Cariño - ORDENANZA FISGAL NÚMERO 4, REGULADORA DO IMPOSTQ SOBRE CONSTRUCCIÓNS. INSTALACIÓNS E OBRAS
Fundamento Legal
Artigo 1
De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, O Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construcción, Instalación e Obras.
Artigo 2
O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto
Artigo 3
Constitúe o feito impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obte-la ,correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cariño.
2.- Son actos suxeitos a previa licnecia, se prexuizo das demás autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable o caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
1) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.
2) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
3) Obras de Modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
4) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
5) Obras que modificquen a disposición interior dos edificios.
6) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, se dereito a indemnización.
7) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicicos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licnecia outorgada.
8) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruina inminente.
9) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
10) As obras de construcción de infraestructura civil, (entre elas as urbanizacións de vías) agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou nun instrumentos de ordenación territorial, sen presuixo do disposto na lexislación sectorial aplicable. Agás as de mantemento das obras públicas.
11) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuizodo dispodot na lexislación sectorial aplicable.
12) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanente, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.
13) As cortas e os abatementeos das árbores que constitúan masa arbórea, espacio boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprbado, agás as (de saneamento) autorizadas en solo rústico (agrario e/ou forestal) por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.
14) A instalación de invernadoiros.
15) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
16) Os cerramentos e valados de predios.
17) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústivo, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
18) As instalacións e construccións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.
19) Aliñacións e rasantes.
20) Obras de fontanería e sumidoiros.
21) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, transformadores, liñas aéreas ou subterráneas, xeradores eólicos etc..., de subministro e xeración de enerxía, e de telefonía móvil, trnasmisións e similares, sobre parcelas e inmobles.
22) Obras nos cemiterios.
23) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística ou de instalación, segundo o previsto na lexislación e normativa vixente sobre o solo sectorial ou de desenvovemento.
Exencións
Artigo 4
Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Suxeitos pasivos
Artigo 5
1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:
1) As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Os efectos previstos no parágrafo anterior terná a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2) No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou relicen as construccións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.
Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota
Artigo 6.
A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente.
Artigo 7
Non forman parte de base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais, o beneficio empresarial do contratista nen calque outro concepto que non integre estrictamente o custe de execución material.
2) A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.
O tipo de gravame queda fixado nas seguintes porcentaxes:
- Construccións, instalacións e obras en calquera tipo de solo: 2,50 por 100.
Xestión
Artigo 8
1. Concedida a licencia farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto de execución material.
O presuposto de execución material será o que figure no correspondente proxecto, en caso de obras maiore, ou presuposto (para obras menores) presentacdo polo interesado, e como mínimo será o determinado polos Servicios Técnicos Municipais tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación, para obras de nova pranta, reforma, rehabilitación ou grande reparación) para obras maiores, e o Anexo II para as restantes construccións, instalacións ou obras ou obras menores.
Anualmente, actualizarase o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza mediante a aplicación do índice de prezos o consumo do ano anterior. O mesmo sucederá cos módulod de valoración das obras menores contidas no Anexo II.
2) A Vista da obra realizada e o seu custo, O Concello, previa comprobación administrativa, modificará, se é o caso, a base impoñible provisional, facendo a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que corresponda
Inspección e Recadación
Artigo 9
Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 10
1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 101 da Lei Xeral Tributaria.
Partidas erradas
Artigo 11
Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación
Infraccións e sancións
Artigo 12
Disposición Adicional Única.
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calesquera outra Lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.
Disposición Final
A presente Ordenanza fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Cariño, 23 de Marzo de 2006.
ANEXO I: ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES
O presente método de estimación aplicarase para o cálculo do orzamento das obras maiores, así como das menores pouco definidas ás que sexa técnicamente factible a súa aplicación, baséase no método que inclúe o "Manual para a estimación simplificada de orzamentos de execución material da edificación" do colexio de Arquitectos de Galicia, e que se concreta nos pontos seguintes. Para deste método
1. Normas xerais. Criterios de valoración.
1.1.-Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, incluíndose ou non naquel, a criterio do técnico que realiza a valoración, as superficies destinadas a usos minoritarios.
1.2.-A superficie total construida é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos de medianeiras compartidas no seu caso.
Nos edificios de vivendas, as superficies abufardadas accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de ser destinadas a vivenda, incluiranse no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e valoraranse co uso de vivenda.
1.3.-Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o Módulo base Mb vixente no momento da solicitude de licencia de cada unha delas. Os Proxectos de Execución poderanse tramitar coa valoración do Básico se non transcorreron seis meses desde a tramitación deste.
1.4.-Nos Proxectos de Execución incluiranse medicións e Orzamentos de Execución Material, con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos. Orzamento que se poderá estimar por calquera método de cálculo.
2.-Estimación simplificada dos orzamentos de execución material da edificación.
2.1. Definicións.
Mb.-Módulo Básico.
Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.
S.-Superficie total construida, en m2.
Si.-Superficie construida por uso de acordo co destino predominante da mesma.
Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.
Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
Cg.- Coeficiente xeográfico.
Cc.- Coeficiente de calidade da edificación.
PMb.-Presuposto de Execución Material según Módulos Básicos.
PEM.-Presuposto de Execución Material do proxecto.
2.2. Valores de aplicación.
2.2.1. Módulo básico: Mb.
Establece un precio en euros/m2 de edificación medio do ano en que se aplica, recollido do Mb aprobado polo Colexio de Arquitectos de Galicia.
Para o Concello de Cariño, tendo en conta que se sitúa na área 2 (Cg=0,9, expresada no antedito Manual), tendo en conta que o Mb para 2006 é de 414 euros/m2, resulta un módulo básico a aplicar na presente ordenanza para 2006 de:
MbC= 372,6 euros/m2
2.2.2. Superficie construida por uso: Si.
Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1
2.2.3. Coeficiente de tipoloxías: Ct.
Ct=Tipoloxía da edificación
1.-En Edificacións de Nova Planta e Adicións.
1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3º.
1,10 Agrupación en ringleira. Sótano 1º e 2º.
1,00 Edificio en manzana pechada. Edificación Aberta Vivenda Colectiva.
2.-En Obras de Reforma e Rehabilitación
1,20 Rehabilitación total incluindo desmontaxe de fachadas.
1,00 Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
0,65 Rehabilitación de instalacións e acabados, conservando a estructura existente.
0,50 Reformas que afecten só a elementos estructurais.
0,35 Rehabilitación de fachadas e substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).
0,30 Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
0,02 Demolicións e derrubos (aplicada á superficie a demoler). (*)
(*) Coeficiente de uso Cu = 1.
2.2.4. Coeficiente de usos: cu.
1. Edificación:
Cu=Usos da edificación.
1,60 Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
1,50 Hospitais. Laboratorios. Iglesias.
1,40 Bibliotecas. Facultades e Escolas Universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais Marítimas e Aéreas.
1,30 C!ubes sociais. Cines. Centros de Saúde. Balnearios. Hoteis 3* Salas de festas. Discotecas. Cafés especiais: teatros, cantantes, pubs. Colexios con Residencia.
1,20 Casas da Cultura. Casas Consistoriais. Locales Bancarios. Consultorios. Residencias 3.ª idade. ApartHoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
1,10 Vivenda. Hoteis 2*. Residencias universitarias e Moteis.
1,00 Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-Residencias. Restaurantes. Salóns de beleza e saúde. Estacións de Autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
0,90 Bares. Mercados.
0,80 Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos de Camping.
0,65 Edificios de aparcamentos. Locais comerciais. Establecementos comerciais. Industria escaparate.
0,50. Piscinas descubertas. Cemiterios.
0,40 Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Garaxes e Aparcamentos. Estacións de Servicio.
0,35 Trasteiros. Porches e terrazas abertas.
0,30 Armacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
0,10 Proxectos de Urbanización, adscritos á edificación (sobre superficie bruta incluindo viais, beirarrúas e estacionamentos). Parcelas Campings. (**).
0,05 Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos.(**)
(*) Coeficiente de uso Cu = 1 (**) Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1
2.2.5. Coeficiente de calidade: cc.
1,00 Calidade básica.
1,50 Calidade normal.
2,00 Calidade alta.
2.50 Calidade elevada.
Poderanse aplicar coeficientes intermedios para valorar calidades intermedias.
2.3. Obtención do orzamento de execución material segundo módulos básicos: PMb.
O valor obtenido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, a utilizar coma valor de referencia, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custe da execución material, de todo tipo de proxectos e traballos de edificación, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construida para cada uso, con arreglo ás seguintes fórmulas:
2.3.1. Módulo de construcción:
Mc = MbC x Ct x Cu x Cc
Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplica-la media entre os que máis lle somellen.
2.3.2. Orzamento de execución material segundo módulos básicos:
Pmb = S (Mci x Si)
Mci = Módulo de construcción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construida que corresponda, de acordo co destino predominante da mesma.
(Nos edificios con usos diferentes recoméndase calcula-lo PMb para cada uso).
Este orzamento así obtido será o mínimo Orzamento de Execución Material do proxecto, agás que se xustifique, con prezos da Base de datos da Construcción de Galicia, outro inferior.
ANEXO II: PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES
Os prezos da tábua seguinte obtivéronse a partir da actualización dos prezos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e da estimación dos prezos do mercado dos concellos da área de Cariño. Aquelas unidades de obra que non figuren na tábua estimaranse igualmente cos medios da zona tomando como base a base de datos de prezos da construcción e obras públicas de Galicia. Estes prezos tamén servirán para complementar o cálculo do orzamento das obras maiores cando o sistema do módulo básico non podan reflexar o orzamento da obra na súa totalidade ou non se contemple o uso ou tipo de obra. Asimesmo servirán para a realización dos orzamentos das obras de urbanización.
*Tabla: BOP 135, de 14 junio del 2006