Ribeira - Ordenanza núm. 35, reguladora do Prezo Público pola prestación do servicio público do centro de atención á primeira infancia de Riveira

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 27/08/2013 BOP Nº: 162
Aplicable dende: 27/08/2013

ARTIGO 1.- Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público por prestación do servizo público do centro de atención á primeira infancia de Riveira, especificando as tarifas no artigo 3 seguinte, que se rexerán polo presente texto normativo.

ARTIGO 2.- Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao prezo público regulamentado nesta Ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados polo centro de atención á primeira infancia de Riveira.

ARTIGO 3.- Contías.

3.1. Establécense as seguintes contías para o prezo público:

ASISTENCIA REGULAR Ó CENTRO

· Tarifa 1.-Familias con renda per cápita mensual superior ao 200 % do I.P.R.E.M.

· Tarifa 2.-Familias con renda per cápita mensual entre o 150 % e o 200% do I.P.R.E.M.

· Tarifa 3.-Familias con renda per cápita mensual entre o 125 % e o 150 % do I.P.R.E.M.

· Tarifa 4.-Familias con renda per cápita mensual entre o 100 % e o 125 % do I.P.R.E.M.

· Tarifa 5.-Familias con renda per cápita mensual inferior ao 75 % e o 100 € do I.P.R.E.M.

· Tarifa 6: Familias con renda per cápita mensual inferior ao 50 % e o 75 %do I.P.R.E.M.

· Tarifa 7: Familias con renda per cápita mensual inferior ao 50 % do I.P.R.E.M.

Renda per cápita MES

Xornada completa

Media xornada

Tarifa 7

Ata -50% IPREM

0 €

0 €

Tarifa 6

50%- -75% IPREM

33 €

16,50 €

Tarifa 5

75%- -100% IPREM

66 €

33,00 €

Tarifa 4

100%- -125% IPREM

106 €

53,00 €

Tarifa 3

125%- -150% IPREM

126 €

63,00 €

Tarifa 2

150%- -200% IPREM

139 €

69,50 €

Tarifa 1

200% e + IPREM

160 €

80,00 €

HORARIO AMPLIADO SOBRE A ASISTENCIA REGULAR ORDINARIA

Con carácter excepcional os/as usuarios/as poderán ampliar a súa xornada de atención educativa mediante a solicitude de horas extraordinarias, sempre que acrediten a súa necesidade.

O prezo mensual por cada hora en que se incremente o horario de atención educativa adxudicado ao usuario ou usuaria será de 20 €.

O prezo de hora extraordinaria non estará suxeito a ningunha redución.

SERVIZO DE COMEDOR

Os prezos de xantar, almorzo e merenda non están suxeitos a ningunha redución.

TARIFA

XANTAR

ALMORZO

MERENDA

1

70,00€

22,00€

22,00€

3.2 No caso de nenos/as que non utilicen habitualmente o servizo de comedor e que excepcionalmente, e por motivos xustificados, desexen utilizar o servizo algún día solto, o prezo será de 4 €/día. e o pago deste servizo realizarase xunto coa cota do mes seguinte.

3.3. No caso de asistencias puntuais de nenos á gardería municipal, establécese unha tarifa de 3 € por hora.

3.4. Enténdese por renda per cápita mensual familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar, o cociente resultante de dividir entre 12 a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Enténdese por unidade familiar a formada polos cónxuxes (ou persoas vinculadas por relación afectiva análoga) e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos cunha minusvalía superior ó 33 %. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro do ano anterior.

ARTIGO 4.- Revisión do prezo.

Ao longo do curso poderase proceder á revisión do prezo fixado inicialmente, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:

a) A modificación das variables que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) As variacións nos seus ingresos, que impliquen unha modificación substancial na súa capacidade económica. Só se terán en conta as variacións de ingresos cando supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos ingresos declarados na solicitude da praza. Estas variacións deberán ter unha duración temporal dun mínimo de 4 meses para ser tidas en conta e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, dun informe dos servizos sociais do concello de Riveira ou por calquera outra documentación que, a xuízo da Comisión de Baremación xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

Neste sentido a/o beneficiaria/o queda obrigada/o a comunicar calquera variación que se produza ao respecto.

A modificación do prezo, de ser o caso, resolveraa a Comisión de Baremación e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

ARTIGO 5.- Actividades complementarias.

A aprobación individualizada de cada prezo a aplicar para este tipo de actividades complementarias ao servizo prestado pola Escola Infantil Municipal, corresponderá á Xunta de Goberno Local a proposta da Alcaldía - Presidencia, previa consulta cos portavoces dos distintos grupos políticos, á vista das propostas presentadas.

ARTIGO 6.- Reducións.

1. Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplicar das cotas resultantes as tarifas establecidas no artigo 3.1 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos que non son acumulables:

a) Nenos e nenas pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 por 100 .

b) Nenos e nenas pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 por 100.

c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, segundo e sucesivos terán un desconto dun 20 por 100.

ARTIGO 7.- Obriga de pagamento.

A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta Ordenanza nace desde o momento en que se preste o servizo.

Cando por circunstancias sobrevidas, o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ao día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.

Cando por causas imputables ao centro (calendario escolar ou calquera outra), o servizo deixara de ser prestado durante un período de cando menos 15 días dentro do mesmo mes, as contías a aboar por asistencia regular experimentarán, na mensualidade correspondente, unha minoración do 50 %.

ARTIGO 8.- Normas de xestión.

Unha vez resolta favorablemente a solicitude de admisión formulada polo interesado, o pagamento dos prezos das distintas mensualidades farase mediante domiciliación bancaria nos 5 primeiros días do me seguinte.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza fiscal, reguladora do Prezo Público pola prestación do servizo do centro de atención á primeira Infancia de Riveira, foi aprobado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 30 de xullo de 2012, entrando a mesma en vigor e sendo polo tanto de aplicación, a partires do día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.