Cariño - ORDENANZA FISGAL NÚMERO 4, REGULADORA DO IMPOSTQ SOBRE CONSTRUCCIÓNS. INSTALACIÓNS E OBRAS
Fundamento Legal
Artigo 1
De conformidade co disposto nos artigos 60.2, e 101 e seguintes da Lei 39/1988, do 28 de septembro, Reguladora das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, o Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
Artigo 2
O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto
Artigo 3
Constitúe o feito impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtela ,correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cariño.
A título enunciativo constitúen o feito impoñible deste imposto a realización das seguintes obras:
a) Construcción de toda clase de edificacións e de instalacións de nova planta.
b) Derrubamentos.
c) Calquera modificación interior ou exterior de edificios.
d) Aliñacións e rasantes.
e) As de fontanería e da rede de sumidoiros.
f) As que se realicen en cemiterios.
g) Calquera outra construcción, instalación ou obra que precise licencia urbanística, sempre que a súa expedición corresponda ó Concello de Cariño.
Exencións
Artigo 4
Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras:
a.- A realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
b.- As demais construccións, instalacións ou obras executadas polo Estado, a Comunidade Autónoma, ou outra entidade local, ou os seus organismos autónomos que, unha vez executadas, vaian ser entregadas ó patrimonio municipal.
c.- As obras que consistan en construccións e reconstruccións de muros ou valados cando previamente o suxeito pasivo tivera cedido ó Concello terreo para. o ensanche de vías públicas.
Suxeitos pasivos
Artigo 5
1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:
a) As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarias dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras, sempre que sexan donos das obras.
b) Quen ostente a condición de dono da obra nos demais casos.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuintes
Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota
Artigo 6.
A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente.
Artigo 7
2. 0 tipo de gravame será do dous por cento (2%).
Xestión
Artigo 8
1. Concedida a licencia farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto que presenten os interesados visado polo correspondente colexio oficial. De non presentalo, o técnico municipal determinará a base impoñible de acordo co custo estimado do proxecto.
Inspección e Recadación
Artigo 9
Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 10
1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.Partidas erradas
Artigo 11
Consideraranse partidas fallidas ou,créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación
Infraccións e sancións
Artigo 12
Vixencia
A presente Ordenanza comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 1995 e sucesivos, ata que se acorde a súa, modificación ou derrogación expresa.
Cariño, 4 de agosto de 1994.