Cariño - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora do imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras

Publicación provisional: 14/10/1994 BOP Nº: 235
Publicación definitiva: 14/10/1994 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 19/02/2010

Fundamento Legal

Artigo 1

De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, O Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construcción, Instalación e Obras.

Artigo 2

O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto

Artigo 3

Constitúe o feito impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obte-la ,correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cariño.

2.- Son actos suxeitos a previa licnecia, se prexuizo das demás autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable o caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:

1) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.

2) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

3) Obras de Modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

4) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.

5) Obras que modificquen a disposición interior dos edificios.

6) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, se dereito a indemnización.

7) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicicos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licnecia outorgada.

8) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruina inminente.

9) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.

10) As obras de construcción de infraestructura civil, (entre elas as urbanizacións de vías) agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou  nun instrumentos de ordenación territorial, sen presuixo do disposto na lexislación sectorial aplicable. Agás as de mantemento das obras públicas.

11) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuizodo dispodot na lexislación sectorial aplicable.

12) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanente, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.

13) As cortas e os abatementeos das árbores que constitúan masa arbórea, espacio boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprbado, agás as (de saneamento) autorizadas en solo rústico (agrario e/ou forestal) por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.

14) A instalación de invernadoiros.

15) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

16) Os cerramentos e valados de predios.

17) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústivo, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.

18) As instalacións e construccións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.

19) Aliñacións e rasantes.

20) Obras de fontanería e sumidoiros.

21) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, transformadores, liñas aéreas ou subterráneas, xeradores eólicos etc..., de subministro e xeración de enerxía, e de telefonía móvil, trnasmisións e similares, sobre parcelas e inmobles.

22) Obras nos cemiterios.

23) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística ou de instalación, segundo o previsto na lexislación e normativa vixente sobre o solo sectorial ou de desenvovemento.

Exencións

Artigo 4

Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas,  ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.

Previa apreciación, polo voto favorable da maioría simple dos membros do Pleno Municipal, da concurrencia de circunstancias sociais que xustifiquen o especial interese ou utilidade municipal, bonificarase nun 95% a cota do imposto de construcións, instalación ou obras, previa solicitude do interesado.

Suxeitos pasivos

Artigo 5

1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:

1)  As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Os efectos previstos no parágrafo anterior terná a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.

2) No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou relicen as construccións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.

Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota

Artigo 6.

A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente.

Artigo 7

1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custe real e efectivo da construcción,  instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custe de execución material de aquela.

Non forman parte de base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais, o beneficio empresarial do contratista nen calque outro concepto que non integre estrictamente o custe de execución material.

2) A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.

O tipo de gravame queda fixado nas seguintes porcentaxes:

- Construccións, instalacións e obras en calquera tipo de solo: 2,50 por 100.

Xestión

Artigo 8

1. Concedida a licencia farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto de execución material.

O presuposto de execución material será o que figure no correspondente proxecto, en caso de obras maiore, ou presuposto (para obras menores) presentacdo polo interesado, e como mínimo será o determinado polos Servicios Técnicos Municipais tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación, para obras de nova pranta, reforma, rehabilitación ou grande reparación) para obras maiores, e o Anexo II para as restantes construccións, instalacións ou obras ou obras menores.

Anualmente, actualizarase o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza mediante a aplicación do índice  de prezos o consumo do ano anterior. O mesmo sucederá cos módulod de valoración das obras menores contidas no Anexo II.

2) A Vista da obra realizada e o seu custo, O Concello, previa comprobación administrativa, modificará, se é o caso, a base impoñible provisional, facendo a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que corresponda

Inspección e Recadación

Artigo 9

Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 10

1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.

2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 101 da Lei Xeral Tributaria.

Partidas erradas

Artigo 11

Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación

Infraccións e sancións

Artigo 12

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que as mesmas lle correspondan en cada caso, aplicaráse o réxime regulado na Lei Xeral Tributaría e nas disposicións que a complementan e desenvolven de acordo co artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais.

Disposición Adicional Única.

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calesquera outra Lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.

Disposición Final

A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

ANEXO I: ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES

ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES
O presente método de estimación aplicarase para o cálculo do orzamento das obras maiores, así como das menores pouco definidas ás que sexa técnicamente factible a súa aplicación, baséase no método que inclúe o ¿Manual para a estimación simplificada de orzamentos de execución material da edificación" do colexio de Arquitectos de Galicia, e que se concreta nos pontos seguintes.
1. Normas xerais. Criterios de valoración.
1.1.-Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, incluíndose ou non naquel, a criterio do técnico que realiza a valoración, as superficies destinadas a usos minoritarios.
1.2.-A superficie total construida é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos de medianeiras compartidas no seu caso.
Nos edificios de vivendas, as superficies abufardadas accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de ser destinadas a vivenda, incluiranse no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e valoraranse co uso de vivenda.
1.3.-Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo base Mb vixente no momento da solicitude de licencia de cada unha delas. Os Proxectos de Execución poderanse tramitar coa valoración do Básico se non transcorreron seis meses desde a tramitación deste.
1.4.-Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e Orzamentos de Execución Material, con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos. Orzamento que se poderá estimar por calquera método de cálculo.
2.-Estimación simplificada dos orzamentos de execución material da edificación.
2.1. Definicións.
Mb.-Módulo Básico.
Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.
S.-Superficie total construida, en m2.
Si.-Superficie construida por uso de acordo co destino predominante da mesma.
Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.
Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
Cg.- Coeficiente xeográfico.
Cc.- Coeficiente de calidade da edificación.
OMb.-Orzamento de Execución Material según Módulos Básicos.
OEM.-Orzamento de Execución Material do proxecto.
2.2. Valores de aplicación.
2.2.1. Módulo básico: Mb.
Establece un precio en €/m2 de edificación medio do ano en que se aplica, recollido do Mb aprobado polo Colexio de Arquitectos de Galicia.
Para o Concello de Cariño, tendo en conta que se sitúa na área 2 (Cg=0,9, expresada no antedito Manual), tendo en conta que o Mb para 2009 é de 520 €/m2, resulta un módulo básico a aplicar na presente ordenanza para 2009 de:
MbC= 468 €/m2
2.2.2. Superficie construida por uso: Si.
Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1
2.2.3. Coeficiente de tipoloxías: Ct.
Ct=Tipoloxía da edificación
1.-En Edificacións de Nova Planta e Adicións.
* 1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º.
* 1,10 Agrupación en ringleira. Sótano 1º e 2º.
* 1,00 Edificio en manzana pechada. Edificación Aberta Vivenda Colectiva.
2.-En Obras de Reforma e Rehabilitación
* 1,20 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
* 1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
* 0,65 Rehabilitación de instalacións e acabados, conservando a estructura existente.
* 0,50 Reformas que afecten só a elementos estructurais.
* 0,35 Rehabilitación de fachadas e substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).
* 0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
* 0,02 Demolicións e derrubos (aplicada á superficie a demoler). (*)
(*) Coeficiente de uso Cu = 1.
2.2.4. Coeficiente de usos: cu.
1. Edificación:
Cu=Usos da edificación.
* 1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
* 1,50 Hospitais. Laboratorios. Iglesias.
* 1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
* 1,30 Clubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3* Salas de festas. Discotecas. Cafés especiais: teatros, cantantes, pubs. Colexios con Residencia.
* 1,20 Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locales Bancarios. Consultorios. Residencias 3.ª idade. ApartHoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
* 1,10 Vivenda. Hoteis 2*. Residencias universitarias e Moteis.
* 1,00 Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Salóns de beleza e saúde, Fisioterapia. Estacións de Autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
* 0,90 Cafés-Bares. Mercados.
* 0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos de Camping.
* 0,65 Edificios de aparcamentos. Locais comerciais. Establecementos comerciais. Industria escaparate.
* 0,50. Piscinas descubertas. Cemiterios.
* 0,40 Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio. Marquesiñas e Cubertas.
* 0,35 Trasteiros. Porches e terrazas abertas.
* 0,30 Armacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
* 0,10 Proxectos de Urbanización, adscritos á edificación (sobre superficie bruta incluindo viais, beirarrúas e estacionamentos). Parcelas Campings. (**).
* 0,05 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.(**)
(*) Coeficiente de uso Cu = 1 (**) Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1
2.2.5. Coeficiente de calidade: cc.
* 1,00 Calidade básica.
* 1,50 Calidade normal.
* 2,00 Calidade alta.
* 2.50 Calidade elevada.
Poderanse aplicar coeficientes intermedios para valorar calidades intermedias. En principio para o cálculo aplicarase o coeficiente de calidade normal, agás que no proxecto o Concello comprobe unha calidade superior, ou que ésta se declare polo particular. No intre da inspección da edificiación avaliarase a calidade da edificación.
2.3. Obtención do orzamento de execución material segundo módulos básicos: OMb.
O valor obtido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, a utilizar coma valor de referencia, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custe da execución material, de todo tipo de proxectos e traballos de edificación, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construida para cada uso, con arreglo ás seguintes fórmulas:
2.3.1. Módulo de construcción:
Mc = MbC x Ct x Cu x Cc
Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplica-la media entre os que máis lle somellen.
2.3.2. Orzamento de execución material segundo módulos básicos:
OMb=S(McixSi)
Onde:
OMb.-Orzamento de Execución Material según Módulos Básicos
S = Sumatorio.
Mci = Módulo de construcción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construida que corresponda, de acordo co destino predominante da mesma.
(Nos edificios con usos diferentes recoméndase calcula-lo OMb para cada uso).
Este orzamento así obtido será o mínimo Orzamento de Execución Material (OEM) do proxecto, agás que se xustifique, con prezos da Base de datos da Construcción de Galicia, outro inferior, e servirá como base de cálculo das ordenanzas fiscais que se baseen no OEM das obras a executar. En caso de que no proxecto presentado figure un orzamento superior ao calculado, segundo os módulos básicos, tomarase como base para calcular o icio e as taxas de tramitación o presentado polo solicitante.

ANEXO II: PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES

PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES
Os prezos da tábua seguinte obtivéronse a partir da actualización dos prezos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da estimación dos prezos do mercado dos concellos da área de Cariño. Aquelas unidades de obra que non figuren na tábua estimaranse igualmente cos medios da zona tomando como base a base de datos do IGVS e de nonexistir a base de datos de prezos da construcción e obras públicas de Galicia. Estes prezos tamén servirán para complementar o cálculo do orzamento das obras maiores cando o sistema do módulo básico non podan reflexar o orzamento da obra na súa totalidade ou non se contemple o uso ou tipo de obra. Asimesmo servirán para a realización dos orzamentos das obras de urbanización.
Ref
Concepto
Ud
€/Ud
A0
DEMOLICIÓNS
A01
Demolicións de muros de peche
m2
18,63
A02
Demolición de tabiques
m2
4,18
A03
Demolición de solados
m2
6,07
A04
Demolición de alicatados e reventimentos
m2
6,83
A05
Demolición de forxados
m2
9,88
A06
Demolición de cuberta de tella
m2
6,46
A07
Demolición de cuberta de fibrocemento
m2
5,89
A08
Demolición completa de edificación
m2
10,24
A09
Desbroce e limpeza manual do terreo
m2
6,3
B0
MOVEMENTOS DE TERRAS
B01
Excavación de zanxas
m3
12,91
B02
Excavación de baleirado
m3
10,64
B03
Recheo de zanxas
m3
24,31
B04
Recheo a ceo aberto
m3
7,58
B05
Carga e transporte de terras a vertedeiro
m3
3,41
B05
Explanación de terreo
m3
2,39
C0
CERRADOS E PECHES E ELEMENTOS DOS MESMOS
C01
Cerrado de estacas e aramio
m2
4,19
C02
Cerrado de tela metálica revestida de 1m con postes.
ml
26,34
C03
Cerrado de zócalo de fábrica e tela metálica revestida
ml
34,19
C04
Cerre de fábrica revestida de un metro de altura
ml
45,58
C05
Cerre de zócalo de fábrica revestida e celosía
ml
56,98
C06
Cerrado de mampostería e celosía
ml
72,17
C07
Cerrado de mampostería e reixa
ml
102,56
C08
Cerrado con elementos vexetais
ml
8,97
C09
Colocación de columna para contador de luz e/ou auga
Ud
212,69
C10
Cancela
m2
129,13
C11
Muro de formigón armado de distintas seccións e altura media 2m
ml
116,4
D0
CUBERTAS
D01
Formación de cuberta con estructura de vigas ou cinbros, pontóns ou cangos de madeira con protección antiinsectos . Medida en planta
m2
87,16
D02
Forxado inclinado de formigón armado de cuberta, según EHE
m2
65,37
D03
Entaboado de madeira sobre viguetas de forxado, cangos de cuberta ou pontóns, incluído protector, cravado con cravos de aceiro
m2
43,67
D04
Estructura de listóns de piñeiro vermello tratado de 20 X 40 mm cravado con puntas de aceiro para cuberta de lousa. Medición en planta
m2
9,13
D06
Cuberta de tella, sen estructura.
m2
34,19
D07
Cuberta de tella cerámica curva, sobre placas de fibrocemento, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en planta.
m2
177,51
D08
Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, colocada con ganchos de aceiro inoxidable.
m2
25,28
D09
Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, sobre pranchas de fibrocemento,incluídas estas
m2
47,48
D10
Cuberta de tella cerámica curva sobre placas de fibrocemento incluso estructura de formigón armado. Medida en planta.
m2
112,29
D11
Sustitución de tella por fibrocemento e tella
m2
41,8
D15
Cuberta de pizarra, sen estructura
m2
49,38
D16
Cuberta de lousa de 3-4 cm. De espesor aproximado sobre ripas, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en planta
m2
130,75
D17
Cuberta de lousa sobre ripas, incluso estructura de formigón armado, segundo EHE . Medida en planta.
m2
116,43
D18
Cuberta de lousa, colocada sobre restreis ou entaboado de madeira con ganchos de aceiro galvanizado. Medición en planta
m2
35,36
D20
Cuberta de tellas cerámicas planas, en cubertas de tella plana, colocadas con punta de aceiro. Medición en planta.
m2
22,66
D21
Reparación de cuberta de tella vella curva ou plana, procedente da demolición, achegando un 40% das pezas.
m2
21,36
D22
Cuberta de chapa ondulada en armacéns de máis de 125 m2
m2
25,99
D30
Baixante de PVC
m
22,22
D30b
Baixante de zinc-cobre-titanio
m
29,01
D31
Baixante de chapa de aceiro prelacado de 0,6 mm de espesor, ou aluminio
m
15,71
D32
Gardacanos de fundición de ata 2m de altura para protección de baixantes
Ud
130,75
D33
Cano de PVC
m
12,06
D34
Cano de chapa de zinc-cobre-titanio
m
33,96
D35
Cano de chapa de aceiro prelacado ou aluminio
m
29,57
D40
Azotea de tela asfáltica
m2
34,19
E0
CARPINTERÍA
E01
Porta de entrada de madeira maciza, incluídas ferraxes de seguridade.
Ud
653,74
E02
Porta de entrada, en aluminio lacado, incluído acristalamento e ferraxes de seguridade.
Ud
400,49
E03
Porta de entrada, en PVC, incluído acristalamento e ferraxes de seguridade.
Ud
610,15
E04
Porta balconeira de madeira con contraventá, acristalada con doble vidro con cámara sobre marco de madeira incluídos ferraxes.
m2
269,71
E05
Porta de balcón de PVC ou aluminio lacado, incluído acristalamento dobre con camara.
m2
208,71
E08
Carpintería de aluminio lacado en ventás ou galerías, incluído acristalamento.
m2
217,91
E09
Carpintería de PVC en ventás ou galerías, incluído acristalamento.
m2
279,41
E10
Galería de madeira de castiñeiro, teca, cedro con módulos de dimensións de ata 1,10 m. X 3,0m, con parte fixa ata 90 cm e ventás de guillotina con vidro sinxelo, con protección antiparasitaria da madeira totalmente instalada.
Mod
881,91
E11
Peche de balcóns e terrazas con galería
m2
205,7
E12
Fiestra ou xanela, sen especificar
m2
205,7
E13
Ventá ou porta de balcón de madeira de castiñeiro ou teca, para pintar ou vernizar cobre cerco de pedra, das mesmas características que a existente, con vidro sinxelo de 4mm sen bordón, colocado con masilla ó exterior.
m2
262,01
E14
Ventá con contraventá, de madeira para pintar ou vernizar, incluído acristalamento sobre marco de madeira.
m2
279,41
E15
Venta xiratoria de madeira para vertente de cuberta con dobre acristalamento con camara.
m2
293,23
E21
Revestimento sobre carpintería exterior da madeira con pintura ó aceite ou tipo lasur, logo de decapaxe de pinturas existentes, lixadura, selaxe, relixadura e imprimación con tratamento protectorl
m2
52,44
E23
Revestimento sobre carpintería exterior de aceiro con pintura sintética para intemperie, unha man de imprimación antioxidante e dúas de acabamento logo de preparación da superficie.
m2
11,59
E40
Reixa de seguridade
m2
49,37
E41
Portalón de chapa de ferro galvanizada ou aluminio
m2
135,42
F0
Pinturas e remates de fachada
F01
Peza especial, peaña, perpiaño, bufarda, cornixa, escudo, etc, incluíndo estadas e medios auxiliares necesarios. O prezo desta unidade, xustificarase, mediante orzamento especifico.
Ud
A xustificar
F02
Cachotería con espesor de 25 cms
m2
104,59
F03
Encintaxe de fábricas de pedra de fachadas, con argamasa de cemento 1:3 ou argamasa bastarda, segundo o tipo de pedra da zona.
m2
9,59
F04
Raxadura mestreado e fratasado de fachadas de 12 a 15 mm, de espesor, con argamasa bastarda e posterior pintado con pintura exteriores.
m2
23,53
F05
Limpeza de fachadas de pedra, con emprego de auga a presión, solucións disolventes, funxicidas, cepillos de arame e/ou raices, etc.
m2
8,71
F06
Picado de raxaduras de argamasa de cemento ou bastardos, sobre fachadas.
m2
8,71
F07
Rebocadura de fachadas de argamasa monocapa contínua de 15mm.de espesor medio
m2
21,79
F11
Revestimento de fachadas con pintura exteriores. Deduciranse os ocos maiores de 1m2
m2
10,46
G0
Galpóns e alboios.
G01
Galpón de bloco de formigón ou ladrillo revestido
m2
189,88
G02
Galpón de madeira
m2
94,96
H0
ALBANELERÍA E ESTRUCTURAS
H01
Formigón en masa
m3
87,35
H02
Estructura completa de formigón armado
m2
69,87
H03
Estructura de aceiro de nave
m2
47,09
H04
Soleira
m2
16,71
H05
Forxado de formIgÓn
m2
31,15
H06
Muro de contención de formigón armado
m2
56,98
H07
Muro de mampostería
m2
113,94
H08
Muro de bloque de formigón
m2
17,47
H09
Muro de ladrillo
m2
14,44
H10
Cerramento de doble folla de ladrillo
m2
22,02
H10b
Fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado de canto tomado con argamasa de cemento, raxadura mestreado previo, revestido por unha das súas caras con azulexo, e pintado pola outra cara, en baños e cociñas.
m2
62,41
H11
Celosía, balaustrada
m2
68,36
H12
Alicatado
m2
29,62
H13
Solado
m2
31,15
H14
Enfoscado
m2
9,88
I0
INSTALACIÓNS
I01
Arqueta de saneamento
Ud
61
I02
Canalización de saneamento en PVC.
m
20,06
I03
Fosa séptica prefabricada, prefiltro incorporado, capacidade de 12 persoas: instalación soterrada cun volume de 2,2 m3 , según NTE/ISD-4 con certificado do fabricante ou distribuidor da correcta montaxe
Ud
1.438,24
I04
Conexión a rede xeral de auga, incluso contador
Ud
217,91
I05
Instalación de desaugadorio para lavadora ou lavalouzas á rede saneamento con tubo PVC sanitaria serie C diámetro exterior 40mm
Ud
35,8
I06
Depósito de auga con capacidade de mil litros que non sexa visible desde o exterior.
Ud
395,54
I07
Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e un baño
Ud
1.011,12
I08
Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e dous baños.
Ud
1.394,66
I09
Fontanería e saneamento en aseo (sen aparatos) e sen conexión exterior
Ud
186,61
I10
Fontanería e saneamento en baño (sen aparatos)
Ud
237,54
I11
Fontanería e saneamento en cociña (sen aparatos)
Ud
203,58
I12
Lavado con billas monomando, incluso conexións
Ud
183,04
I13
Bañeira von billas monomando, incluídas conexións
Ud
200,15
I14
Bidé con billas monomando, incluídas conexións
Ud
157,38
I15
Inodoro, totalmente instalado..
Ud
200,15
I16
Quentador instantaneo de auga quente de gas, de caudal mínimo 10l./min, 60 l. de capacidade, incluída instalación necesaria e boletín de instalador
Ud
366,09
I17
Termo electrico de aceiro inoxidable para producción e acumulación de auga quente, min. 60l de capacidade, incluída instalación eléctrica e proba de estanqueidade.
Ud
493,26
I18
Pozo de barrena
 
1.443,26
I19
Pozo artesano
 
1.899,02
I26
Instalación de gas no interior de vivenda, incluído boletín de instalador
Ud
305,06
I27
Instalación completa de calefacción en vivenda, composta por: caldeira individual mixta(de gas , gasóleo ou propano), para calefacción e auga quente, con vaso de expansión e bomba de recirculación incorporada; incluídas tódalas conexións, tubaxes con coquillas illantes, termostato ambiente; radiadores, probas de estanquidade e boletín de alta. (Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100m2. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela.)
Ud
6.973,88
I28
Instalación de calefacción (a partir de 100 m2)
m2
17,49
I31
Instalación eléctrica en vivenda para un grao de electrificación medio, conforme os vixentes regulamentos e normas da compañía suministradora: Incluso entrega do boletín.(Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100m2. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela)
Ud
23,98
I32
Instalación de electricidade (a partir de 100 m2)
m2
17,49
I33
Adaptación de instalación eléctrica para calefacción por tarifa nocturna, consistente en circuito eléctrico para acumuladores, adaptación do cadro de distribución, reloxo dobre tarifa.
Ud
696,81
I34
Acumulador, composto alomenos por material cerámico de acumulación, regulador eléctrónico de carga e limitador de seguridade
Ud
696,81
I41
Tubos de canalización, para zanxa
ml
4,19
I42
Cable B.T. subterráneo ata 4 x 25mm2, incluso canalización.
ml
16,92
M0
ILLAMENTO TERMICO E DE ESTANQUEIDADE
M01
Formación de cámara de aire, composta por fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado a pandeirete e tomado con argamasa de cemento, illamento con prancha de poliestireno expandido de densidade 20 kg/m3 e 40 mm. de espesor
m2
19,41
M02
Impermeabilización de terraza ou balcón existente con lámina asfáltica de betume en quente, incluído o illamento
m2
39,21
M03
Acristalamento dobre tipo Climalit, formado por dous cristais de 6mm. E camara de aire
m2
59,31
M04
Illamento mediante espuma dde poliuretano proxectada ata 3cm de espesor
m2
7,85
N0
ACABAMENTOS INTERIORES
N01
Porta de paso trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado de madeira, incluídas ferraxes de colgadura e peche
Ud
154,26
N02
Porta de paso de taboleiro aglomerado de media densidade rechapado en madeira, para vernizar ou pintar, incluídas ferraxes de colgadura e peche
m2
202,13
N11
Sollado ou banzos de escaleira de madeira de tarima ou parque, incluído vernizado e rodapé.
m2
52,89
N12
Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas, de gres porcelánico, incluso rodapé do mesmo material
m2
44,68
N13
Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de terrazo , incluso rodapé do mesmo material
m2
36,78
N15
Falso teito de latas de madeira de piñeiro, cravadas sobre restreis de madeira, vernizado
m2
52,44
N16
Falso teito de escaiola referido a zonas rehabilitadas
m2
10,82
N20
Pintura en parámentros interiores, en dependencias rehabilitadas
m2
4,87
N21
Alicatado de paramentos interiotes con azulexo
m2
22,64
U0
URBANIZACIÓN
U01
Explanación e rasanteo de caixa, incluso retirada de material sobrante e vertedeiro
m3
4,56
U02
Sub-base granular extendida e compactada
m3
13,26
U03
Beirarrúa de hormigón prefabricado, colocado en cama de formigón
ml
10,25
U04
Formigón de nivelación H-150 extendido, nivelado e barroteado, listo para a colocación da baldosa
m3
57
U05
Baldosa hidráulica de 30x30 cor a elexir, asentada en capa nivelación de morteiro, rexuntado
m2
11,4
U06
Excavación de zanxa ou pozos en toda clase de terreo e roca, con entibación, achique e transporte de sobrante a vertedeira
m3
4,56
U07
Tubería plástica ¿tella" de enchufe con xunta de goma de 315mm de diámetro
ml
14,81
U08
Recheo e compactación de zanxa
m3
0,85
U09
Pozo de rexistro totalmente executado segundo indicacións. Incluso tampa e aro de 60cm
Ud
170,98
U10
Tubería de PE DN90, 10 atm. incluso p.p. de pezas especiais e elementos de conexión
ml
14,26
U11
Pto. Luz VSAP 70w en poste de formigón 7m/125kg. formado por luminaria, de aluminio con difusor, poste e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando
Ud
581,34
U12
Pto. Luz VSAP 70W en fachada de edificación, formado por luminaria, de aluminio con difusor e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando.
Ud
256,47
U13
Pto. Luz VSAP 150w en báculo de 8-10m formado por luminaria, de aluminio con difusor, báculo, cimentación e elementos de anclaxe e conexión. Colocado e funcionando
Ud
860,32
U14
Formigón H-250 en formación de pavimento na rúa, botado en caixa, extendido e barroteado
m3
91,19
U15
Pavimento asfáltico formado por duplo rego asfáltico e rego de selado.
m2
8,66
U16
Pavimento de aglomerado asfáltico en quente formado por acondicionamento mediante grava, rego asfáltico e mezcla bituminosa en quente de ao menos 6cm.
m2
12,68
U17
Sumideiro sifónico con reixa de 40x60
Ud
102,59
V0
VARIOS
V01
Piscina completa (ata 150 m2)
Ud
11.394,84
V02
Piscina completa (a partir de 150 m2)
m2
379,81
V03
Pista deportiva descuberta.
m2
75,96