Cariño - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora do imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras
Fundamento Legal
Artigo 1
De conformidade co disposto nos artigos 59.2 e 100 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, e segundo o disposto nos artigos 15 e seguintes da mesma Lei, O Concello de Cariño establece o Imposto sobre Construcción, Instalación e Obras.
Artigo 2
O Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras e un tributo indirecto
Artigo 3
Constitúe o feito impoñible do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras a realización no termino municipal de Cariño, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obte-la ,correspondente licencia de obras ou urbanística, téñase obtido ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello de Cariño.
2.- Son actos suxeitos a previa licnecia, se prexuizo das demás autorizacións que poidan esixirse segundo a lexislación que sexa aplicable o caso concreto, e constitutivos do feito impoñible deste imposto:
1) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova pranta.
2) Obras de ampliación de edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
3) Obras de Modificación ou reforma que afecten á estructura dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
4) Obras de modificación do aspecto exterior dos edificios e instalacións de tódalas clases existentes.
5) Obras que modificquen a disposición interior dos edificios.
6) Obras e usos que se teñan que realizar con carácter provisional no caso en que estean xustificadas, que deberán demolerse cando o acorde o Concello, se dereito a indemnización.
7) Movementos de terra, tales coma desmontes, explanacións, escavacións e terrapléns, obras de instalacións de servicicos públicos e, en xeral, as relacionadas coa urbanización, excepto que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado ou de edificación que dispoña de licnecia outorgada.
8) A demolición das construccións, agás nos casos declarados de ruina inminente.
9) As instalacións subterráneas adicadas a estacionamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servicios públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
10) As obras de construcción de infraestructura civil, (entre elas as urbanizacións de vías) agás que estes actos fosen detallados e programados como obras a executar nun plan especial ou nun instrumentos de ordenación territorial, sen presuixo do disposto na lexislación sectorial aplicable. Agás as de mantemento das obras públicas.
11) As construccións nas zonas de dominio público, sen prexuizodo dispodot na lexislación sectorial aplicable.
12) A instalación ou radicación de casas prefabricadas e instalacións similares, provisionais ou permanente, agás que se efectúen dentro de campamentos legalmente autorizados e nas zonas expresamente previstas para dita finalidade.
13) As cortas e os abatementeos das árbores que constitúan masa arbórea, espacio boscoso, arboredo ou parque, haxa ou non planeamento aprbado, agás as (de saneamento) autorizadas en solo rústico (agrario e/ou forestal) por órganos competentes en materia agraria e/ou forestal.
14) A instalación de invernadoiros.
15) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.
16) Os cerramentos e valados de predios.
17) As obras de apertura de camiños e accesos a parcelas en solo rústivo, agás as autorizadas polo organismo competente en materia agraria e/ou forestal.
18) As instalacións e construccións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.
19) Aliñacións e rasantes.
20) Obras de fontanería e sumidoiros.
21) Instalación de elementos permanentes, tales coma postes, torretas, transformadores, liñas aéreas ou subterráneas, xeradores eólicos etc..., de subministro e xeración de enerxía, e de telefonía móvil, trnasmisións e similares, sobre parcelas e inmobles.
22) Obras nos cemiterios.
23) Calquera outra construcción, instalación ou obra que requira licencia urbanística ou de instalación, segundo o previsto na lexislación e normativa vixente sobre o solo sectorial ou de desenvovemento.
Exencións
Artigo 4
Exímese do pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, a realización de calquera construcción, instalación ou obra da que sexan donos o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas ó mesmo, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamentos de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a xestión se leve a cabo por organismos autónomos.tanto se se trata de obras de inversión nova como de conservación.
Previa apreciación, polo voto favorable da maioría simple dos membros do Pleno Municipal, da concurrencia de circunstancias sociais que xustifiquen o especial interese ou utilidade municipal, bonificarase nun 95% a cota do imposto de construcións, instalación ou obras, previa solicitude do interesado.
Suxeitos pasivos
Artigo 5
1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a titulo de contribuínte:
1) As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o ártigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Os efectos previstos no parágrafo anterior terná a consideración de dono da construcción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización.
2) No suposto de que a construcción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuinte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuinte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou relicen as construccións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuinte o importe da cota tributaria satisfeita.
Obriga de contribuír. base impoñible, gravame e cota
Artigo 6.
A obriga de contribuír nace no momento de iniciarse a obra, mesmo nos casos en que comece sen a licencia pertinente.
Artigo 7
Non forman parte de base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demáis impostos análogos propios de rexímenes especiais, as taxas, prezos públicos e demáis prestacións patrimoniais, o beneficio empresarial do contratista nen calque outro concepto que non integre estrictamente o custe de execución material.
2) A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame.
O tipo de gravame queda fixado nas seguintes porcentaxes:
- Construccións, instalacións e obras en calquera tipo de solo: 2,50 por 100.
Xestión
Artigo 8
1. Concedida a licencia farase unha liquidación provisional tomando como base impoñible o presuposto de execución material.
O presuposto de execución material será o que figure no correspondente proxecto, en caso de obras maiore, ou presuposto (para obras menores) presentacdo polo interesado, e como mínimo será o determinado polos Servicios Técnicos Municipais tomando como referencia o Anexo I desta Ordenanza (Estimación Simplificada dos Presupostos de Execución Material da edificación, para obras de nova pranta, reforma, rehabilitación ou grande reparación) para obras maiores, e o Anexo II para as restantes construccións, instalacións ou obras ou obras menores.
Anualmente, actualizarase o módulo base de valoración contido no Anexo I desta Ordenanza mediante a aplicación do índice de prezos o consumo do ano anterior. O mesmo sucederá cos módulod de valoración das obras menores contidas no Anexo II.
2) A Vista da obra realizada e o seu custo, O Concello, previa comprobación administrativa, modificará, se é o caso, a base impoñible provisional, facendo a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que corresponda
Inspección e Recadación
Artigo 9
Realizarase de acordo con previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 10
1. As cotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas por vía de constriximento, consonte coas normas do Regulamento Xeral de Recadación.
2. As liquidacións notificaranse ós suxeitos pasivos, con expresión dos requisitos previstos no artigo 101 da Lei Xeral Tributaria.
Partidas erradas
Artigo 11
Consideraranse partidas fallidas ou créditos incobrables aquelas cotas que non se puideran facer efectivas polo procedemento de constrinximento, e para a súa declaración formalizarase o oportuno expediente, de acordo con previsto no vixente Regulamento Xeral de Recadación
Infraccións e sancións
Artigo 12
Disposición Adicional Única.
Disposición Final
ANEXO I: ESTIMACIÓN SIMPLIFICADA DOS ORZAMENTOS DE EXECUCIÓN MATERIAL PARA OBRAS MAIORES
O presente método de estimación aplicarase para o cálculo do orzamento das obras maiores, así como das menores pouco definidas ás que sexa técnicamente factible a súa aplicación, baséase no método que inclúe o ¿Manual para a estimación simplificada de orzamentos de execución material da edificación" do colexio de Arquitectos de Galicia, e que se concreta nos pontos seguintes.
1.-Normas xerais. Criterios de valoración.
1.1.-Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponde de acordo co destino predominante da superficie, incluíndose ou non naquel, a criterio do técnico que realiza a valoración, as superficies destinadas a usos minoritarios.
1.2.-A superficie total construída é a suma da superficie de cada unha das prantas do edificio, medida dentro dos límites definidos polas líneas perimetrais das fachadas, tanto exteriores coma interiores, e os eixos de medianeiras compartidas no seu caso.
Nos edificios de vivendas, as superficies abufardadas accesibles, que polas súas características constructivas e tipolóxicas sexan susceptibles de ser destinadas a vivenda, incluiranse no cómputo cando a súa altura libre sexa superior a 1,5 mts. e valoraranse co uso de vivenda.
1.3.-Cando un traballo se realice por fases, aplicarase en cada fase o módulo base Mb vixente no momento da solicitude de licencia de cada unha delas. Os proxectos de execución poderanse tramitar coa valoración do Básico se non transcorreron seis meses desde a tramitación deste.
1.4.-Nos proxectos de execución incluiranse medicións e orzamentos de execución material, con desglose suficiente por unidades de obra e capítulos. Orzamento que se poderá estimar por calquera método de cálculo.
2.-Estimación simplificada dos orzamentos de execución material da edificación.
2.1.-Definicións.
Mb.-Módulo Básico.
Mc.-Módulo de construcción ou de referencia.
S.-Superficie total construída, en m2.
Si.-Superficie construída por uso de acordo co destino predominante da mesma.
Ct.-Coeficiente corrector en función da tipoloxía da edificación.
Cu.-Coeficiente corrector en función do uso da edificación.
Cg.-Coeficiente xeográfico.
Cc.-Coeficiente de calidade da edificación.
OMb.-Orzamento de execución material según módulos básicos.
OEM.-Orzamento de execución material do proxecto.
2.2.-Valores de aplicación.
2.2.1.-Módulo básico: Mb.
Establece un precio en €/m2 de edificación medio do ano en que se aplica.
Para o Concello de Cariño, tendo en conta a súa situación, resulta un módulo básico a aplicar na presente ordenanza para 2011 de:
MbC = 497,016 €/m2
2.2.2. Superficie construída por uso: si.
Un traballo considerarase incluido no apartado que lle corresponda de acordo co uso predominante da superficie, incluíndose ou non naquel as superficies con destinos minoritarios, tal e coma se especifica no apartado 1.1
2.2.3.-Coeficiente de tipoloxías: Ct.
Ct=Tipoloxía da edificación.
1.-En edificacións de nova planta e adicións.
¿1,20 Edificación illada (4 fachadas). Vivenda unifamiliar illada. Sótanos a partir do 3.º.
¿1,10 Agrupación en ringleira. Sótano 1.º e 2.º.
¿1,00 Edificio en manzana pechada. Edificación aberta vivenda colectiva.
2.-En Obras de reforma e rehabilitación
¿ 1,20. Rehabilitación total incluíndo desmontaxe de fachadas.
¿ 1,00. Adecuación interior de prantas baixas e entreprantas. Rehabilitación integral do edificio conservando exclusivamente as fachadas.
¿ 0,65. Rehabilitación de instalacións e acabados, conservando a estructura existente.
¿ 0,50. Reformas que afecten só a elementos estructurais.
¿ 0,35. Rehabilitación de fachadas e substitución de carpintería e cerramentos (aplicada á superficie de fachada).
¿ 0,30. Reformas de pouca entidade que non afecten a elementos estructurais nin a instalacións (acabados interiores).
¿ 0,02. Demolicións e derrubos (aplicada á superficie a demoler) (*).
(*) Coeficiente de uso Cu = 1.
2.2.4.-Coeficiente de usos: cu.
1.-Edificación:
Cu=Usos da edificación.
¿ 1,60. Auditorios. Museos. Teatros. Hoteis 5*. Edificios bancarios.
¿ 1,50. Hospitais. Laboratorios. Igrexas.
¿ 1,40. Bibliotecas. Facultades e escolas universitarias. Hoteis 4*. Edificios penitenciarios. Terminais marítimas e aéreas.
¿ 1,30. C!ubes sociais. Cines. Centros de saúde. Balnearios. Hoteis 3* Salas de festas. Discotecas. Cafés especiais: teatros, cantantes, pubs. Colexios con residencia.
¿ 1,20. Casas da Cultura. Casas consistoriais. Locales bancarios. Consultorios. Residencias 3..ª idade. Aparthoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteis. Matadoiros.
¿ 1,10. Vivenda. Hoteis 2*. Residencias universitarias e moteis.
¿ 1,00. Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteis 1*. Ambulatorios. Hostais-residencias. Restaurantes. Salóns de beleza e saúde, Fisioterapia. Estacións de autobuses. Salas de exposicións. Piscinas cubertas.
¿ 0,90. Cafés-Bares. Mercados.
¿ 0,80. Centro comercial. Pavillóns deportivos cubertos. Vestiarios. Bungalows. Servizos de camping.
¿ 0,65. Edificios de aparcamentos. Locais comerciais. Establecementos comerciais. Industria escaparate.
¿ 0,50. Piscinas descubertas. Cemiterios.
¿ 0,40. Locais en planta baixa ou semisoto sen uso específico. Garaxes e aparcamentos. Estacións de servizo. Marquesiñas e Cubertas.
¿ 0,35. Trasteiros. Porches e terrazas abertas.
¿ 0,30. Armacéns e naves industriais. Instalacións deportivas descubertas. Naves. Granxas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteóns (por nicho).
¿ 0,10. proxectos de urbanización, adscritos á edificación (sobre superficie bruta incluíndo viais, beirarrúas e estacionamentos). Parcelas Campings (**).
¿ 0,05. Xardíns. Pistas de terra e formigón. Tratamento de espacios exteriores. Acondicionamento de terreos (**)
(*) Coeficiente de uso Cu = 1 (**) Coeficiente de Tipoloxía Ct = 1
2.2.5.-Coeficiente de calidade: cc.
¿ 1,00. Calidade básica.
¿ 1,50. Calidade normal.
¿ 2,00. Calidade alta.
¿ 2.50. Calidade elevada.
Poderanse aplicar coeficientes intermedios para valorar calidades intermedias. En principio para o cálculo aplicarase o coeficiente de calidade normal, agás de que no proxecto o Concello comprobe unha calidade superior, ou que ésta se declare polo particular. No intre da inspección da edificiación avaliarase a calidade da edificación.
2.3.-Obtención do orzamento de execución material segundo módulos básicos: OMb.
O valor obtenido polo procedemento exposto neste manual é un custe de avaliación aproximada, a utilizar coma valor de referencia, e que cobre as esixencias legais e deontolóxicas de congruencia, veracidade, responsabilidade civil profesional, e credibilidade do traballo de arquitectura.
O custe da execución material, de todo tipo de proxectos e traballos de edificación, poderá obterse en función do Módulo de construcción Mc, e da superficie construída para cada uso, con arreglo ás seguintes fórmulas:
2.3.1.-Módulo de construcción:
Mc = MbC x Ct x Cu x Cc
Nos casos en que un coeficiente corrector non se axuste á tipoloxía ou ós usos antes definidos, aconséllase aplica-la media entre os que máis lle somellen.
2.3.2.-Orzamento de execución material segundo módulos básicos:
OMb = S(McixSi)
Onde:
OMb.-Orzamento de execución material segundo módulos básicos
S = Sumatorio.
Mci = Módulo de construcción que corresponda, de acordo co destino predominante da superficie.
Si = Superficie construída que corresponda, de acordo co destino predominante da mesma.
(Nos edificios con usos diferentes recoméndase calcula-lo OMb para cada uso).
Este orzamento así obtido será o mínimo orzamento de execución material (OEM) do proxecto, agás que se xustifique, con prezos da base de datos da construcción de Galicia, outro inferior, e servirá como base de cálculo das ordenanzas fiscais que se baseen no OEM das obras a executar. En caso de que no proxecto presentado figure un orzamento superior ao calculado, segundo os módulos básicos, tomarase como base para calcular o icio e as taxas de tramitación o presentado polo solicitante.
ANEXO II: PREZOS UNITARIOS DAS OBRAS MENORES
Os prezos da táboa seguinte obtivéronse a partir da actualización dos prezos da base da construcción de Galicia. Debido a imposibilidade de ter en conta todas as circunstancias particulares que imón o mercado e rodean unha obra, aquelas unidades de obra que non figuren na táboa estimaranse igualmente cos medios da zona tomando como base a base de datos de prezos da construcción e obras públicas de Galicia e de non existir a base de datos do IGVS. Estes prezos tamén servirán para complementar o cálculo do orzamento das obras maiores cando o sistema do módulo básico non podan reflexar o orzamento da obra na súa totalidade ou non se contemple o uso ou tipo de obra. Así mesmo servirán para a realización dos orzamentos das obras de urbanización.
Ref | Concepto | Ud. | €/Ud. |
A0 | DEMOLICIÓNS | ||
A01 | Apeo estrutura | m2 | 20,69 |
A02 | Demolición de lousa | m2 | 34,94 |
A03 | Demolición de forxados | m2 | 11,56 |
A04 | Demolición armadura cuberta madeira | m2 | 25,63 |
A05 | Demolición armadura cuberta metálica | m2 | 36,51 |
A06 | Desmontaxe cuberta fibrocemento manual | m2 | 8,96 |
A07 | Desmontaxe cuberta tella manual | m2 | 9,88 |
A08 | Desmontaxe cuberta lousa manual | m2 | 8,09 |
A09 | Demolición de muro de peche | m2 | 22,32 |
A10 | Demolición de tabique oco dobre | m2 | 5,36 |
A11 | Demolición de tabique oco sinxelo | m2 | 3,57 |
A12 | Demolición de tabique ¿ pé | m2 | 8,93 |
A13 | Demolición de solados | m2 | 13,56 |
A14 | Demolición de alicatados e revestimentos | m2 | 9,16 |
A15 | Demolición completa de edificación aislada | m2 | 1.360,67 |
A16 | Demolición completa de edificación 1 medianeira | m2 | 2.779,6 |
A17 | Demolición completa de edificación 2 ou mais medianeiras | m2 | 2.873,06 |
B0 | MOVEMENTOS DE TERRAS | ||
B01 | Desbroce e limpeza | m2 | 0,94 |
B02 | Desbroce e limpeza con arbustos | m2 | 1,97 |
B03 | Excavación mecánica ceo aberto | m3 | 3,77 |
B04 | Excavación de zanxa | m3 | 21,02 |
B05 | Excavación de pozos | m3 | 15,87 |
B05 | Excavación de baleirado | m3 | 7,33 |
B07 | Terraplenado | m3 | 10,83 |
B08 | Recheo de gabias | m3 | 6,27 |
B09 | Recheo de base para pavimento | m3 | 25,8 |
B10 | Transporte de terra a vertedoiro | m3 | 4,79 |
C0 | CIMENTACIÓN | ||
C01 | Formigón de limpeza | m3 | 116,29 |
C02 | Lousa HA-25 central plática 20 | m3 | 192,98 |
C03 | Aceiro montado en lousa B-500S | kg | 5,08 |
C04 | Formigón HA-25 en foxos, zapatas e riostras de cimentación | m3 | 192,91 |
C05 | Aceiro B-500S en cimentación | kg | 0,94 |
C06 | Formigón en recrecidos | m3 | 101,37 |
C07 | Reforzo HNE-25 en conducións saneamento | m3 | 103,18 |
C08 | Soleira HNE-150 10 cm lixeira | m2 | 20,24 |
C09 | Soleira HNE-200 15 cm semipesada | m2 | 27,62 |
D0 | ESTRUTURA | ||
Aceiro | |||
D01 | Estrutura metálica electrosoldada vivenda | m2 | 47,4 |
D02 | Estrutura metálica electrosoldada naves | m2 | 45,05 |
D03 | Aceiro en soporte c/ perfiles ocos | kg | 2,25 |
D04 | Aceiro S275JR en soporte simple | kg | 1,86 |
D05 | Aceiro S275JR xáceas e viguetas | kg | 1,44 |
D06 | Aceiro en escaleira | kg | 2,45 |
Encofrados | |||
D07 | Encofrado cartón soporte 30x30 | m | 47,8 |
D08 | Encofrado cartón soporte circular 30 | m | 20,62 |
D09 | Encofrado cartón soporte medianeiro 30x30 | m | 52,25 |
D10 | Encofrado madeira zapatas-encepados-riostras | m2 | 25,77 |
D11 | Encofrado muro 1 cara | m2 | 36,63 |
D12 | Encofrado muro 2 caras | m2 | 62,23 |
D13 | Encofrado madeira soporte | m2 | 39,49 |
D14 | Encofrado madeira -encepados-riostras | m2 | 18,96 |
D15 | Encofrado metálico muro 50x100 muro 1 cara | m2 | 21,02 |
D16 | Encofrado metálico soporte 30x30 | m2 | 19,25 |
Fábricas | |||
D17 | Fábrica bloque formigón 40x20x30 armar | m2 | 76,08 |
D18 | Fábrica bloque formigón oco 40x20x15 c/arm. vertical | m2 | 93,68 |
D19 | Fábrica de ladrillo oco dobre 25x12x8 un pe c/ armado | m2 | 73,86 |
D20 | Fábrica de ladrillo oco dobre 25x12x8 ¿ pe c/armado | m2 | 51,66 |
D21 | Estrutura de perpiaño | m2 | 116,81 |
D22 | Silleria granito 40x15 abuxardado | m2 | 333,08 |
Formigón armado | |||
D23 | Estrutura formigón s/soporte HA-25/P/20 25+5 bovedilla cerámica | m2 | 87,97 |
D24 | Estrutura formigón completa HA-25/P/20 25+5 bovedilla cerámica | m2 | 95,05 |
D25 | Forxado formigón reticular 25+5, casetón poliestireno, luz 5x5 m | m2 | 97,7 |
D26 | Forxado formigón reticular 25+5, casetón recuperable, luz 5x5 m | m2 | 88,69 |
D27 | Forxado unidireccional semiviguetas bovedilla cerámica 25+5 | m2 | 49,52 |
D28 | Lousa inclinada HA-25/P/20 15 cm | m2 | 83,4 |
D29 | Lousa horizontal HA-25/P/20 25 cm | m2 | 161,6 |
D30 | Soporte cuadrado HA-25 encofrado metálico | m3 | 473,22 |
D31 | Soporte cuadrado HA-25 encofrado madeira | m3 | 633,44 |
Formigón pretensado | |||
D32 | Forxado unidireccional vigueta pretensada | m2 | 54,42 |
D33 | Lousa pretensada 15+5 HA-25 | m2 | 55,26 |
Madeira | |||
D34 | Forxado horizontal madeira 15x20 | m2 | 127,32 |
D35 | Forxado inclinado madeira 15x20 | m2 | 141,97 |
D36 | Estrutura madeira laminada cuberta plana | m2 | 62,06 |
D37 | Estrutura madeira laminada cuberta 1 auga | m2 | 56,68 |
D38 | Estrutura madeira laminada cuberta 2 augas | m2 | 58,08 |
D39 | Soporte madeira castiñeiro 20x20 | ud | 236,37 |
E0 | ALBANELERÍA | ||
Acristalamento | |||
E01 | Vidro dobre illante 6/6/6 incoloro | m2 | 37,26 |
E02 | Vidro armado 3/4 | m2 | 31,72 |
Fachadas | |||
E03 | Fachada 1 folla LP ¿ pe+ca vent ext+EPS | m2 | 115,15 |
E04 | Fachada 1 folla bloque termoarcilla + rev ext continuo | m2 | 86,54 |
E05 | Fachada 1 folla bloque formigón oco + rev continuo | m2 | 47,59 |
E06 | Fachada 1 folla bloque formigón + ladrillo oco dobre | m2 | 63,62 |
E07 | Fachada 2 follas Sillar pedra + ladrillo oco dobre | m2 | 228,93 |
Fábricas | |||
E08 | Fábrica interior ladrillo oco sinxelo 25x12x4 tabique | m2 | 14,05 |
E09 | Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 tabique | m2 | 15,87 |
E10 | Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 medio pe | m2 | 23,16 |
E11 | Fábrica interior ladrillo oco dobre 25x12x8 un pe | m2 | 46,27 |
E12 | Fábrica interior bloque formigón oco revestir | m2 | 25,95 |
E13 | Zuncho H revestir formigón 20x20x20 | m | 28,81 |
E14 | Muro de pedra en taco xunta seca | m2 | 194,92 |
E13 | Muro de pedra en taco c/morteiro | m2 | 179,84 |
E16 | Mampostería careada granito 1 cara vista | m3 | 231,24 |
E17 | Fábrica armada vidrio moldeado | m2 | 83,01 |
E18 | Apertura de rozas manual ladrillo oco | m | 4,64 |
E19 | Cargadeiro vigueta formigón pretensado | m | 10,79 |
Prefabricadas | |||
E20 | Muro cortina perfilería aluminio | m2 | 226,23 |
E21 | Fachada panel sandwich | m2 | 102,82 |
E22 | Fachada panel formigón prefabricado | m2 | 74,36 |
E23 | Fachada ventilada granito | m2 | 134,7 |
Particións | |||
E24 | Tabique cerámico ladrillo oco dobre | m2 | 22,41 |
E25 | Partición vertical 1 folla ladrillo perforada | m2 | 56,25 |
E26 | Partición vertical 2 follas ladrillo oco dobre | m2 | 57,45 |
E27 | Trasdosado placa de xeso laminado | m2 | 19,06 |
F0 | CUBERTAS | ||
F01 | Formación de pendiente cuberta fibrocemento viguetas | m2 | 8,85 |
F02 | Formación de pendiente cuberta taboleiro cerámica | m2 | 43,16 |
F03 | Azotea no transitable, lámina betume elastomerico, grave | m2 | 43,16 |
F04 | Azotea no transitable autoprotegida | m2 | 54,18 |
F05 | Azotea no transitable pavimento baldosa 40x40 | m2 | 82,26 |
F06 | Azotea no transitable c/lamn PVC | m2 | 84,56 |
F07 | Pavimento flotante terrazo 40x40 | m2 | 25,35 |
F08 | Cuberta fibrocemento onda grande | m2 | 18,88 |
F09 | Cuberta fibrocemento onda pequena | m2 | 23,19 |
F10 | Cuberta lousa 40x20 recta | m2 | 31,2 |
F11 | Cuberta placa poliester onda grande | m2 | 28,65 |
F12 | Cuberta placa poliester onda pequena | m2 | 30,15 |
F13 | Cuberta tella curva 40x15x12 vermello morteiro | m2 | 32,94 |
F16 | Cuberta tella curva 40x15x12 vermello ganchos | m2 | 33,94 |
F17 | Cuberta tella plana 43x26 vermello morteiro | m2 | 25,56 |
F18 | Cuberta tella plana 43x26 vermello puntas | m2 | 24,29 |
F19 | Cuberta tella mixta 43x26 vermello morteiro | m2 | 20,96 |
F20 | Cuberta tella mixta 43x26 vermello puntas | m2 | 28,47 |
F21 | Claraboia polimetacrilato 116x116 | ud | 470,61 |
F22 | Canle PVC 185 mm branca | m | 23,63 |
F23 | Canle PVC recto 26 cm | m | 14,06 |
F24 | Canle aluminio recto 300 mm | m | 31,04 |
F25 | Cuberta fibrocemento onda grande s/correas ganchos + illantes | m2 | 38,06 |
F26 | Cuberta plana aceiro relacado 0,75 mm | m2 | 37,35 |
F27 | Entaboado de madeira | m2 | 46,38 |
F28 | Estrutura de listóns piñeiro | m2 | 9,7 |
F29 | Reparación da cuberta de tella vella, achegando 40% das pezas | m2 | 22,94 |
F30 | Baixante de chapa de aceiro ou aluminio prelacado | m | 16,68 |
F31 | Baixante de zinc-cobre e titanio | m | 30,81 |
F32 | Gardacanos de fundición de ata 2m de altura | m | 138,86 |
G0 | CERRADOS E PECHES | ||
G01 | Cerrado de estacas e arame | ml | 4,45 |
G02 | Cerrado de tea metálica con postes | ml | 13,8 |
G03 | Cerrado de tea metálica revestida con postes | ml | 16,03 |
G04 | Cancela | m2 | 137,14 |
H0 | CARPINTERÍA | ||
H01 | Ventá de formigón 75x100 cm rectángulos | ud | 32,04 |
H02 | Ventá formigón 100x100 cadrados | ud | 36,72 |
H03 | Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio lacado branco | ud | 360,61 |
H04 | Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio brando monoblock | ud | 387,58 |
H05 | Ventá proxectante-esvarante 80x100 cm aluminio lacado cor | ud | 392,03 |
H06 | Ventá madeira 1 folla abatible | ud | 187,54 |
H07 | Ventá madeira 1 folla abatible + pano fixo inferior | ud | 253,56 |
H08 | Ventá fixa perfil recto PVC 800x1000 | ud | 256,01 |
H09 | Porta metálica chapa aceiro 1 folla | ud | 89,82 |
H10 | Porta metálica chapa aceiro 2 follas | ud | 1.883,92 |
H10 | Porta acceso aluminio lacado branco 1 folla | ud | 1.651,22 |
H11 | Porta balconeira aluminio branco 1 folla | ud | 960,49 |
H12 | Porta balconeira aluminio lacado branco 2 follas | ud | 868,92 |
H13 | Porta cega madeira 725x2030x35 para pintar | ud | 179,54 |
H14 | Porta cega madeira 725x2030x35 para vernizar | ud | 266,92 |
H15 | Porta perfil recto PVC 1 folla 700x2100 | ud | 290,92 |
H16 | Porta de entrada de madeira maciza | ud | 694,27 |
H17 | Porta de entrada de PVC | ud | 647,98 |
H18 | Porta balconeira de madeira con contraventá | ud | 283,43 |
H19 | Porta balconeira de PVC ou aluminio | ud | 221,65 |
H20 | Peche de balcóns e terrazas con galería de madeira | m2 | 218,45 |
H21 | Ventá xiratoria de madeira para vertente de cuberta | m2 | 311,41 |
H22 | Revestimento sobre carpintería de madeira | m2 | 55,69 |
H23 | Revestimento sobre carpintería exterior de aceiro | m2 | 12,31 |
H24 | Reixa de seguridade | m2 | 77,7 |
H25 | Porta de chapa de aceiro | m2 | 1.624,54 |
I0 | PINTURA E REMATES DE FACHADA | ||
I01 | Encintaxe de fábrica de pedra | m2 | 10,18 |
I02 | Raxadura, maestreada e fratasado | m2 | 24,96 |
I03 | Limpeza en fábrica de pedra | m2 | 9,25 |
I04 | Picado e raxadura de argamasa | m2 | 9,25 |
I05 | Revocadura mortero monocapa | m2 | 23,14 |
I06 | Revestimento pintura exteriores | m2 | 11,11 |
I07 | Revestimento alicatado exterior | m2 | 60,07 |
I08 | Aplacado planchas granito e=2 cm | m2 | 102,19 |
I09 | Sollado ou banzos de madeira en escaleira | m2 | 56,17 |
I10 | Pavimento ou banzos de baldosas de gres porcelánico en escaleira | m2 | 47,45 |
I11 | Pavimento ou banzos de baldosas de terrazo en escaleira | m2 | 39,06 |
I12 | Falso teito de madeira | m2 | 55,69 |
I13 | Falso teito de escaiola | m2 | 11,49 |
I14 | Alicatado de parámetros interiores | m2 | 24,04 |
I15 | Pavimento granito pulido | m2 | 63,76 |
I16 | Enfoscado, maestrado e fratasado morteiro cemento | m2 | 18,19 |
I17 | Pintura plástica lisa vertical | m2 | 5,38 |
I18 | Pintura plástica lisa horizontal | m2 | 6,73 |
I19 | Revestimento de estuco | m2 | 38,58 |
I20 | Recrecido piso morteiro de cemento | m2 | 6,53 |
I21 | Formación de chanzo LHD 25x12x8 | m | 14,47 |
I28 | Falso teito escaiola lisa | m2 | 311,79 |
I29 | Falso teito modular rexistable | m2 | 18,71 |
K0 | INSTALACIÓNS | ||
Audiovisuais e telecomunicacións | |||
K01 | Equipo de captación RTV altura 3m | ud | 364,23 |
Depósitos | |||
K02 | Depósito de auga pechado 500 l | ud | 278,95 |
Electricidade | |||
K03 | Condución eléctrica Cu | m | 1,54 |
K04 | Cable BT subterraneo | ml | 17,97 |
K05 | Caixa protección monofásica | ud | 54,99 |
K06 | Caixa protección e medida monofásica | ud | 300,79 |
K07 | Interruptor control potencia 1P+N, 45 A | ud | 82,39 |
K08 | Punto de luz sinxelo | ud | 53,09 |
K09 | Punto de luz conmutado | ud | 83,06 |
K10 | Punto de luz cruzamento | ud | 113,25 |
K11 | Luminaria de emerxen cia | ud | 139,98 |
K12 | Pica posta a terra electrodos s/solo blando | ud | 26,07 |
K13 | Instalación eléctrica cociña mec/estándar | ud | 617,01 |
K14 | Instalación eléctrica salón mec/estándar | ud | 488,42 |
K15 | Instalación eléctrica dormitorio dobre mec/estándar | ud | 378,58 |
K16 | Instalación eléctrica dormitorio sinxelo mec/estándar | ud | 295,74 |
K17 | Instalación eléctrica baño mec/estándar | ud | 224,8 |
K18 | Instalación eléctrica aseo mec/estándar | ud | 114,71 |
K19 | Instalación eléctrica pasillo mec/estándar | ud | 347,67 |
K20 | Instalación eléctrica vivenda básica 3 dormitorios calidade est | ud | 4.396,45 |
Fontanería | |||
K21 | Acometida PE ent 75 mm | m | 256,38 |
K22 | Tubería alimentación | m | 6,85 |
K23 | Bomba somerxida achique 0,38 Kw | ud | 324,14 |
K24 | Quentador instantáneo de auga | ud | 388,84 |
K25 | Termo eléctrico | ud | 523,84 |
K26 | Fontanería e saneamento en aseo | ud | 198,18 |
K27 | Fontanería e saneamento en baño | ud | 252,27 |
K28 | Fontanería e saneamento en cociña | ud | 216,2 |
K29 | Instalación de desaugadoiro | ud | 38,02 |
K30 | Lavado con billas monomando | ud | 212,56 |
K31 | Bidé con billas monomando | ud | 167,14 |
K32 | Inodoro totalmente instalado | ud | 212,56 |
K33 | Instalación de auga fría e quente en vivenda | ud | 1.481,13 |
K34 | Instalación de auga fría e quente en vivenda | ud | 1.073,81 |
K35 | Instalación de gas en vivenda | ud | 323,97 |
Salubridade | |||
K36 | Pozo artesán | ud | 1.016,76 |
K37 | Pozo de barrena | ud | 1.532,74 |
K38 | Canalización de saneamento en PVC | ml | 21,3 |
K39 | Arqueta de saneamento | ud | 64,78 |
K40 | Foxa séptica formigón 5 usuarios | ud | 606,91 |
K41 | Foxa séptica prefabricada 5 usuarios | ud | 982,83 |
K42 | Inodoro tanque baixo calidade estandar 665x350 | ud | 166,56 |
K43 | Desaugadoiro inodoro saída vertical rede sanitaria | ud | 27,6 |
K44 | Desaugadoiro vertedoiro | ud | 7,34 |
Calefacción | |||
K45 | Instalación completa de calefacción en vivenda (ata 100 m2) | ud | 7.406,26 |
K46 | Instalación completa de calefacción en vivenda (a partir 100 m2) | m2 | 18,57 |
K47 | Adaptación de instalación eléctrica calefacción tarifa nocturna | ud | 740,01 |
K48 | Acumulador calefacción | ud | 740,01 |
L0 | ILLAMENTO TÉRMICO E DE ESTANQUEIDADE | ||
L01 | Illamento la mineral 40 mm 0.035W/mK fachadas | m2 | 10,08 |
L02 | Illamento pranchas poliestireno expandido | m2 | 14,9 |
L03 | Illamento espuma PUR 40/45 prox 25/30 mm | m2 | 10,43 |
L04 | Illamento mediante espuma de poliuretano | m2 | 8,33 |
M0 | URBANIZACIÓN | ||
M01 | Estrutura de gavións | m3 | 34,86 |
M02 | Muro de contención formigón armado encofrado unha cara | m3 | 363,92 |
M03 | Muro de contención formigón armado encofrado dos caras | m3 | 715,98 |
M04 | Carga de terra sobre camión con retro | m3 | 3,81 |
M05 | Carga cascallo sobre camión con pa cargadora | m3 | 4,05 |
M06 | Transporte de terras con camión 14 m3 a 5 km | m3 | 1,2 |
M07 | Corta e destocoado de árbores 15-35 cm diámetro | ud | 26,26 |
M08 | Limpeza terreos medios mecánicos | m2 | 0,93 |
M09 | Retirada terra medios mecánicos | m3 | 2,82 |
M10 | Desmonte terreo frouxo retroexcavadora | m3 | 1,54 |
M11 | Desmonte terreo compacto retroexcavadora | m3 | 2,53 |
M12 | Recheo, extendido e compactado pozos | m3 | 44,63 |
M13 | Baleirado terreo frouxo profundidade > 3 m | m3 | 6,03 |
M14 | Baleirado terreo compacto profundidade > 3 m | m3 | 7,24 |
M15 | Drenaxe de grava profundidade 120 cm | m | 14,51 |
M16 | Drenaxe tubo PVC rañurado | m | 11,97 |
M17 | Drenaxe tubo formigón | m | 23,25 |
M18 | Carga de refugallos pala cargadora | m3 | 2,34 |
M19 | Arqueta acometida domiciliaria rede xeral | ud | 103,84 |
M20 | Canalización de abastecemento fundición DN 150 | m | 97,1 |
M21 | Canalización de abastecemento poliester reforzado DN 150 | m | 48,18 |
M22 | Canalización rede de sumidoiro | m | 171,2 |
M23 | Foxa séptica formigón 5 usuarios | ud | 605,36 |
M24 | Base pavimento peonil HM-25 | m2 | 16,89 |
M25 | Pavimento continuo formigón impreso | m2 | 47,46 |
M26 | Pavimento de garavanciño | m2 | 8,13 |
M27 | Beirarrúa lousa hidraulica 40x40 | m2 | 23,93 |
M28 | Beirarrúa lousa terrazo 40x40 | m2 | 25,25 |
M29 | Beirarrúa lousa granito 60x40 | m2 | 125,49 |
M30 | Base de formigón compactado | m3 | 74,49 |
M31 | Base macadam M2 | m3 | 24,96 |
M32 | Bordo recto granito silvestre abuxardado | m | 49,35 |
M33 | Bordo curvo granito silvestre abuxardado | m | 95,16 |
M34 | Bordo recto formigón prefabricado | m | 22,16 |
M35 | Firme flexible pavimento calzada tráfico lixeiro | m2 | 17,63 |
M36 | Firme flexible pavimento calzada tráfico pesado | m2 | 38,1 |
M37 | Pavimento aglomerado asfáltico | tn | 44,76 |
M38 | Pavimento zahorra artificial | m3 | 35,18 |
M39 | Pavimento formigón | m3 | 106,54 |
M40 | Subbase granular zahorra artificial | m3 | 34,19 |
M41 | Subbase cemento CEM II/A-S 32,5N | m3 | 26,75 |
M42 | Tratamento superficial dobre emulsión bituminosa | m2 | 2,39 |
M43 | Cimentación p/báculo 10 m | ud | 97,42 |
M46 | Cimentación p/columna | ud | 42,69 |
M47 | Báculo aceiro altura 5 m espesor 3 | ud | 306,03 |
M48 | Pozo de registro | ud | 630,56 |
M49 | Pto. luz VSAP 70 w en poste | ud | 617,38 |
M50 | Pto. luz VSAP 70 w en fachada | ud | 272,37 |
M51 | Pto. luz VSAP 150 w en báculo 8-10 m | ud | 913,66 |
M52 | Sumidoiro sifónico | ud | 108,95 |
N0 | VARIOS | ||
N01 | Piscina completa (ata 150 m2) | ud | 12.101,32 |
N02 | Piscina completa (a partir de 150 m2) | m2 | 403,36 |
N03 | Piscina deportiva descuberta | m2 | 80,67 |
N04 | Galpón de madeira | m2 | 100,85 |