Ribeira - Ordenanza núm. 35, reguladora do Prezo Público pola prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Riveira
Artigo 1. Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Riveira, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.
Artigo 2. Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados polo centro de atención á primeira infancia de Ribeira.
Artigo 3. Contías.
3.1. Establécense as seguintes contías para o prezo público:
ASISTENCIA REGULAR Ó CENTRO
.-Tarifa 1.-Familias con renda per cápita mensual superior ó 150% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 2.-Familias con renda per cápita mensual entre o 100% e o 150% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 3.-Familias con renda per cápita mensual entre o 75% e o 100% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 4.-Familias con renda per cápita mensual entre 50% e o 75% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 5.-Familias con renda per cápita mensual inferior ó 50% do I.P.R.E.M.
Tarifa X. Escolar X. Mañá. X.Tarde
1 110 € 110 € 94,26 €
2 99 € 99 € 84,83€
3 66 € 66 € 56,56€
4 33 € 33 € 28,28€
5 Exentas Exentas Exentas
HORARIO AMPLIADO SOBRE A ASISTENCIA REGULAR ORDINARIA
.-Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 30 % do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do I.P.R.E.M.
SERVICIO DE COMEDOR
.-Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 100 % do I.P.R.E.M.
Tarifa Hora
extra
1 13,75
2 6,88 €
3 Exenta
.-Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do I.P.R.E.M.
.-Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do I.P.R.E.M.
3.3 No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servicio de comedor e que excepcionalemente, e por motivos xustificados, desexen utiliza-lo servizo algún día solto, o prezo será de 2 euros/día. E o pago deste servicio realizarase xunto coa cota do mes seguinte.
3.3. No caso de asistencias puntuais de nenos á gardería municipal, establécese unha tarifa de 3 euros por hora. Asimesmo, establécese un bono de asistencias punuais de 20 euros para 10 horas.
3.4. Enténdese por renda per cápita mensual familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre
Enténdese por unidade familar a formada polos conxuxes (ou personas vinculadas por relación afectiva análoga) e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ó 33 %. No caso caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
ARTIGO 4.- Actividades complementarias
A aprobación individualizada de cada precio a aplicar para este tipo de actividades complementarias ó servicio prestado pola guardería municipal, corresponderá á Xunta de Goberno Local a proposta da Alcaldía - Presidencia, previa consulta cos portavoces dos distintos grupos políticos, á vista das propostas presentadas.
ARTIGO 5.- Reduccións
1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:
a) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.
b) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.
c) 20 por 100 no caso de asistencia dalgún irmán á mesma Escola Infantil Municipal. No caso de que estesd irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 por cen por cada neno/a.
Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
Tarifa Al. Xan. Me.
1 € 33 € €
2 € € €
3 Exentas Exentas Exentas
ARTIGO 6.- Obriga de pagamento.
A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta Ordenanza nace desde o momento en que se preste o servicio.
Cando por cincunstancias sobrevidas, o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade á día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.
ARTIGO 7.- Normas de xestión.
Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase por adiantado nos primeiros 15 días de cada mes, no servicio de Tesourería do Concello de Riveira.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, reguladora do Prezo Público pola prestación do servizo do centro de atención á primeira Infancia de Riveira, foi aprobado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2006, entrando a mesma en vigor e sendo polo tanto de aplicación, a partires do día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.