Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1.º.-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtéñanse ou non a dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a esta Concello.
2.-As construcións, instalacións ou obras as que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
1. As obras de construción de edificación e instalacións de todas as clases de nova planta.
2. As obras de ampliación ou reforma de edificios e instalacións de todas as clases existentes.
3. As de modificación ou reforma que afecten a estrutura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
4. As modificacións do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
5. As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que sexa o seu uso.
6. As obras que teñan que realizarse con carácter provisional no caso no que estean xustificadas, que deberán derrubar- se cando o acorde o concello, sen dereito a indemnización, consonte có establecido na regulación urbanística.
7. As obras de instalación de servizos públicos.
8. Os movementos de terra, tales como desmonte, aplanamento, escavación e achanzamento, salvo que tales actos estean detallados e programados como obras a efectuar nun proxecto de urbanización ou de edificación aprobado e autorizado.
9. O derrubamento das construcións, salvo nos casos declarados de ruína inminente.
10. As instalacións soterradas dedicadas a aparcamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
11. A colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública.
12. En, xeral, calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente, plans, normas ou ordenanzas.
Artigo 2.º.-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Os efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.-No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3.º.-Base impoñible, cota e devengo.
1. A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e entendese por tal o custe de execución material da mesma.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será o 3 por cento.
4.O imposto devengase no momento de solicitar a licenza urbanística para a construción, instalación ou obra, ou no seu caso, no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 4.º.-Xestión.
1.-Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación polo imposto, determinándose a base impoñible en función o presuposto declarado polo interesado, e a ingresala, en calquera entidade colaboradora autorizada, ó solicitar a licenza preceptiva, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ó acto declarativo de dereito a favor daqueles.
2.-O pago da autoliquidación presentada será a conta da liquidación provisional e, no seu caso, da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras.
3.-Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra, e incrementarase o seu orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o declarado.
4.-Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria do tributo no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior o declarado. A autoliquidación presentarase e ingresarase xunto coa solicitude da licenza de primeira utilización ou ocupación.
5.-A vista da documentación aportada, ou de calquera outra relativa as construcións, instalacións ou obras, e das efectivamente realizadas, así como do seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a contía que resulte.
6.-Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto en prazo, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
7.-No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa a licenza ou exista declaración de caducidade.
Artigo 5.º.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6.º.-Bonificacións e deducións.
6.1.- Establécese unha bonificación do 40% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais ou histórico artísticas que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
6.2.- Establécense bonificacións por concorrer circunstancias de fomento do emprego de ata o 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que se realicen no Parque Empresarial de Vimianzo; ou que sexan realizadas por agricultores ou gandeiros e que queden afectas a dita actividade durante un prazo de dous anos dende o remate das obras.
Para ter dereito a esta bonificación alomenos o 30% do orzamento de execución material da construción, instalación ou obra debe ser realizada por empresas con domicilio fiscal en Vimianzo. As bonificacións que se establecen son as seguintes:
a) Cando o suxeito pasivo do imposto teña o domicilio fiscal en Vimianzo, e mais do 50% do seu persoal estea empadroados en Vimianzo, a bonificación será do 95% da cota do imposto.
b) Cando o suxeito pasivo do imposto cree novos postos de traballo (contratos de carácter indefinido con persoas que non tiveran relación laboral co promotor nos últimos seis meses) coa contratación de persoas empadroadas en Vimianzo, a porcentaxe da bonificación determinarase en función do orzamento de execución material e do número de novos postos de traballo creados, de acordo coa seguinte táboa:
Puntuación dos requisitos
Orzamento de execución material | Puntos | Postos de traballo de nova creación | Puntos |
Ata 150.000€ | 1 | 1 | 4 |
De 150.000,01 a 200.000€ | 2 | 2 | 5 |
De 200.000,01 a 250.000€ | 3 | 3 | 6 |
De 250.000,01 a 300.000€ | 4 | 4 | 7 |
Máis de 300.000€ | 5 | 5 ou máis | 8 |
Porcentaxe de bonificación
Puntos | % Bonificación |
5 | 50% |
6 | 60% |
7 | 70% |
8 | 80% |
9 | 95% |
A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do interesado, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Coa solicitude da bonificación deberá achegarse unha memoria explicativa da construción a realizar e da iniciativa empresarial proxectada, na que se inclúa unha estimación do orzamento de execución material, pormenorizando aqueles aspectos relacionados coa creación de novos postos de traballo. No caso dos agricultores e gandeiros, deberán acreditar a súa condición.
6.3.- Establécese unha bonificación do 50% da cota do imposto, por concorrer circunstancias de carácter cultural e histórico, a favor das obras de rehabilitación de vivendas e edificacións tradicionais ou de singular valor arquitectónico, que supoñan a recuperación do uso residencial das mesmas, sempre e cando alomenos o 30% do orzamento de execución material das obras sexa realizada por empresas con domicilio fiscal en Vimianzo cunha antigüidade superior a dous anos.
Considerase edificacións tradicionais aquelas que cumpran dúas condicións (art. 33 Decreto 143/2016, polo que se aproba o regulamento da Lei do Solo de Galicia):
a) Que sexan identificables nas fotografías aéreas do «voo americano» do ano 1956.
b) Que teñan unha estrutura recoñecible como tradicional da arquitectura popular de Galicia.
Coa solicitude da bonificación achegarase unha copia do proxecto de obras obxecto da licenza urbanística solicitada, xunto cunha declaración responsable do cumprimento dos requisitos para obter a bonificación, así como o compromiso de presentar o certificado final das obras e as facturas polo custe total das obras ao seu remate.
A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros."
Artigo 7.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comezará a aplicarse a partir do día seguinte da su publicación.