Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE NEGREIRA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 11/12/2012 BOP Nº: 235
Aplicable dende: 11/12/2012

Artigo 1.-Obxecto.

De conformidade co previsto no artigo 20 do RDL 2/2004, do 5 de marzo; a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia; e a Orde do 22 de xaneiro de 2009, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, este Concello establece a taxa polo servizo de axuda no fogar especificado nas tarifas comprendidas no artigo 4º que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.-Obrigados/as ó pagamento.

Están obrigadas ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza as persoas físicas beneficiarias do servizo de axuda a domicilio que se presta por este Concello, nos termos e condicións establecidos na ordenanza reguladora do mesmo. Estas persoas teñen a consideración de suxeitos pasivos da taxa.

A prestación deste servicio constitúe o feito impoñible de esta taxa.

Para a determinación da capacidade económica das persoas usuarias do servizo estarase ó disposto do establecido na Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Negreira.

Artigo 3.-Base impoñible e cota tributaria.

A base impoñible desta taxa está constituída polas horas de utilización do servizo por parte da persoa usuaria.

Para os efectos previstos para a aplicación das tarifas do artigo 4 seguinte establécese o prezo de hora por prestación de servizo en 13,73 €, revisable anualmente segundo o índice anual de prezos ó consumo.

A cota tributaria establécese mediante a aplicación, ó prezo unitario por hora establecido no parágrafo anterior, dos coeficientes fixados no artigo seguinte, en función da capacidade económica da persoa beneficiaria.

No caso de servicios prestados en horario nocturno ou festivo, o prezo por hora establecerase aplicando un 75% de incremento ó disposto neste artigo.

Artigo 4.-Contía.

A contía da taxa regulada será a fixada nas tarifas contidas no artigo 18 da Ordenanza reguladora so servizo de axuda no fogar do Concello de Negreira, que se reproducen a continuación:

CAPACIDADE ECONÓMICA

Participación no custe do servizo de SAF básico

Menor de 0,80 IPREM

0%

Maior de 0,80 e menor ou igual a 1,50 IPREM

20%

Maior de 1,50 e menor ou igual a 2,00 IPREM

25%

Maior de 2,00 e menor ou igual a 2,50 IPREM

40%

Maior de 2,50 IPREM

90%

Así mesmo, serán aplicables as porcentaxes previstas no artigo 17 da mesma norma para persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar.

 

Artigo 5.-Normas de xestión.

a) As persoas interesadas na prestación do servizo ó que se refire esta ordenanza deberán presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello a solicitude segundo o establecido na Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar.

b) As cantidades esixibles de acordo coa tarifa liquidaranse polo servizo prestado, e serán irreductibles por períodos mensuais.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir da data de publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.