Índice
Redaccións
Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 17 TAXA POR SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO
Publicación provisional:
BOP Nº:
Publicación definitiva:
23/12/2007
BOP Nº:
293
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa de recollida de lixo, que se regula pola presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no artigo 57 do devandito Real decreto.
Artigo 2º. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos, aínda que eventualmente e por vontade do usuario non se faga uso do servizo.
2. A tal efecto, considéranse lixos domiciliarios e residuos sólidos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e se exclúen de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou tal que a súa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3. Non estará suxeita a taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servizos:
a) Recollida de lixo e de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de escombros de obras.
Artigo 3º. Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 de Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufrutuario, arrendatario ou precarista. Cando se trate de servizos prestados previa solicitude será suxeito pasivo o solicitante ou causante da prestación.
2. No caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da empresa prestadora do servizo de distribución de augas, presumirase que é suxeito pasivo o titular do abono ao citado servizo, e no caso de establecementos nos que se realicen actividades económicas, a persoa física ou xurídica que figura como suxeito pasivo no Imposto sobre Actividades Económicas e nos restantes tributos municipais que graven ou poidan gravala actividade desenvolvida.
3. Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles nos que se preste o servizo, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, aos respectivos beneficiarios.
Artigo 4º. Responsables.
1- Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 5º. Cota tributaria.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por unidade de local, determinada en función da natureza e destino dos inmobles.
2. A tal efecto aplicarase a seguinte tarifa:
Concepto | Importe | |
Recollida Urbana | Recollida Rústica | |
Epígrafe 1.Vivendas ¹ | ||
Por cada vivenda | 5,20 | 2,60 |
Epígrafe 2. Aloxamentos ² | ||
Hoteis, moteis, hoteis-apartamentos | 32,50 | 32,50 |
Pensións e casas de hóspedes, centros hospitalarios, colexios e outros análogos | 19,50 | 19,50 |
Epígrafe 3. Establecementos de alimentación | ||
Supermercados, economatos e cooperativas ata 250 m² | 36,40 | 19,50 |
Supermercados, economatos e cooperativas de máis de 250 m² | 49,40 | 49,40 |
Almacéns o por maior de froitas, verduras, e hortalizas. | 49,40 | 42,90 |
Pescaderías, carnicerías e similares | 29,90 | 29,90 |
Epígrafe 4. Establecementos de restauración. | ||
Restaurantes | 29,90 | 29,90 |
Cafeterías | 23,40 | 23,40 |
Cafeterías especiais | 26,00 | 26,00 |
Bares | 19,50 | 13,00 |
Tabernas | 15,60 | 10,40 |
Epígrafe 5. Establecementos de espectáculos públicos | ||
Salas de festas, discotecas e Karaokes ou similares | 36,40 | 36,40 |
Epígrafe 6. Outros locais industriais e mercantís | ||
Centros oficiais | 6,50 | 6,50 |
Oficinas bancarias | 10,40 | 9,75 |
Grandes almacéns | 42,90 | 42,90 |
Demais locais non expresamente tarifados | 16,90 | 13,00 |
Epígrafe 7. Despachos profesionais | ||
Por cada despacho ³ | 6,50 | 5,20 |
¹ Enténdese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de 10 prazas.
² Enténdese por aloxamento aqueles locais de convivencia colectiva non familiar, entre os que se inclúen hoteis, pensións, residencias, centros hospitalario, colexios e demais centros de natureza análoga, sempre que excedan de 10 prazas.
³ No suposto de que a oficina ou establecemento estea situado na mesma vivenda, sen separación, aplicarase unicamente a tarifa precedente quedando englobada nela a do epígrafe 1.
3. As cotas sinaladas na tarifa teñen o carácter de irredutibles e corresponden a un mes.
Artigo 6º. Devengo e período impositivo.
1. Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
2. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da prestación do servizo caso no que abarcará dende esa data ata o remate do ano natural.
Artigo 7º. Xestión.
1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en matrícula presentando, ó efecto, a correspondente declaración de alta.
2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que xurdirán efectos a partires do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectuara a declaración.
3. Período de cobranza:
a) No caso do servizo de recollida de lixo en zona rústica o cobro das cotas efectuarase anualmente mediante recibo derivado da matricula.
b) No caso do servizo de recollida de lixo en zona urbana o cobro das cotas efectuarase mediante expedición trimestral dos recibos conxuntamente cos da taxa auga potable e depuración e saneamento de augas residuais.
Artigo 8º. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007 entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación partires do 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.