Ribeira - Ordenanza núm. 35, reguladora do Prezo Público pola prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Riveira

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/10/2006 BOP Nº: 240
Aplicable dende: 19/10/2006

Artigo 1. Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41.B), os dous da Lei 39/1998, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Ribeira, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.

Artigo 2. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó prezo público regulamentado nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados polo centro de atención á primeira infancia de Ribeira.

Artigo 3. Contías.

3.1. Establécense as seguintes contías para o prezo público:

ASISTENCIA REGULAR Ó CENTRO

 

.-Tarifa 1.-Familias con renda per cápita mensual superior ó 150% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 2.-Familias con renda per cápita mensual entre o 100% e o 150% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 3.-Familias con renda per cápita mensual entre o 75% e o 100% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 4.-Familias con renda per cápita mensual entre 50% e o 75% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 5.-Familias con renda per cápita mensual inferior ó 50% do I.P.R.E.M.

 

Tarifa X. Escolar X. Mañá. X.Tarde
1 110 euros 110 euros 94,26 euros
2 99 euros 99 euros 84,83euros
3 66 euros 66 euros 56,56euros
4 33 euros 33 euros 28,28euros
5 Exentas Exentas Exentas

 

HORARIO AMPLIADO SOBRE A ASISTENCIA REGULAR ORDINARIA

 

.-Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 30 % do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do I.P.R.E.M.

 

Tarifa Hora extra
1 13,75
2 6,88 euros
3 Exenta

 

SERVICIO DE COMEDOR

 

.-Tarifa 1.- Familias con renda per cápita mensual superior ó 100 % do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 2.- Familias con renda per cápita mensual entre o 30 % e o 100% do I.P.R.E.M.

.-Tarifa 3.- Familias con renda per cápita mensual inferior ó 30 % do I.P.R.E.M.

 

Tarifa Al. Xan. Me.
1 18,03 euros 33 euros 18,03 euros
2 9,02 euros 16,50 euros 9,02 euros
3 Exentas Exentas Exentas

Artigo 4. Reduccións.

1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por cento no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b) 20 por cento no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c) 20 por cento no caso de asistencia dalgún irmán á mesma escola infantil municipal. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 por cento por cada neno/a.

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

Artigo 5. Obriga de pagamento.

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que se preste o servicio.

Cando por circunstancias sobrevidas, o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.

Artigo 6. Normas de xestión.

Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase por adiantado nos primeiros 15 días de cada mes, no servicio de Tesourería do Concello de Riveira.

Disposición final.

O presente texto normativo regulador do prezo público pola prestación do servicio do centro de atención á primeira infancia de Ribeira, foi aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2004. Entrará en vigor unha vez que se cumpra o esixido no artigo 49 de LRBRL, e se publique o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local.