Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE AXUDA DOMICILIO.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/05/2008 BOP Nº: 122
Aplicable dende: 29/05/2008

Artigo 1.- Obxecto.

De conformidade co previsto no artigo 20 do RDL 2/2004, de 5 de marzo e Lei 4/1993, de 14 de abril, o Orde do 22 de xullo de 1996, ámbalas dúas da Xunta de Galicia, este Concello establece a taxa polo servizo de axuda no fogar especificado nas tarifas comprendidas no artigo 4° que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2.- Obrigados/as ó pagamento.

Están obrigados/as ó pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza os beneficiarios do servizo de axuda a domicilio que se presta por este Concello.
Quedarán exentos do pagamento os usuarios que perciban unha renda per cápita anual inferior ó 75% do Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
Entenderase por renda per capita anual a suma dos ingresos que, por calquera concepto, reciba a unidade familiar dividida polo número de membros que integran a mesma. A contía do IPREM para o 2004 é de 460,50 euros/mes.

Artigo 3.- Base impoñible.

Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4 seguinte establécese o preso de hora por prestación de servizo en 5,84 euros, revisable anualmente segundo o índice anual de prezos ó consumo.

Artigo 4.- Contía.

A contía da taxa regulada será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes:
Acceso gratuito: Quedarán exentos do pagamento os usuarios que perciban unha renda per cápita anual inferior ó 75% do IPREM vixente anualmente.
Acceso cofinanciado:
Tarifa número 1: unidade convivencial integrada por unha persoa.
Renda per cápita sobre IPREM:
- Inferior ó 75% do IPREM: gratuito.
- Máis do 75% ata o 100%: 25% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 100% ata o 125%: 50% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 125% ata o 150%: 75% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 150%: 100% do prezo da prestación do servizo.
Tarifa número 2: unidade convivencia) integrada por dúas persoas:
Renda per cápita sobre IPREM:
- Inferior ó 75% do IPREM:. 25% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 75% ata o 100%: 50% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 100% ata o 125%: 75% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 125% ata o 150%: 100% do prezo da prestación do servizo.
Tarifa número 3: unidade convivencia) integrada por tres ou máis persoas:
Renda per cápita sobre IPREM:
- Máis do 50% ata o 65%: 40% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 65% ata o 75%: 60% do prezo da prestación do servizo.
- Máis do 75%: 100% do prezo da prestación do servizo.

Artigo 5.- Tarifas de prestación de teleasistencia domiciliaria.

A teleasistencia domiciliaria é unha prestación de carácter técnico, que a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico, perseue o obxectivo fundamental de contribuir a logra-la permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida, facilitando o contacto co seu contorno sociofamiliar e asegurando a intervención inmediata en crises personais, sociaisj ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais.
O servizo de teleasistencia, que está a ser gratuito ata a data para o Concello, préstase en virtude de dous convenios de colaboración; convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Deputación Provincial de A Coruña, de data 9 de marzo de 1999 e convenio de colaboración do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (Instituto de Migraciones y Servicios Sociales), a Deputación Provincial de A Coruña e a Federación Española de Municipios y Provincias de data 9 de xullo de 1998.
Quedarán excluidos do cómputo de ingresos aqueles gastos englobados en calquera das prestacións do servizo de axuda a domicilio.
Os prezos públicos a liquidar pola prestación de teleasistencia son os seguintes:
Tarifa número 1: Unidade convivencial integrada por unha persoa.
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 130% do IPREM: gratuito.
Tarifa número 2: Unidade convivencial integrada por dúas persoas.
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 150% do IPREM: gratuito.
Tarifa número 3: Unidade convivencial integrada por tres ou máis persoas.
- Ingresos mensuais iguais ou inferiores ó 170% do IPREM: gratuito.

Artigo 6.- Normas de xestión.

a) As persoas interesadas na prestación do servizo ó que se refire esta ordenanza deberán presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello a solicitude segundo modelo normalizado sobre o servizo interesado e a documentación que se especifica no artigo 7 do Regulamento do servizo de axuda no fogar.
b) As cantidades esixibles de acordo coa tarifa liquidaranse polo servizo prestado, e serán irreductibles por periodos mensuais.

Artigo 7.- Períodos vacacionais, dos/as usuarios/as do Servizo de axuda domiciliaria.

As persoas que estean recibindo o servizo e se ausenten do seu domicilio por vacacións ou viaxes, deberán avisar con antelación ó Departamento de Servizos Sociais do Concello. Durante este tempo se desecan que se lles reserve a praza dentro do Servizo de axuda domiciliaria, terán que seguir aboando a cota mensual correspondente.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comenzará a aplicarse a partir da data de publicación, permanencendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.