Ribeira - ORDENANZA NÚMERO 35, REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DO CENTRO DE ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA DE RIBEIRA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 26/05/2005 BOP Nº: 118
Aplicable dende: 26/05/2005

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.B), os dous da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Ribeira, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.

Artigo 2. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados polo centro de atención á primeira infancia de Ribeira.

Artigo 3. Contías.

3.2 No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servicio de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utilizar o servizo algún día solto, o prezo será de dous euros/día. E o pago deste servicio realizarase xunto coa cota do mes seguinte.

3.3. No caso de asistencias puntuais de nenos á gardería municipal, establécese unha tarifa de tres euros por hora.

3.4. Enténdese por renda per cápita mensual familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Enténdese por unidade familar a formada polos cónxuxes (ou personas vinculadas por relación afectiva análoga) e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ó 33%. No caso caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

Artigo 4. Reduccións.

1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por cento no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b) 20 por cento no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c) 20 por cento no caso de asistencia dalgún irmán á mesma escola infantil municipal. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 por cento por cada neno/a.

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

Artigo 5. Obriga de pagamento.

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servicio.

Cando por circunstancias sobrevidas, o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.

Artigo 6. Normas de xestión.

Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase por adiantado nos primeiros 10 días de cada mes, no servicio de Tesourería do Concello de Ribeira.

Disposición final.

O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servicio do centro de atención á primeira infancia de Ribeira, foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2004. Entrará en vigor unha vez que se cumpra o esixido no artigo 49 de LRBRL, e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local.