Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1º. Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtéñanse ou non a dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a esta Concello.
2.- As construcións, instalacións ou obras as que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
1.As obras de construción de edificación e instalacións de todas as clases de nova planta.
2.As obras de ampliación ou reforma de edificios e instalacións de todas as clases existentes.
3.As de modificación ou reforma que afecten a estrutura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
4.As modificacións do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
5.As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que sexa o seu uso.
6.As obras que teñan que realizarse con carácter provisional no caso no que estean xustificadas, que deberán derrubarse cando o acorde o concello, sen dereito a indemnización, consonte có establecido na regulación urbanística.
7.As obras de instalación de servizos públicos.
8.Os movementos de terra, tales como desmonte, aplanamento, escavación e achanzamento, salvo que tales actos estean detallados e programados como obras a efectuar nun proxecto de urbanización ou de edificación aprobado e autorizado.
9.O derrubamento das construcións, salvo nos casos declarados de ruína inminente.
10.As instalacións soterradas dedicadas a aparcamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
11.A colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública.
12.En, xeral, calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente, plans, normas ou ordenanzas.
Artigo 2º. Suxeitos pasivos.
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Os efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.- No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3º. Base impoñible, cota e devengo.
1. A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e entendese por tal o custe de execución material da mesma.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será o 3 por cento.
4.O imposto devengase no momento de solicitar a licenza urbanística para a construción, instalación ou obra, ou no seu caso, no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 4º. Xestión.
1.- Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación polo imposto, determinándose a base impoñible en función o presuposto declarado polo interesado, e a ingresala, en calquera entidade colaboradora autorizada, ó solicitar a licenza preceptiva, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ó acto declarativo de dereito a favor daqueles.
2.- O pago da autoliquidación presentada será a conta da liquidación provisional e, no seu caso, da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras.
3.- Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra, e incrementarase o seu orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o declarado.
4.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria do tributo no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior o declarado. A autoliquidación presentarase e ingresarase xunto coa solicitude da licenza de primeira utilización ou ocupación.
5.- A vista da documentación aportada, ou de calquera outra relativa as construcións, instalacións ou obras, e das efectivamente realizadas, así como do seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a contía que resulte.
6.- Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto en prazo, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
7.- No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa a licenza ou exista declaración de caducidade.
Artigo 5º. Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6º. Bonificacións e deduccións.
Establécese un beneficio fiscal do 40% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Establecese unha bonificación do 90 por cento da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que se instalen no Polígono Industrial de Vimianzo, e soliciten a súa licenza de construción, instalación ou obra antes do remate do ano 2013. A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do interesado, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. Coa solicitude deberá achegarse unha memoria da construción a realizar e memoria da iniciativa empresarial proxectada pormenorizando aqueles aspectos relacionados coa creación de novos postos de traballo.
Establécese unha bonificación do 95% da cota do imposto a favor das construccións, instalacións, ou obras realizadas por agricultores ou gandeiros que queden afectas a dita actividade, sempre e cando a mesma sexa o medio fundamental de vida do solicitante da bonificación . A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. Coa solicitude deberá achegarse a acreditación da condición de agricultor ou gandeiro, así como de que os ingresos por estas actividades supoñen máis do 50% da totalidade dos seus ingresos brutos, así como da afección da obra ou instalación á realización de dita actividade.
En todos estos supostos, nos que se establece unha bonificación, indicar que se deducirá da cuota bonificada o importe satisfeito ou por satisfacer en concepto de taxa por outorgamento de licenza urbanística requerida para realizar dita actuación .
Artigo 7º. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comezará a aplicarse a partir do día seguinte da su publicación.