Cariño - ORDENANZA FISGAL NÚMERO 4, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS. INSTALACIÓNS E OBRAS
Fundamento Legal
Artigo 1
De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, O Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construcción, Instalación e Obras.
Artigo 2
O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto
Artigo 3
Constitúe o feito impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obte-la ,correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cariño.
2.- Son actos suxeitos a previa licnecia, se prexuizo das demás autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable o caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
1) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.
2) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
3) Obras de Modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
4) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
5) Obras que modificquen a disposición interior dos edificios.
6) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, se dereito a indemnización.
7) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicicos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licnecia outorgada.
8) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruina inminente.
9) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
10) As obras de construcción de infraestructura civil, (entre elas as urbanizacións de vías) agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou nun instrumentos de ordenación territorial, sen presuixo do disposto na lexislación sectorial aplicable. Agás as de mantemento das obras públicas.
11) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuizodo dispodot na lexislación sectorial aplicable.
12) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanente, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.
13) As cortas e os abatementeos das árbores que constitúan masa arbórea, espacio boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprbado, agás as (de saneamento) autorizadas en solo rústico (agrario e/ou forestal) por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.
14) A instalación de invernadoiros.
15) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
16) Os cerramentos e valados de predios.
17) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústivo, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
18) As instalacións e construccións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.
19) Aliñacións e rasantes.
20) Obras de fontanería e sumidoiros.
21) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, transformadores, liñas aéreas ou subterráneas, xeradores eólicos etc..., de subministro e xeración de enerxía, e de telefonía móvil, trnasmisións e similares, sobre parcelas e inmobles.
22) Obras nos cemiterios.
23) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística ou de instalación, segundo o previsto na lexislación e normativa vixente sobre o solo sectorial ou de desenvovemento.
Exencións
Artigo 4
Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Suxeitos pasivos
Artigo 5
1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:
1) As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Os efectos previstos no parágrafo anterior terná a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2) No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou relicen as construccións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.
Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota
Artigo 6.
A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente.
Artigo 7
Non forman parte de base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais, o beneficio empresarial do contratista nen calque outro concepto que non integre estrictamente o custe de execución material.
2) A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.
O tipo de gravame queda fixado nas seguintes porcentaxes:
- Construccións, instalacións e obras en calquera tipo de solo: 2,50 por 100.
Xestión
Artigo 8
1. Concedida a licencia farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto de execución material.
O presuposto de execución material será o que figure no correspondente proxecto, en caso de obras maiore, ou presuposto (para obras menores) presentacdo polo interesado, e como mínimo será o determinado polos Servicios Técnicos Municipais tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación, para obras de nova pranta, reforma, rehabilitación ou grande reparación) para obras maiores, e o Anexo II para as restantes construccións, instalacións ou obras ou obras menores.
Anualmente, actualizarase o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza mediante a aplicación do índice de prezos o consumo do ano anterior. O mesmo sucederá cos módulod de valoración das obras menores contidas no Anexo II.
2) A Vista da obra realizada e o seu custo, O Concello, previa comprobación administrativa, modificará, se é o caso, a base impoñible provisional, facendo a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que corresponda
Inspección e Recadación
Artigo 9
Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 10
1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 101 da Lei Xeral Tributaria.
Partidas erradas
Artigo 11
Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación
Infraccións e sancións
Artigo 12
Disposición Adicional Única.
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calesquera outra Lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.
Disposición Final
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXO I: ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES
ANEXO II: PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES
Ref | Concepto | Ud | €/Ud |
A0 | DEMOLICIÓNS | ||
A01 | Demolicións de muros de peche | m2 | 18,37 |
A02 | Demolición de tabiques | m2 | 4,12 |
A03 | Demolición de solados | m2 | 5,99 |
A04 | Demolición de alicatados e reventimentos | m2 | 6,74 |
A05 | Demolición de forxados | m2 | 9,74 |
A06 | Demolición de cuberta de tella | m2 | 6,37 |
A07 | Demolición de cuberta de fibrocemento | m2 | 5,81 |
A08 | Demolición completa de edificación | m2 | 10,1 |
A09 | Desbroce e limpeza manual do terreo | m2 | 6,21 |
B0 | MOVEMENTOS DE TERRAS | ||
B01 | Excavación de zanxas | m3 | 12,73 |
B02 | Excavación de baleirado | m3 | 10,49 |
B03 | Recheo de zanxas | m3 | 23,97 |
B04 | Recheo a ceo aberto | m3 | 7,48 |
B05 | Carga e transporte de terras a vertedeiro | m3 | 3,36 |
B05 | Explanación de terreo | m3 | 2,36 |
C0 | CERRADOS E PECHES E ELEMENTOS DOS MESMOS | ||
C01 | Cerrado de estacas e aramio | m2 | 4,13 |
C02 | Cerrado de tela metálica revestida de 1m con postes. | ml | 25,98 |
C03 | Cerrado de zócalo de fábrica e tela metálica revestida | ml | 33,72 |
C04 | Cerre de fábrica revestida de un metro de altura | ml | 44,95 |
C05 | Cerre de zócalo de fábrica revestida e celosía | ml | 56,19 |
C06 | Cerrado de mampostería e celosía | ml | 71,17 |
C07 | Cerrado de mampostería e reixa | ml | 101,14 |
C08 | Cerrado con elementos vexetais | ml | 8,85 |
C09 | Colocación de columna para contador de luz e/ou auga | Ud | 209,75 |
C10 | Cancela | m2 | 127,35 |
C11 | Muro de formigón armado de distintas seccións e altura media 2m | ml | 114,79 |
D0 | CUBERTAS | ||
D01 | Formación de cuberta con estructura de vigas ou cinbros, pontóns ou cangos de madeira con protección antiinsectos . Medida en planta | m2 | 85,96 |
D02 | Forxado inclinado de formigón armado de cuberta, según EHE | m2 | 64,47 |
D03 | Entaboado de madeira sobre viguetas de forxado, cangos de cuberta ou pontóns, incluído protector, cravado con cravos de aceiro | m2 | 43,07 |
D04 | Estructura de listóns de piñeiro vermello tratado de 20 X 40 mm cravado con puntas de aceiro para cuberta de lousa. Medición en planta | m2 | 9 |
D06 | Cuberta de tella, sen estructura. | m2 | 33,72 |
D07 | Cuberta de tella cerámica curva, sobre placas de fibrocemento, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en planta. | m2 | 175,06 |
D08 | Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, colocada con ganchos de aceiro inoxidable. | m2 | 24,93 |
D09 | Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, sobre pranchas de fibrocemento,incluídas estas | m2 | 46,82 |
D10 | Cuberta de tella cerámica curva sobre placas de fibrocemento incluso estructura de formigón armado. Medida en planta. | m2 | 110,74 |
D11 | Sustitución de tella por fibrocemento e tella | m2 | 41,22 |
D15 | Cuberta de pizarra, sen estructura | m2 | 48,7 |
D16 | Cuberta de lousa de 3-4 cm. De espesor aproximado sobre ripas, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en planta | m2 | 128,94 |
D17 | Cuberta de lousa sobre ripas, incluso estructura de formigón armado, segundo EHE . Medida en planta. | m2 | 114,82 |
D18 | Cuberta de lousa, colocada sobre restreis ou entaboado de madeira con ganchos de aceiro galvanizado. Medición en planta | m2 | 34,87 |
D20 | Cuberta de tellas cerámicas planas, en cubertas de tella plana, colocadas con punta de aceiro. Medición en planta. | m2 | 22,35 |
D21 | Reparación de cuberta de tella vella curva ou plana, procedente da demolición, achegando un 40% das pezas. | m2 | 21,07 |
D22 | Cuberta de chapa ondulada en armacéns de máis de 125 m2 | m2 | 25,63 |
D30 | Baixante de PVC | m | 21,91 |
D30b | Baixante de zinc-cobre-titanio | m | 28,61 |
D31 | Baixante de chapa de aceiro prelacado de 0,6 mm de espesor, ou aluminio | m | 15,49 |
D32 | Gardacanos de fundición de ata 2m de altura para protección de baixantes | Ud | 128,94 |
D33 | Cano de PVC | m | 11,89 |
D34 | Cano de chapa de zinc-cobre-titanio | m | 33,49 |
D35 | Cano de chapa de aceiro prelacado ou aluminio | m | 29,16 |
D40 | Azotea de tela asfáltica | m2 | 33,72 |
E0 | CARPINTERÍA | ||
E01 | Porta de entrada de madeira maciza, incluídas ferraxes de seguridade. | Ud | 644,71 |
E02 | Porta de entrada, en aluminio lacado, incluído acristalamento e ferraxes de seguridade. | Ud | 394,96 |
E03 | Porta de entrada, en PVC, incluído acristalamento e ferraxes de seguridade. | Ud | 601,73 |
E04 | Porta balconeira de madeira con contraventá, acristalada con doble vidro con cámara sobre marco de madeira incluídos ferraxes. | m2 | 265,99 |
E05 | Porta de balcón de PVC ou aluminio lacado, incluído acristalamento dobre con camara. | m2 | 205,83 |
E08 | Carpintería de aluminio lacado en ventás ou galerías, incluído acristalamento. | m2 | 214,9 |
E09 | Carpintería de PVC en ventás ou galerías, incluído acristalamento. | m2 | 275,55 |
E10 | Galería de madeira de castiñeiro, teca, cedro con módulos de dimensións de ata 1,10 m. X 3,0m, con parte fixa ata 90 cm e ventás de guillotina con vidro sinxelo, con protección antiparasitaria da madeira totalmente instalada. | Mod | 869,73 |
E11 | Peche de balcóns e terrazas con galería | m2 | 202,86 |
E12 | Fiestra ou xanela, sen especificar | m2 | 202,86 |
E13 | Ventá ou porta de balcón de madeira de castiñeiro ou teca, para pintar ou vernizar cobre cerco de pedra, das mesmas características que a existente, con vidro sinxelo de 4mm sen bordón, colocado con masilla ó exterior. | m2 | 258,39 |
E14 | Ventá con contraventá, de madeira para pintar ou vernizar, incluído acristalamento sobre marco de madeira. | m2 | 275,55 |
E15 | Venta xiratoria de madeira para vertente de cuberta con dobre acristalamento con camara. | m2 | 289,18 |
E21 | Revestimento sobre carpintería exterior da madeira con pintura ó aceite ou tipo lasur, logo de decapaxe de pinturas existentes, lixadura, selaxe, relixadura e imprimación con tratamento protectorl | m2 | 51,72 |
E23 | Revestimento sobre carpintería exterior de aceiro con pintura sintética para intemperie, unha man de imprimación antioxidante e dúas de acabamento logo de preparación da superficie. | m2 | 11,43 |
E40 | Reixa de seguridade | m2 | 48,69 |
E41 | Portalón de chapa de ferro galvanizada ou aluminio | m2 | 133,55 |
F0 | Pinturas e remates de fachada | ||
F01 | Peza especial, peaña, perpiaño, bufarda, cornixa, escudo, etc, incluíndo estadas e medios auxiliares necesarios. O prezo desta unidade, xustificarase, mediante orzamento especifico. | Ud | A xustificar |
F02 | Cachotería con espesor de 25 cms | m2 | 103,15 |
F03 | Encintaxe de fábricas de pedra de fachadas, con argamasa de cemento 1:3 ou argamasa bastarda, segundo o tipo de pedra da zona. | m2 | 9,46 |
F04 | Raxadura mestreado e fratasado de fachadas de 12 a 15 mm, de espesor, con argamasa bastarda e posterior pintado con pintura exteriores. | m2 | 23,21 |
F05 | Limpeza de fachadas de pedra, con emprego de auga a presión, solucións disolventes, funxicidas, cepillos de arame e/ou raices, etc. | m2 | 8,59 |
F06 | Picado de raxaduras de argamasa de cemento ou bastardos, sobre fachadas. | m2 | 8,59 |
F07 | Rebocadura de fachadas de argamasa monocapa contínua de 15mm.de espesor medio | m2 | 21,49 |
F11 | Revestimento de fachadas con pintura exteriores. Deduciranse os ocos maiores de 1m2 | m2 | 10,32 |
G0 | Galpóns e alboios. | ||
G01 | Galpón de bloco de formigón ou ladrillo revestido | m2 | 187,26 |
G02 | Galpón de madeira | m2 | 93,65 |
H0 | ALBANELERÍA E ESTRUCTURAS | ||
H01 | Formigón en masa | m3 | 86,14 |
H02 | Estructura completa de formigón armado | m2 | 68,91 |
H03 | Estructura de aceiro de nave | m2 | 46,44 |
H04 | Soleira | m2 | 16,48 |
H05 | Forxado de formIgÓn | m2 | 30,72 |
H06 | Muro de contención de formigón armado | m2 | 56,19 |
H07 | Muro de mampostería | m2 | 112,37 |
H08 | Muro de bloque de formigón | m2 | 17,23 |
H09 | Muro de ladrillo | m2 | 14,24 |
H10 | Cerramento de doble folla de ladrillo | m2 | 21,72 |
H10b | Fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado de canto tomado con argamasa de cemento, raxadura mestreado previo, revestido por unha das súas caras con azulexo, e pintado pola outra cara, en baños e cociñas. | m2 | 61,55 |
H11 | Celosía, balaustrada | m2 | 67,42 |
H12 | Alicatado | m2 | 29,21 |
H13 | Solado | m2 | 30,72 |
H14 | Enfoscado | m2 | 9,74 |
I0 | INSTALACIÓNS | ||
I01 | Arqueta de saneamento | Ud | 60,16 |
I02 | Canalización de saneamento en PVC. | m | 19,78 |
I03 | Fosa séptica prefabricada, prefiltro incorporado, capacidade de 12 persoas: instalación soterrada cun volume de 2,2 m3 , según NTE/ISD-4 con certificado do fabricante ou distribuidor da correcta montaxe | Ud | 1.418,38 |
I04 | Conexión a rede xeral de auga, incluso contador | Ud | 214,9 |
I05 | Instalación de desaugadorio para lavadora ou lavalouzas á rede saneamento con tubo PVC sanitaria serie C diámetro exterior 40mm | Ud | 35,31 |
I06 | Depósito de auga con capacidade de mil litros que non sexa visible desde o exterior. | Ud | 390,08 |
I07 | Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e un baño | Ud | 997,16 |
I08 | Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e dous baños. | Ud | 1.375,4 |
I09 | Fontanería e saneamento en aseo (sen aparatos) e sen conexión exterior | Ud | 184,03 |
I10 | Fontanería e saneamento en baño (sen aparatos) | Ud | 234,26 |
I11 | Fontanería e saneamento en cociña (sen aparatos) | Ud | 200,77 |
I12 | Lavado con billas monomando, incluso conexións | Ud | 180,51 |
I13 | Bañeira von billas monomando, incluídas conexións | Ud | 197,39 |
I14 | Bidé con billas monomando, incluídas conexións | Ud | 155,21 |
I15 | Inodoro, totalmente instalado.. | Ud | 197,39 |
I16 | Quentador instantaneo de auga quente de gas, de caudal mínimo 10l./min, 60 l. de capacidade, incluída instalación necesaria e boletín de instalador | Ud | 361,04 |
I17 | Termo electrico de aceiro inoxidable para producción e acumulación de auga quente, min. 60l de capacidade, incluída instalación eléctrica e proba de estanqueidade. | Ud | 486,45 |
I18 | Pozo de barrena | 1.423,33 | |
I19 | Pozo artesano | 1.872,8 | |
I26 | Instalación de gas no interior de vivenda, incluído boletín de instalador | Ud | 300,85 |
I27 | Instalación completa de calefacción en vivenda, composta por: caldeira individual mixta(de gas , gasóleo ou propano), para calefacción e auga quente, con vaso de expansión e bomba de recirculación incorporada; incluídas tódalas conexións, tubaxes con coquillas illantes, termostato ambiente; radiadores, probas de estanquidade e boletín de alta. (Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100m2. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela.) | Ud | 6.877,59 |
I28 | Instalación de calefacción (a partir de 100 m2) | m2 | 17,25 |
I31 | Instalación eléctrica en vivenda para un grao de electrificación medio, conforme os vixentes regulamentos e normas da compañía suministradora: Incluso entrega do boletín.(Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100m2. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela) | Ud | 23,65 |
I32 | Instalación de electricidade (a partir de 100 m2) | m2 | 17,25 |
I33 | Adaptación de instalación eléctrica para calefacción por tarifa nocturna, consistente en circuito eléctrico para acumuladores, adaptación do cadro de distribución, reloxo dobre tarifa. | Ud | 687,19 |
I34 | Acumulador, composto alomenos por material cerámico de acumulación, regulador eléctrónico de carga e limitador de seguridade | Ud | 687,19 |
I41 | Tubos de canalización, para zanxa | ml | 4,13 |
I42 | Cable B.T. subterráneo ata 4 x 25mm2, incluso canalización. | ml | 16,69 |
M0 | ILLAMENTO TERMICO E DE ESTANQUEIDADE | ||
M01 | Formación de cámara de aire, composta por fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado a pandeirete e tomado con argamasa de cemento, illamento con prancha de poliestireno expandido de densidade 20 kg/m3 e 40 mm. de espesor | m2 | 19,14 |
M02 | Impermeabilización de terraza ou balcón existente con lámina asfáltica de betume en quente, incluído o illamento | m2 | 38,67 |
M03 | Acristalamento dobre tipo Climalit, formado por dous cristais de 6mm. E camara de aire | m2 | 58,49 |
M04 | Illamento mediante espuma dde poliuretano proxectada ata 3cm de espesor | m2 | 7,74 |
N0 | ACABAMENTOS INTERIORES | ||
N01 | Porta de paso trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado de madeira, incluídas ferraxes de colgadura e peche | Ud | 152,13 |
N02 | Porta de paso de taboleiro aglomerado de media densidade rechapado en madeira, para vernizar ou pintar, incluídas ferraxes de colgadura e peche | m2 | 199,34 |
N11 | Sollado ou banzos de escaleira de madeira de tarima ou parque, incluído vernizado e rodapé. | m2 | 52,16 |
N12 | Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas, de gres porcelánico, incluso rodapé do mesmo material | m2 | 44,06 |
N13 | Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de terrazo , incluso rodapé do mesmo material | m2 | 36,27 |
N15 | Falso teito de latas de madeira de piñeiro, cravadas sobre restreis de madeira, vernizado | m2 | 51,72 |
N16 | Falso teito de escaiola referido a zonas rehabilitadas | m2 | 10,67 |
N20 | Pintura en parámentros interiores, en dependencias rehabilitadas | m2 | 4,8 |
N21 | Alicatado de paramentos interiotes con azulexo | m2 | 22,33 |
U0 | URBANIZACIÓN | ||
U01 | Explanación e rasanteo de caixa, incluso retirada de material sobrante e vertedeiro | m3 | 4,5 |
U02 | Sub-base granular extendida e compactada | m3 | 13,08 |
U03 | Beirarrúa de hormigón prefabricado, colocado en cama de formigón | ml | 10,11 |
U04 | Formigón de nivelación H-150 extendido, nivelado e barroteado, listo para a colocación da baldosa | m3 | 56,21 |
U05 | Baldosa hidráulica de 30x30 cor a elexir, asentada en capa nivelación de morteiro, rexuntado | m2 | 11,24 |
U06 | Excavación de zanxa ou pozos en toda clase de terreo e roca, con entibación, achique e transporte de sobrante a vertedeira | m3 | 4,5 |
U07 | Tubería plástica ¿tella" de enchufe con xunta de goma de 315mm de diámetro | ml | 14,61 |
U08 | Recheo e compactación de zanxa | m3 | 0,84 |
U09 | Pozo de rexistro totalmente executado segundo indicacións. Incluso tampa e aro de 60cm | Ud | 168,62 |
U10 | Tubería de PE DN90, 10 atm. incluso p.p. de pezas especiais e elementos de conexión | ml | 14,06 |
U11 | Pto. Luz VSAP 70w en poste de formigón 7m/125kg. formado por luminaria, de aluminio con difusor, poste e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando | Ud | 573,31 |
U12 | Pto. Luz VSAP 70W en fachada de edificación, formado por luminaria, de aluminio con difusor e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando. | Ud | 252,93 |
U13 | Pto. Luz VSAP 150w en báculo de 8-10m formado por luminaria, de aluminio con difusor, báculo, cimentación e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando | Ud | 848,44 |
U14 | Formigón H-250 en formación de pavimento na rúa, botado en caixa, extendido e barroteado | m3 | 89,93 |
U15 | Pavimento asfáltico formado por duplo rego asfáltico e rego de selado. | m2 | 8,54 |
U16 | Pavimento de aglomerado asfáltico en quente formado por acondicionamento mediante grava, rego asfáltico e mezcla bituminosa en quente de ao menos 6cm. | m2 | 12,5 |
U17 | Sumideiro sifónico con reixa de 40x60 | Ud | 101,17 |
V0 | VARIOS | ||
V01 | Piscina completa (ata 150 m2) | Ud | 11.237,51 |
V02 | Piscina completa (a partir de 150 m2) | m2 | 374,57 |
V03 | Pista deportiva | m2 | 74,91 |
V04 | Acera con baldosa | m2 | 20,23 |