Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 17 TAXA POR SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 12/01/2012 BOP Nº: 8
Aplicable dende: 12/01/2012

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa de recollida de lixo, que se regula pola presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no artigo 57 do devandito Real decreto.

Artigo 2º. Feito impoñible.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida e tratamento de lixo e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos, aínda que eventualmente e por vontade do usuario non se faga uso do servizo.
2. A tal efecto, considéranse lixos domiciliarios e residuos sólidos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e se exclúen de tal concepto os residuos de tipo industrial, escombros de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou tal que a súa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3. Non estará suxeita a taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servizos:
a) Recollida de lixo e de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de escombros de obras.

Artigo 3º. Suxeito pasivo.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 de Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario, usufrutuario, arrendatario ou precarista. Cando se trate de servizos prestados previa solicitude será suxeito pasivo o solicitante ou causante da prestación.
2. No caso de vivendas ou locais nos que a cota se recade a través do recibo da empresa prestadora do servizo de distribución de augas, presumirase que é suxeito pasivo o titular do abono ao citado servizo, e no caso de establecementos nos que se realicen actividades económicas, a persoa física ou xurídica que figura como suxeito pasivo no Imposto sobre Actividades Económicas e nos restantes tributos municipais que graven ou poidan gravala actividade desenvolvida.
3. Terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios dos inmobles nos que se preste o servizo, que poderán repercutir as cotas, no seu caso, aos respectivos beneficiarios.

Artigo 4º. Responsables.

1- Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Artigo 5º. Cota tributaria.

1. A Cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por unidade de local, determinada en función da natureza e destino dos inmobles.

2. A tal efecto aplicaranse as seguintes tarifas:

Concepto

Importe

Recollida urbana

Recollida rústica

Epígrafe 1.-Vivendas

Vivendas de familias numerosas, de persoas beneficiarias da RISGA e/ouemerxencia social e familias con discapacitados de minusvalía igual ou superior ao 65%

4,42

2,21

Vivendas non incluídas nas categorías anteriores

6,332

3,15

Epígrafe 2.-Entidades financeiras

Oficinas bancarias, de caixas de aforro ou outras entidades financeiras

21,90

20,53

Epígrafe 3.-Aloxamentos

Hoteis, moteir e hoteis-apartamentos

51,31 máis 0,27 por habitación

Hostais, pensións, fondas, casas de turismo rural e análogos

26,32 máis 0,27 por habitación

Epígrafe 4.-Establecementos de espectáculos públicos e restauración

Salas de festas, discotecas e salas de baile

47,90

47,90

Pubs, karaokes, cibercafés, cafés teatro e similares

34,21

34,21

Cafeterías

30,79

30,79

Bar, café-bar, tabernas e similares

25,65

17,10

Restaurantes, pizzerías, hamburgueserías, parrilladas e similares ata 100 m²

39,33

39,33

Restaurantes, pizzerías, hamburgueserías, parrilladas e similares ata 500 m²

58,95

58,95

Restaurantes, pizzerías, hamburgueserías, parrilladas e similares de máis de 500 m²

88,42

88,42

Epígrafe 5.-Establecementos de alimentación

Supermercados até 200 m²

47,90

25,65

Supermercados de máis de 200 m² e menos de 1.000 m²

83,20

83,20

Supermercados de máis de 1.000 m²

104,00

104,00

Ultramarinos, froiterías, panaderías, carnecerías e alimentación en xeral ata 50 m²

25,65

17,10

Ultramarinos, froiterías, panaderías, carnecerías e alimentación en xeral de 51 a 100m²

34,12

22,75

Ultramarinos, froiterías, panaderías, carnecerías e alimentación en xeral de 101 a 200m²

45,37

30,26

Ultramarinos, froiterías, panaderías, carnecerías e alimentación en xeral de máis de 200 m²

47,90

40,24

Epígrafe 6.-Xestorías, aseguradoras, inmobiliarias e demais despachos profesionais

Ata 70 m²

11,58

8,42

De máis de 70 m²

15,79

11,58

Epígrafe 7.-Farmacias, parafarmacias e similares

15,79

11,58

Epígrafe 8.-Centros de ensino, academias e autoescolas

Ata 70 m²

11,58

11,58

De 71 a 150 m²

15,79

15,79

De 151 a 300 m²

18,95

18,95

De máis de 300 m²

21,05

21,05

De máis de 300 m² con comedor

26,32

26,32

Epígrafe 9.-Hospitais, clínicas, xeriátricos, residencias e similares

Clínicas até 100 m²

15,32

15,32

Clínicas de máis de 100 m²

20,42

20,42

Hospitais e xeriátricos

51,31 máis 0,27 por habitación

Epígrafe 10.-Almacéns, ferraxerías, talleres, industrias, venda de maquinaria e similares

Ata 200 m²

22,37

22,37

De 201 a 500 m²

44,74

22,37

De 501 a 1.500 m²

89,48

22,37

De máis de 1.500 m²

178,95

22,37

Epígrafe 11.-Comercio retallista

Ata 50 m²

11,58

8,42

De 51 a 100 m²

15,79

11,58

De 101 a 200 m²

26,32

19,28

De máis de 200 m²

45,38

45,38

Epígrafe 12.-Gasolineiras

26,32

26,32

Epígrafe 13.-Outros non clasificados nos apartados anteriores

Até 200 m²

22,24

17,10

De máis de 200 m²

44,48

34,21

Epígrafe 14.-Baixos desocupados

6,33

3,15

¹ Enténdese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non excedan de 10 prazas.

² Enténdese por aloxamento aqueles locais de convivencia colectiva non familiar, entre os que se inclúen hoteis, pensións, residencias, e demais centros de natureza análoga, sempre que excedan de 10 prazas. No suposto de que teñan restaurante a tarifa será a suma de categoría de hotel/hostal e a metade da categoría de restaurante segundo a superficie.

³ No suposto de que a oficina ou establecemento estea situado na mesma vivenda, sen separación, aplicarase unicamente a tarifa precedente quedando englobada nela a do epígrafe 1.

3. Para los efectos desta taxa se entenderá como superficie a computable tal e como se define na Tarifa e Instrución do imposto sobre actividades económicas (Real Decreto Lexislativo 1.175/1990, do 28 de setembro)

4. As cotas sinaladas na tarifa teñen o carácter de irreductibles e corresponden a un mes."

Artigo 6º. Devengo e período impositivo.

1. Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
2. O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de inicio da prestación do servizo caso no que abarcará dende esa data ata o remate do ano natural.

Artigo 7º. Xestión.

1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en matrícula presentando, ó efecto, a correspondente declaración de alta.
2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que xurdirán efectos a partires do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectuara a declaración.
3. Período de cobranza:
a) No caso do servizo de recollida de lixo en zona rústica o cobro das cotas efectuarase anualmente mediante recibo derivado da matricula.
b) No caso do servizo de recollida de lixo en zona urbana o cobro das cotas efectuarase mediante expedición trimestral dos recibos conxuntamente cos da taxa auga potable e depuración e saneamento de augas residuais.

Artigo 8º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza fiscal, aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Ordes en sesión celebrada o 29 de outubro de 2007 entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación partires do 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.