Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE AXUDA DOMICILIO.
Artigo 1%.-Obxecto.-
De conformidade co previsto no artigo 20 do RDL 2/2004, de 5 de marzo e Lei 1993, do 14 de abril, e Orde do 22 de xullo de 1996, ámbalas duas da Xunta de Galicia, este Concello establece a taxa polo servizo de axuda no fogar especificado nas tarifas comprendidas no artigo 4% que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal
Artigo 2º .-Obrizados/as ó pagamento.-
Están obrigados/as ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os beneficiarios do servizo de axuda a domicilio que se presta por este Concello.
Quedarán exentos do pagamento os usuarios que perciban unha renda per cápita anual inferior ó 75% do Indicador público de renda de efectos múltiples ( IPREM )
Entenderase por renda per capital anual a suma dos ingresos que, por calquera concepto, reciba a unidade familiar dividida polo número de membros que integran a mesma. A contía do IPREM para o 2004 é de 460, 50 euros/ mes
Artigo 3%.-Base impoñible.-
Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4 seguinte establécese o prezo de hora por prestación de servizo en 5, 30 euros, revisable anualmente e de xeito automático segundo o índice anual de prezos ó consumo.
Artigo 4%.-Contía.-
A contia da taxa regulada será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes:
Acceso gratuito:- Quedará exentos do pagamento os usuarios que perciban unha renda per cápita anual inferior ó 75 % do IPREM vixente anualmente.
Acceso cofinanciado.-
Tarifa número 1: unidade convivencial integrada por unha persoa.
Renda per cápita sobre IPREM:
- Inferior ó 75 % do IPREM : gratuito
- Máis do 75 % ata o 100 %: 25 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 100 % ata o 125 %: 50 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 125 % ata o 150 %: 75 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 150 %: 100 % do prezo da prestación do servizo
Tarifa número 2 : unidade convivencial integrada por dúas persoas:
Renda per cápita sobre IPREM:
- Máis do 50 % ata o 75 %: 25 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 75 % ata o 100 %: 50 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 100 % ata o 125 %: 75 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 125 %: 100 % do prezo da prestación do servizo.
Tarifa número 3 : unidade convivencia¡ integrada por tres ou máis persoas:
Renda per cápita sobre IPREM:
- Máis do 50 % ata o 65 %: 40 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 65 % ata o 75 %: 60 % do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 75 %: 100 % do prezo da prestación do servizo.
Artigo 5%.- Tarifas de prestación de teleasistencia domiciliaria.-
A teleasistencia domiciliaria é unha prestación de carácter técnico, que a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico , persegue o obxectivo fundamental de contribuir a logra-la permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida, facilitando o contacto co seu contorno sociofamiliar e asegurando a intervención inmediata en crises personais, sociais ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais.
O servizo de teleasistencia, que está a ser gratuito ata a data para o Concello, préstase en virtude de dous convenios de colaboración: convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación Provincial de A Coruña, de data 9 de marzo de 1999 e convenio de colaboración do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ( Instituto de Migraciones y Servicios Sociales ) , a Deputación Provincial de A Coruña e a Federación Española de Municipios y Provincias de data 9 de xullo de 1998.
Quedarán excluidos do cómputo de ingresos aqueles gastos englobados en calquera das prestacións do servizo de axuda a domicilio.
Os prezos públicos a liquidar pola prestación de teleasistencia son os seguintes:
Tarifa número 1: Unidade convivencial integrada por unha persoa
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 130 % do IPREM: gratuito
Tarifa número 2 : unidade convivencial integrada por dúas persoas.
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 150 % do IPREM: gratuito
Tarifa número 3 : unidade convivencial integrada por tres ou máis persoas.
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 170 % do IPREM: gratuito
Artigo 6%.- Normas de xestión.-
a) As persoas interesadas na prestación do servizo ó que se refire esta ordenanza deberán presentar no Departamento de Servicios Sociais do Concello a solicitude segundo modelo normalizado sobre o servizo interesado e a documentación que se especifica no artigo 7 do Regulamento do servizo de axuda no fogar.
b) As cantidades esixibles de acordo coa tarifa liquidaranse polo servizo prestado, e serán irreductibles por periodos mensuais
Artigo 7%.- Períodos vacacionais dos/as usuarios/as do Servizo de axuda domiciliaria.-
As persoas que estén recibindo o servizo e se ausenten do seu domicilio por vacacións ou viaxes, deberán avisar con antelación ó Departamento de Servizos Sociais do Concello. Durante este tempo se desexan que se lles reserve a praza dentro do Servizo de axuda domiciliaria, terán que seguir aboando a cota mensual correspondente.
Disposición final.-
A presente ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir da data, de publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.