Ordes - ORDENANZA FISCAL Nº 17 REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Publicación provisional: 13/11/2024 BOP Nº: 219
Publicación definitiva: 31/12/2024 BOP Nº: 251
Aplicable dende: 01/01/2025

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Con data 9 de abril de 2022 publicouse no BOE a Lei 7/2022, do 8 de abril, sobre Residuos e Chans Contaminados para unha Economía Circular.

Entre os múltiples aspectos aos que fai referencia esta Lei é destacable o financiamento das actividades que con relación aos residuos, á súa recollida, tratamento e reciclaxe, son atribuídas ás entidades locais. Así pois, o artigo 12.5 da Lei sinala que é un servizo obrigatorio e o cumprimento destas obrigas esixirán un enorme volume de recursos económicos.

É o artigo 11.3 da Lei de Residuos o que establece como se financiarán os custes de xestión do tratamento dos residuos de competencia local, dispoñendo que os entes locais establecerán no prazo de tres anos a contares desde a entrada en vigor da Lei, unha taxa específica diferenciada e non deficitaria, que permita implantar sistemas de pago por xeración, e que reflicta o custe real directo e/ou indirecto das operacións de recollida, transporte e tratamento dos residuos incluíndo os servizos de mantemento e vixilancia posterior ao peche dos vertedoiros, as campañas de concienciación e comunicación, así como os ingresos derivados da aplicación da responsabilidade ampliada do produtor, da venda de materiais e de enerxía.

Co obxectivo de dar cumprimento ao mandato do artigo 11.3 da Lei 7/2022, do 8 de abril, o Concello de Ordes elaborou a presente ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos.

A presente ordenanza fiscal alíñase deste xeito cos principios e obxectivos da Directiva (UE) 2018/851 que modifica a Directiva 2008/98/CE do 30 de maio de 2018 sobre residuos e a Lei 7/2022, do 8 de abril, adaptando as obrigacións e medidas establecidas pola dita normativa ao contexto local do municipio. Deste xeito preténdese contribuír á transición cara unha economía circular, onde os residuos sexan xestionados dun xeito sustentable e se minimice o seu impacto no entorno urbano e natural, servíndose para isto dun instrumento económico municipal como é a taxa de residuos.

Na súa elaboración tívose en conta o literal do artigo 11.3 da LRCC, o cal establece que a taxa permita implantar sistemas de pagamento por xeración. Por tanto, a norma non impón a obrigación taxativa de esixir unha taxa totalmente individualizada para cada suxeito pasivo con efectos a partir do 10 de abril de 2025, senón que o que pretende é que paulatinamente se incorporen estes sistemas, en consonancia co principio de xerarquía de residuos e de quen contamina paga que preside dita regulación.

Agora ben, o Concello de Ordes establece nesta Ordenanza Fiscal un sistema de pago por xeración elemental. En adiante, poderán aplicarse sistemas máis avanzados de pago por xeración.

Contémplase unha tarifa fixa para as vivendas, así como para a totalidade dos usuarios do servizo, de forma coincidente coa tarifa mínima a pagar nos locais nos que non se iniciase ou se teña suspendida a actividade, tendo en conta, por unha banda a non produción de residuos e por outra o deber de contribuír aos custes do establecemento do servizo de recollida contemplado como un servizo de recepción obrigatoria.

A dita tarifa servirá, tamén, como cota base para as actividades económicas.

Para as actividades comerciais, o importe final da taxa de cada comercio ou actividade calculouse segundo os custes agardados da xestión de residuos en función do tipo de fraccións a xerar e a superficie dos locais.

Así pois, tres aspectos desta taxa resultan especialmente rechamantes, a saber:

A obrigatoriedade da mesma imposta pola Lei 7/2022, do 8 de abril, que non ten carácter tributario.

A necesidade de que a taxa non sexa deficitaria.

A obriga de comunicar ás autoridades competentes da Comunidade Autónoma tanto da taxa como dos cálculos utilizados para a súa confección. 

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 c) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, que se regula pola presente Ordenanza Fiscal segundo o previsto no artigo 57 do devandito Real decreto.

No mesmo contexto, a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, determina a necesidade de articular taxas ou prestacións de carácter público non tributario, que sexan diferenciadas e específicas para os servizos que deben prestar dentro da súa competencia.

Artigo 2º.- Feito impoñible.

1.- O feito impoñible desta taxa vén determinado pola prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de residuos municipais no termo municipal de Ordes, así como o seu transporte aos centros tratamento/valorización e eliminación. A obriga de contribuír deriva da prestación do servizo público, que ao ter a condición xeral e obrigatoria, entenderase utilizado por todos os titulares, de vivendas, aloxamentos, recintos deportivos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos. Inclúense no concepto de local os locais ou recintos, cubertos ou non, onde se exerzan actividades de todo xénero, mesmo a mera dirección ou xestión da actividade.

2.- A estes efectos, considéranse como residuos municipais os definidos no apartado av) do artigo 2 da citada Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, estando excluídos deste concepto os fluxos de residuos que non se atoparan comprendidos nesa definición coma os refugallos de tipo industrial, entullos de obra, detritus humanos, refugallos médicos, materiais contaminados ou contaminantes, corrosivos, perigosos ou aqueles que esixan na súa recolleita a adopción de especiais medidas de hixiene, profilácticas ou de seguridade, conforme ao que estableza a Ordenanza Municipal reguladora do servizo no termo municipal de Ordes.

3.- O servizo de recollida de lixo enténdese prestado en todo o termo municipal, sendo de recepción obrigada. A organización e funcionamento do servizo subordinarase ás normas que dite este Concello para a súa regulamentación.

5.- O concello poderá xirar liquidación a todo inmoble do termo municipal que teña á súa disposición o Servizo, con independencia de que o utilice ou non, dado que este é de recepción obrigada. A estes efectos todos os inmobles con subministración de auga potable e/ou electricidade recibirán o servizo de xeito obrigado, por entenderse en condicións de seren utilizados. O mero feito de non dispor de algún ou ningún dos servizos anteriores non implicará que se entenda como non prestado o servizo. 

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.

1.- Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades sinaladas no artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen calquera clase de inmoble, como vivenda ou local, ben sexa a título de propiedade, arrendamento, ou calquera outro dereito real ou de uso, mesmo en precario.

2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o propietario dos devanditos inmobles, que poderá repercutir as cotas sobre os usuarios ou beneficiarios do servizo.

3.- No caso que o inmoble se destine a uso como vivenda, o Concello de Ordes emitirá as liquidacións contra o propietario, se fose coñecido, ou, en caso contrario, contra o ocupante do inmoble, que disporá dun prazo de 15 días hábiles, desde a recepción da mesma, para achegar proba do seu título habilitante para ocupar a vivenda e da identidade do propietario da mesma, a fin de que o Concello emita nova liquidación a nome do propietario.

4.- A liquidación nos supostos de locais de negocio ou de realización de actividades económicas ou asimiladas realizarase a nome do titular da alta no censo da actividade ou do titular da explotación da actividade, como contribuínte do tributo. 

Artigo 4º.- Responsables.

En materia de sucesión e responsabilidade serán aplicables os artigos 39 a 43 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, e a normativa que a desenvolve ou complemente. 

Artigo 5º.- Beneficios fiscais.

Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais nos tributos locais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos tratados internacionais.

Con todo, tamén poderán recoñecerse os beneficios fiscais que as entidades locais establezan nas súas ordenanzas fiscais nos supostos expresamente previstos pola lei.

De conformidade co disposto no artigo 11, apartado 3, letra ¿d¿, da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, aplicarase unha bonificación do 50% na cota para os inmobles de uso residencial a favor dos suxeitos pasivos que se atopen en risco de exclusión social, previo informe favorable dos servizos sociais do Concello. A solicitude desta bonificación deberá presentarse antes do 31 de decembro para que teña efectos no exercicio seguinte e deberá ser renovada anualmente. 

Artigo 6º.- Período impositivo e devindicación.

1.- O período impositivo coincide co ano natural, excepto cando se trate de supostos de alta, baixa ou variación producidos durante o período impositivo, no que as cotas serán rateables por trimestres naturais, conforme se sinale nas normas de xestión da presente ordenanza.

2.- Devindicarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír o día primeiro de xaneiro de cada ano. Nos casos de alta ou modificación a devindicación coincidirá coa data de incorporación dos inmobles ou inicio/modificación da actividade.

Artigo 7º.- Cota tributaria.

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por unidade de local, determinada en función da natureza, destino e (de ser o caso) superficie dos inmobles.

2.- Para tales efectos aplicaranse as seguintes tarifas:


 


Urbana

Rústica

Epígrafe 1.- Vivendas¹

 


 


Vivendas de persoas ou unidades familiares en risco de exclusión social

58,25

53,69

Vivendas non incluídas na categoría anterior

116,50

107,37

Epígrafe 2.- Entidades financeiras

 


 


Oficinas bancarias ou similares

 


 


Ata 100 m2

333,79

 


De 100 a 150 m2

410,03

 


De 150 a 200 m2

474,85

 


De 200 a 300 m2

583,50

 


De 300 a 400 m2

692,15

 


De 400 a 1000 m2

1.040,00

 


> 1000 m2

1.637,56

 



 


 


Epígrafe 3.- Aloxamentos²

 


 


Hoteis, hostais, moteis e hoteis apartamentos

 


 


Ata 100 m2

487,18

 


De 100 a 150 m2

616,82

 


De 150 a 200 m2

728,21

 


De 200 a 300 m2

913,55

 


De 300 a 400 m2

1.098,89

 


De 400 a 1000 m2

1.691,88

 


> 1000 m2

2.711,25

 


Casas de turismo rural

 


 


Ata 100 m2

403,91

 


De 100 a 150 m2

507,63

 


De 150 a 200 m2

596,74

 


De 200 a 300 m2

745,01

 


>300 m2

893,28

 


Epígrafe 4.- Establecementos de espactáculos públicos e restauración

 


 


Salas de festas, discotecas, salas de baile, pubs, karaokes, cafetarías e similares

 


 


Ata 50 m2

301,84

 


De 50 a 75 m2

394,51

 


De 75 a 100 m2

487,18

 


De 100 a 150 m2

616,82

 


De 150 a 200 m2

728,21

 


De 200 a 300 m2

913,55

 


De 300 a 400 m2

1.098,89

 


De 400 a 1000 mº

1.691,88

 


> 1000 m2

2.711,25

 


Bar, café bar, tabernas e similares

 


 


Ata 50 m2

301,84

255,73

De 50 a 75 m2

394,51

329,69

De 75 a 100 m2

487,18

404,10

De 100 a 150 m2

616,82

507,72

De 150 a 200 m2

728,21

596,74

De 200 a 300 m2

913,55

745,10

De 300 a 400 m2

1.098,89

893,01

> 400 m2

1.691,88

1.367,77

Restaurantes, pizzerías, hamburgueserías, parrilladas e similares

 


 


Ata 50 m2

381,27

 


De 50 a 75 m2

513,66

 


De 75 a 100 m2

646,04

 


De 100 a 150 m2

831,38

 


De 150 a 200 m2

990,24

 


De 200 a 300 m2

1.255,01

 


De 300 a 400 m2

1.519,78

 


De 400 a 1000 mº

2.367,05

 


De 1000 a 3000 m2

3.823,28

 


> 3000 m2

5.676,21

 


Epígrafe 5.- Establecementos de alimentación

 


 


Supermercados

 


 


Ata 50 m2

381,27

 


De 50 a 75 m2

513,66

 


De 75 a 100 m2

646,04

 


De 100 a 150 m2

831,38

 


De 150 a 200 m2

990,24

 


De 200 a 300 m2

1.255,01

 


De 300 a 400 m2

1.519,78

 


De 400 a 1000 mº

2.367,05

 


De 1000 a 3000 m2

3.823,28

 


> 3000 m2

5.676,21

 


Ultramarinos, froiterías, panaderías, carnecerías, peixerías e alimentación en xeral

 


Ata 50 m2

301,84

 


De 50 a 75 m2

394,51

 


De 75 a 100 m2

487,18

 


De 100 a 150 m2

616,82

 


De 150 a 200 m2

728,21

 


De 200 a 300 m2

913,55

 


De 300 a 400 m2

1.098,89

 


De 400 a 1000 mº

1.691,88

 


De 1000 a 3000 m2

2.711,25

 


> 3000 m2

4.008,62

 


Epígrafe 6.- Xestorías, aseguradoras, inmobiliarias e demais despachos profesionais³

 


Ata 50 m2

194,11

 


De 50 a 75 m2

232,91

 


De 75 a 100 m2

271,71

 


De 100 a 150 m2

326,03

 


De 150 a 200 m2

372,60

 


De 200 a 300 m2

450,20

 


De 300 a 400 m2

527,81

 


De 400 a 1000 mº

776,14

 


De 1000 a 3000 m2

1.202,97

 


>3000 m2

1.746,21

 


Epígrafe 7.- Farmacias, parafarmacias e similares

 


 


Ata 50 m2

237,93

 


De 50 a 75 m2

298,64

 


De 75 a 100 m2

359,36

 


De 100 a 150 m2

444,27

 


De 150 a 200 m2

517,31

 


De 200 a 300 m2

638,74

 


De 300 a 400 m2

760,17

 


De 400 a 1000 mº

1.148,65

 


> 1000 m2

1.816,51

 


Epígrafe 8.- Centros de ensino, academias e autoescolas

 


 


Ata 50 m2

225,15

 


De 50 a 75 m2

279,47

 


De 75 a 100 m2

333,79

 


De 100 a 150 m2

410,03

 


De 150 a 200 m2

474,85

 


De 200 a 300 m2

583,50

 


De 300 a 400 m2

692,15

 


De 400 a 1000 mº

1.040,00

 


> 1000 m2

1.637,56

 


Epígrafe 9.- Hospitais, clínicas, xeriátricos, residencias e similares

 


 


Clínicas

 


 


Ata 50 m2

194,11

 


De 50 a 75 m2

232,91

 


De 75 a 100 m2

271,71

 


De 100 a 150 m2

326,03

 


De 150 a 200 m2

372,60

 


De 200 a 300 m2

450,20

 


De 300 a 400 m2

527,81

 


De 400 a 1000 mº

776,14

 


> 1000 m2

1.202,97

 


Hospitais e xeriátricos

 


 


Ata 50 m2

381,27

 


De 50 a 75 m2

513,66

 


De 75 a 100 m2

646,04

 


De 100 a 150 m2

831,38

 


De 150 a 200 m2

990,24

 


De 200 a 300 m2

1.255,01

 


De 300 a 400 m2

1.519,78

 


De 400 a 1000 mº

2.367,05

 


De 1000 a 3000 m2

3.823,28

 


> 3000 m2

5.676,21

 


Epígrafe 10.- Almacéns, ferraxerías, talleres, industrias, venda de maquinaria e similares

 


Ata 50 m2

237,93

 


De 50 a 75 m2

298,64

 


De 75 a 100 m2

359,36

 


De 100 a 150 m2

444,27

 


De 150 a 200 m2

517,31

 


De 200 a 300 m2

638,74

 


De 300 a 400 m2

760,17

 


De 400 a 1000 mº

1.148,65

 


De 1000 a 3000 m2

1.816,51

 


> 3000 m2

2.666,51

 


Epígrafe 11.- Comercio retallista

 


 


Ata 50 m2

237,93

 


De 50 a 75 m2

298,64

 


De 75 a 100 m2

359,36

 


De 100 a 150 m2

444,27

 


De 150 a 200 m2

517,31

 


De 200 a 300 m2

638,74

 


De 300 a 400 m2

760,17

 


De 400 a 1000 mº

1.148,65

 


De 1000 a 3000 m2

1.816,51

 


> 3000 m2

2.666,51

 


Epígrafe 12.- Salóns de peiteado e centros de estética

 


 


Ata 50 m2

203,24

 


De 50 a 75 m2

246,60

 


De 75 a 100 m2

289,97

 


De 100 a 150 m2

350,68

 


De 150 a 200 m2

402,73

 


De 200 a 300 m2

489,46

 


De 300 a 400 m2

576,20

 


De 400 a 1000 mº

853,75

 


> 1000 m2

1.330,79

 


Epígrafe 13.- Gasolineiras

 


 


Ata 50 m2

237,93

 


De 50 a 75 m2

298,64

 


De 75 a 100 m2

359,36

 


De 100 a 150 m2

444,27

 


De 150 a 200 m2

517,31

 


De 200 a 300 m2

638,74

 


De 300 a 400 m2

760,17

 


De 400 a 1000 mº

1.148,65

 


De 1000 a 3000 m2

1.816,51

 


> 3000 m2

2.666,51

 


Epígrafe 14.- Ximnasios, centros deportivos e de lecer

 


 


Ata 50 m2

289,97

 


De 50 a 75 m2

376,71

 


De 75 a 100 m2

463,44

 


De 100 a 150 m2

584,87

 


De 150 a 200 m2

688,95

 


De 200 a 300 m2

862,42

 


De 300 a 400 m2

1.035,89

 


De 400 a 1000 mº

1.591,00

 


De 1000 a 3000 m2

2.545,08

 


> 3000 m2

3.759,37

 


Epígrafe 15.- Outros non clasificados

 


 


Ata 50 m2

225,15

 


De 50 a 75 m2

279,47

 


De 75 a 100 m2

333,79

 


De 100 a 150 m2

410,03

 


De 150 a 200 m2

474,85

 


De 200 a 300 m2

583,50

 


De 300 a 400 m2

692,15

 


De 400 a 1000 mº

1.040,00

 


De 1000 a 3000 m2

1.637,56

 


> 3000 m2

2.398,09

 


Epígrafe 16.- Baixos desocupados

70,85

70,85


¹ Enténdese por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar.

² Enténdese por aloxamento aqueles locais de convivencia colectiva non familiar, entre os que se inclúen hoteis, pensións, residencias, e demais centros de natureza análoga.

³ No suposto de que as oficinas ou establecementos estea situado na mesma vivenda, sen separación, aplicarase unicamente a tarifa precedente quedando englobada nela a do epígrafe 1.

3.- Para os efectos desta taxa se entenderá como superficie a computable tal e como se define na Tarifa e Instrución do Imposto sobre Actividades Económicas (Real Decreto Lexislativo 1.175/1990, de 28 de setembro). No caso de varias actividades ratearanse as tarifas entre a superficie de cada unha.

4.- As cotas sinaladas na tarifa teñen o carácter de non reducibles e corresponden a un ano, sen prexuízo do rateo por meses no caso de que procedan.

Artigo 8º.- Xestión

1.- Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devindique por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición en matrícula presentando, ó efecto, a correspondente declaración de alta.

Na modalidade comercial da taxa, os suxeitos pasivos, sexan contribuíntes ou substitutos, deberán presentar diante da Administración Municipal no prazo de trinta días hábiles, a contar desde o día de ocupación efectiva do inmoble, declaración tributaria ao efecto, indicando, en todo caso, a referencia catastral do inmoble, o seu enderezo e acompañando copia do documento en que conste o título habilitante para ocupar o inmoble e a alta no IAE na que conste a/s actividades económicas a realizar e maila superficie a efectos de cómputo.

Transcorrido o dito prazo sen se presentar esa declaración, a Administración poderá efectuar de oficio a alta no correspondente Padrón Fiscal do tributo, sen prexuízo da tramitación do expediente sancionador que, no seu caso, proceda.

2.- Cando se coñeza, de oficio ou por comunicación expresa aos servizos tributarios por parte dos interesados, calquera variación dos datos do Padrón fiscal, poderán realizarse as modificacións oportunas, previa instrución do expediente de comprobación que proceda, modificacións que xurdirán efectos na confección do Padrón fiscal inmediato seguinte, sen prexuízo da regularización que resulte do expediente tramitado ao efecto en relación ao exercicio presente e/ou aos exercicios pasados non prescritos.

3.- Os suxeitos pasivos contribuíntes pola modalidade comercial da taxa deberán presentar, dentro do prazo dos 30 días seguintes ao cese das súas actividades, copia do documento acreditativo da baixa do correspondente censo tributario na A.E.A.T., se no seu día resultou esixible a súa alta en tal censo, , a fin de proceder, no seu caso, ao rateo da cota anual da taxa, ou á oportuna devolución dos excesos indebidamente aboados.

4.- Cando da información remitida pola A.E.A.T. se poña de manifesto para a Administración o cese de actividade nalgún local, esta poderá tramitar de oficio a baixa do correspondente Padrón Fiscal, e, se dispuxera de información bancaria actualizada do contribuínte, proceder á devolución de oficio das cotas indebidamente satisfeitas, en caso de que exista un rateo procedente, pero non procederá a satisfacer intereses de demora, que só procederán en caso de que exista declaración previa de cesamento por parte do contribuínte, computándose os prazos para que se produza o reporte dos xuros de demora, conforme ao establecido na Lei 58/2003 e as súas disposicións de desenvolvemento, desde a data da súa presentación.

Artigo 9º.- Recadación.

1.- No caso do servizo a non abonados ao servizo de auga potable (zona rústica) o cobro das cotas efectuarase anualmente mediante recibo derivado da matrícula, ben directamente ben a través da Deputación Provincial.

2.- No caso do servizo en zona urbana (aboados ao servizo de auga potable) o cobro das cotas efectuarse mediante expedición trimestral dos recibos conxuntamente cos da taxa de auga potable e saneamento. 

Artigo 10.- Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. 

Artigo 11.- Inspección tributaria.

1.- Corresponde ao Servizo de Xestión e Inspección Tributaria e Catastral do Concello a realización das actuacións de comprobación e investigación tributaria, na vía administrativa de xestión e/ou inspección, conforme ao previsto nos artigos 136 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, e no R.D. 1065/2007, polo que se aproba o Regulamento de Xestión e Inspección Tributaria.

2.- No exercicio dos labores investigadores, os Axentes da Policía Local terán a condición de axentes da Inspección ou Xestión Tributaria cando así o requira ou dispoña o Sr. Alcalde-Presidente, ou persoa en quen delegue, a instancia do Servizo de Xestión e Inspección Tributaria e Catastral.

Disposicións

Disposición transitoria

Aos procedementos relativos a feitos impoñibles reportados con anterioridade ao primeiro de xaneiro de 2025, seralles de aplicación a versión vixente da Ordenanza reguladora das taxas a data do reporte.

En ningún caso se aplicarán, de maneira retroactiva, as tarifas desta Ordenanza Fiscal, aínda que sexan máis favorables ao suxeito pasivo, pois só se aplicarán aos feitos impoñibles producidos a partir do primeiro de xaneiro de 2025, data da súa entrada en vigor.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e será de aplicación partires do 1 de xaneiro de 2025, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derrogación expresa.