Dodro - ORDENANZA FISCAL Nº 1 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.
Artigo 1. FEITO IMPOÑIBLE
1. Constitúe o feito impoñible do imposto, a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obra urbanística, se obtivera ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
a) Obras de construción de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras de edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior coma o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e sumidoiros.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outras construcións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra ou urbanística.
Artigo 2. SUXEITOS PASIVOS
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen ostente a condición de dono da obra.
2. Teñen a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras, se non foran os propios contribuíntes.
Artigo 3. BASE IMPOÑIBLE, COTA E DEREITO DE PERCEPCIÓN
1. A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra.
2. A cota do imposto será o resultado de aplica á base impoñible, o tipo de gravame.
3. O imposto xerarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licenza.
4. O tipo de gravame será do 3,5%.
Artigo 4. BENEFICIOS FISCAIS
1.O Pleno da corporación poderá declarar, previa solicitude dos interesados e os informes dos técnicos municipais, que determinadas construcións, instalacións ou obras son de especial interese ou utilidade pública municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego. Dita declaración require o voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Os interesados deberán efectuar a solicitude de bonificación no momento en que se efectúe a solicitude da licenza de obra e, en todo caso, antes do inicio das mesmas, o que se acreditará co certificado expedido polo técnico director da obra; a solicitude de declaración de utilidade pública polo pleno, suspenderá o prazo para a resolución da solicitude de licenza, que se retomará na data de declaración ou denegación polo Pleno da utilidade pública solicitada.
Declarada dita utilidade á Xunta de Goberno Local poderá aplicar unha bonificación de ata o 45% da cota en atención ós documentos existentes no expediente e que motivaron a declaración de especial interese ou utilidade pública municipal.
Respecto das solicitudes de bonificación fundamentadas no fomento do emprego, unicamente poderán acollerse a este beneficio as solicitudes de licenza para obra maior de construción de vivenda, debendo emitirse informe técnico ao respecto.
Declarada a utilidade polo Pleno, a Xunta de Goberno Local practicará a liquidación provisional do 100% da cota do imposto no acordo de concesión da licenza e os interesados, antes de transcorrer 4 anos dende o pagamento da liquidación provisional do imposto sobre construcións instalación e obras, poderán solicitar á Xunta de Goberno Local a devolución do importe bonificado, previa acreditación documental da creación de emprego.
3. Á solicitude dos interesados, e previos os informes dos técnicos municipais, a Xunta de Goberno Local poderá conceder unha bonificación de ata o 50% a favor das construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.
4. Á solicitude dos interesados, e previos os informes dos técnicos municipais, á Xunta de Goberno Local, poderá conceder unha bonificación de ata o 90% a favor das construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados
5. A Xunta de Goberno Local determinará, en cada caso, se todas ou algunhas das bonificacións reguladas neste artigo son ou non aplicables simultaneamente.
Se o foran, aplicaranse de forma simultánea e sucesiva, segundo a orde na que aparezan reguladas.
Artigo 5. XESTIÓN
1. Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polo interesados, sempre que o mesmo fora visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais, de acordo co custo estimado do proxecto.
2. Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo, ou reintegrándolle no seu caso, a cantidade que corresponda.
3. O Concello establece con carácter obrigatorio, que a liquidación do imposto esixirase en réxime de autoliquidación, no momento da presentación da instancia de solicitude.
Artigo 6. INSPECCIÓN E RECADACIÓN
A inspección e recadación do imposto realizaranse de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 7. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que polas mesmas corresponda a cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 49 e 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.