o 15 de xullo para bonificacións do segundo semestre do ano.
CADRO I:
USO | COTA SERVIZOS | DENDE | ATA | COTA DE CONSUMO |
|
| (M3/TRIMESTRE) | (M3/TRIMESTRE) | (€/M3) |
|
| 0 | 30 | 0,0658 |
|
| 31 | 45 | 0,0768 |
DOMÉSTICO | 8,12 | 46 | 60 | 0,3529 |
|
| 61 | 99999 | 0,4709 |
|
| 0 | 30 | 0,1057 |
|
| 31 | 90 | 0,1113 |
INDUSTRIAL |
| 91 | 300 | 0,3001 |
CATEGORÍA I | 21,46 | 301 | 500 | 0,4274 |
|
| 501 | 1000 | 0,4687 |
|
| 1001 | 99999 | 0,5088 |
|
| 0 | 30 | 0,1057 |
|
| 31 | 90 | 0,1093 |
INDUSTRIAL |
| 91 | 300 | 0,2890 |
CATEGORÍA II | 13,66 | 301 | 500 | 0,4274 |
|
| 501 | 1000 | 0,4687 |
|
| 1001 | 99999 | 0,5088 |
|
| 0 | 30 | 0,1057 |
|
| 31 | 90 | 0,1113 |
INDUSTRIAL |
| 91 | 300 | 0,3001 |
CATEGORÍA III | 14,65 | 301 | 500 | 0,4274 |
|
| 501 | 1000 | 0,4687 |
|
| 1001 | 99999 | 0,5088 |
|
| 0 | 30 | 0,1057 |
|
| 31 | 90 | 0,1113 |
OBRA | 39,42 | 91 | 300 | 0,3001 |
MENOR |
| 301 | 500 | 0,4274 |
|
| 501 | 1000 | 0,4687 |
|
| 1001 | 99999 | 0,5088 |
|
| 0 | 30 | 0,1057 |
OBRA |
| 31 | 90 | 0,1113 |
MAIOR | 110,26 | 91 | 300 | 0,3001 |
|
| 301 | 500 | 0,4274 |
|
| 501 | 1000 | 0,4687 |
|
| 1001 | 99999 | 0,5088 |
Dentro dos uso industrial inclúense as seguintes categorías:
- Categoría I: Nesta categoría englóbanse comercios en xeral, oficinas, pequenas clínicas, bancos, salóns de peiteado e negocios non incluídos nas categorías II e III.
- Categoría II: Nesta categoría englóbanse negocios relacionados coa hostelería coma bares, restaurantes, establecementos hoteleiros, cines, residencias ou similares.
- Categoría III: Nesta categoría englóbanse talleres, concesionarios, gasolineiras, industrias, naves industriais ou similares.
4.-Por cada acomedita á rede xeral: unha cota mínima con carácter xeral de 49,97 € ou a que resulte de multiplicar 25,00 € polo número de vivendas e locais comerciais, industriais e profesionais asentados no inmoble, no caso de que esta sexa superior.
5.- Cando se trate daqueles outros servizos que se resten, como limpeza de fosas sépticas e pozos negros, formularase a correspondente conta de gastos de persoal e material investido, conforme aos datos que sexan facilitados polo servizo da rede de sumidoiros, procedendo á liquidación correspondente as persoas obrigadas ao pagamento.
6.- Por cada acometida á rede xeral de saneamento na zona rural 862,07 €/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 732,76 €/vivenda".
7.- No caso de baleirados de fosas sépticas nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de titularidade municipal establécese unha cota de 18,40 €/m3.
Contía
c) No suposto de que non se practique tal medición por causa imputable ao abonado, ben sexa por non poderse realizar a lectura do contador ou pola inexistencia do mesmo, establecese unha cota de consumo de 10 m3 mensuais no caso de Usos Domésticos e de 30 m3 mensuais no caso de Usos Industriais. No caso de que dita imposibilidade mantéñase máis dun trimestre, se tomará como cota de consumo o aforo máximo de captación de auga que a Administración Hidráulica correspondente teña concedida ao usuario para o período de lectura.
d) No caso de usuarios domésticos con alta no servicio de abastecemento, se a falla de medición se debe á carencia de contador, notificarase ao abonado a necesidade de instalación de tal aparello. Pasados tres meses desde dito aviso sen que se proceda á colocación do contador sen alegar causa xustificada, a cota de consumo estimarase en 20 m3 mensuais.
Artigo 7. Devengo
1.-Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada esta:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.
b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivese ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.
2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista a rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o terreo non exceda de cen metros, e se devengará a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
Artigo 8. Declaración, liquidación e ingreso
1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que media entre a data en que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte. Estas últimas declaracións causarán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez rematado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.
2.-A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.
3.-As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse polos mesmos períodos e nos mesmos prazos que os recibos de subministración e consumo de auga.
4.-No suposto de licencia de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude e os servicios tributarios deste Concello ou a empresa mixta, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será liquidada con carácter previo a calquera actuación.
5.-As altas e baixas que se produzan no Servicio de Abastecemento de Auga potable causarán efecto con carácter automático no da rede de sumidoiros.
As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable.
Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de rede de sumidoiros, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón por dito concepto, ó tempo que tramitan a alta da auga.
Artigo 9. Acometida
Enténdese por acometida de saneamento o colector de augas residuais dunha instalación, edificio (establecemento) ou nave industrial, que se estende dende o bordo do terreo ou propiedade pública ou privada ata o rexistro de saneamento ó que está conectado.
Nas instalacións máis antigas de saneamento, en onde puidese falta-lo rexistro, entenderase que a acometida remata, excepcionalmente, no colector xeral.
As acometidas de saneamento que non cumpran correctamente as súas funcións e deban ser substituídas na súa totalidade, suporán a realización pola empresa que ten a concesión dun presuposto que será presentado ó abonado para proceder ó cambio desta.
Se o abonado non se fixese cargo deste presuposto, a empresa concesionaria quedará eximido de toda responsabilidade.
2.-As acometidas de saneamento serán realizadas exclusivamente pola empresa concesionaria do servicio ou, por autorización súa, por contratistas debidamente homologados.
Para proceder á execución da acometida de saneamento, o abonado haberá depositar previamente ó comenzo das obras o importe íntegro do presuposto que, de acordo ó cadro de prezos aprobado polo Concello, teralle realizado a empresa encargada do servicio.
ARTIGO 10: FOSA SÉPTICA
Atendendo a razóns técnicas derivadas do funcionamento das estacións depuradoras de augas residuais, a concesionaria do servizo poderá suspender de forma temporal a actividade de recepción e tratamento do baleirado de fosas sépticas domésticas o asimilables. A frecuencia e horario do baleirado de fosas sépticas determinarase pola concesionaria do servizo, co fin de optimizar o funcionamento das instalacións.
Consideraranse fosas sépticas asimilables aquelas que, a pesar de non ter orixe en vivendas, a contaminación presente na auga residual afluente á fosa proceda exclusivamente do metabolismo humano.
No momento do baleirado o transportista presentará na entrada da EDAR o documento de identificación do contido transportado e solicitude de aceptación do mesmo, modelo que será facilitado pola concesionaria do servizo. Nel identificarase tanto ao transportista como o orixe do baleirado de fosas sépticas domésticas ou asimilables.
Poderanse rexeitar os baleirados nos que o valor do pH e/ou conductividade puidera resultar prexudicial para o tratamento da EDAR.
Artigo 11. Notificación da taxa
1.-A débeda tributaria esixirase con carácter de autoliquidación no momento de darse de alta do servicio, con carácter previo á prestación deste.
Se a autoliquidación indicada no apartado anterior resultase incorrecta, practicarase liquidación complementaria.
2.-No suposto de esixibilidade da taxa por prestación do servicio continua, practicarase notificación colectiva segundo o artigo 124 da Lei xeral tributaria.