Vimianzo - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1.º.-Feito impoñible.
1.-Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtéñanse ou non a dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a esta Concello.
2.-As construcións, instalacións ou obras as que se refire o apartado anterior poderán consistir en:
1. As obras de construción de edificación e instalacións de todas as clases de nova planta.
2. As obras de ampliación ou reforma de edificios e instalacións de todas as clases existentes.
3. As de modificación ou reforma que afecten a estrutura dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
4. As modificacións do aspecto exterior dos edificios e instalacións de todas as clases existentes.
5. As obras que modifiquen a disposición interior dos edificios, calquera que sexa o seu uso.
6. As obras que teñan que realizarse con carácter provisional no caso no que estean xustificadas, que deberán derrubar- se cando o acorde o concello, sen dereito a indemnización, consonte có establecido na regulación urbanística.
7. As obras de instalación de servizos públicos.
8. Os movementos de terra, tales como desmonte, aplanamento, escavación e achanzamento, salvo que tales actos estean detallados e programados como obras a efectuar nun proxecto de urbanización ou de edificación aprobado e autorizado.
9. O derrubamento das construcións, salvo nos casos declarados de ruína inminente.
10. As instalacións soterradas dedicadas a aparcamentos, actividades industriais, mercantís ou profesionais, servizos públicos ou calquera outro uso a que se destine o subsolo.
11. A colocación de carteis de propaganda visibles dende a vía pública.
12. En, xeral, calquera outra construción, instalación ou obra que requira licenza urbanística segundo o previsto na lexislación vixente, plans, normas ou ordenanzas.
Artigo 2.º.-Suxeitos pasivos.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Os efectos previstos no parágrafo anterior terán a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2.-No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
Artigo 3.º.-Base impoñible, cota e devengo.
1. A base impoñible deste imposto constitúese polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e entendese por tal o custe de execución material da mesma.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3. O tipo de gravame será o 3 por cento.
4.O imposto devengase no momento de solicitar a licenza urbanística para a construción, instalación ou obra, ou no seu caso, no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza.
Artigo 4.º.-Xestión.
1.-Os suxeitos pasivos están obrigados a presentar autoliquidación polo imposto, determinándose a base impoñible en función o presuposto declarado polo interesado, e a ingresala, en calquera entidade colaboradora autorizada, ó solicitar a licenza preceptiva, sen que o pago realizado conleve ningún tipo de presunción ó acto declarativo de dereito a favor daqueles.
2.-O pago da autoliquidación presentada será a conta da liquidación provisional e, no seu caso, da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras.
3.-Cando se modifique o proxecto da construción, instalación ou obra, e incrementarase o seu orzamento, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o declarado.
4.-Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, os suxeitos pasivos deberán presentar autoliquidación complementaria do tributo no caso de que o custo real e efectivo da obra sexa superior o declarado. A autoliquidación presentarase e ingresarase xunto coa solicitude da licenza de primeira utilización ou ocupación.
5.-A vista da documentación aportada, ou de calquera outra relativa as construcións, instalacións ou obras, e das efectivamente realizadas, así como do seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ó suxeito pasivo ou reintegrándolle, segundo proceda, a contía que resulte.
6.-Cando os suxeitos pasivos non tiveran abonado a correspondente autoliquidación polo imposto en prazo, ou se tivera presentado e abonado aquela por cantidade inferior á cota que resulte do orzamento aportado, a Administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional pola cantidade que proceda e incoará o correspondente procedemento sancionador.
7.-No caso de que non se executen as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa a licenza ou exista declaración de caducidade.
Artigo 5.º.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6.º.-Bonificacións e deducións.
6.1.- Establécese unha bonificación do 40% da cota do imposto a
6.1.- Establécese un beneficio fiscal do 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
6.2. Establecese unha bonificación do 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que se instalen no Polígono Industrial de Vimianzo. A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do interesado, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. Coa solicitude deberá achegarse unha memoria da construción a realizar e memoria da iniciativa empresarial proxectada pormenorizando aqueles aspectos relacionados coa creación de novos postos de traballo.
Establécese unha bonificación do 95% da cota do imposto a favor das construcións, instalacións, ou obras realizadas por agricultores ou gandeiros que queden afectas a dita actividade, sempre e cando a mesma sexa o medio fundamental de vida do solicitante da bonificación. A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. Coa solicitude deberá achegarse a acreditación da condición de agricultor ou gandeiro, así como de que os ingresos por estas actividades supoñen máis do 50% da totalidade dos seus ingresos brutos, así como da afección da obra ou instalación á realización de dita actividade.
6.3.- Establécese unha bonificación do 50% da cota do imposto, por concorrer circunstancias de carácter cultural e histórico, a favor das obras de rehabilitación de vivendas e edificacións tradicionais ou de singular valor arquitectónico, que supoñan a recuperación do uso residencial das mesmas.
Considerase edificacións tradicionais aquelas que cumpran dúas condicións (art. 33 Decreto 143/2016, polo que se aproba o regulamento da Lei do Solo de Galicia):
a) Que sexan identificables nas fotografías aéreas do «voo americano» do ano 1956.
b) Que teñan unha estrutura recoñecible como tradicional da arquitectura popular de Galicia.
Coa solicitude da bonificación achegarase unha copia do proxecto de obras obxecto da licenza urbanística solicitada, xunto cunha declaración responsable do cumprimento dos requisitos para obter a bonificación, así como o compromiso de presentar o certificado final das obras e as facturas polo custe total das obras ao seu remate.
A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.
A presente modificación da Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL.
6.4. Establécese unha bonificación da cota correspondente para as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2.a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Esta medida será de aplicación unicamente a aqueles supostos de implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aqueles outros que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego no termo municipal de Vimianzo.
As porcentaxes de bonificacións son as seguintes:
a. Dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo.
b. Dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.
c. Dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Corresponde ao Pleno do Concello acordar a declaración de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento de emprego, debendo contar co voto favorable da maioría simple dos seus membros, previa solicitude do interesado.
A bonificación concederase a petición do interesado, presentada con anterioridade á realización do feito impoñible e será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións xa existentes sempre e cando implique creación de emprego.
As contratacións deberán xustificarse unha vez finalizada a obra. O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditada ante os servizos tributarios do Concello.
A declaración de interese ou utilidade municipal corresponde ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude dos interesados, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.
Non se considera creación de emprego:
· A contratación de traballadores que tiveran relación laboral coa empresa ou grupo de empresas que se atopen afectadas por procesos de fusión, absorción, cambio de denominación, sucesión ou circunstancias similares.
· As contratacións derivadas de traslados ou movementos do persoal dentro da empresa ou do grupo de empresas, sexa da mesma ou distinta actividade económica, dentro do termo municipal de Vimianzo.
As autoliquidacións polo Imposto que corresponda presentar en base ao establecido polo artigo 8 desta Ordenanza calcularanse aplicando as porcentaxes de bonificación que corresponda de acordo co establecido no acordo de declaración de actividade económica ou empresarial de especial interese ou utilidade municipal por fomento do emprego. Acompañarán á autoliquidación copia de esta declaración.
A comprobación da creación de emprego realizarase polo Departamento de Servizos Económicos, previo informe dos Servizos Municipais de Emprego, tendo en conta a media de contratacións indefinidas iniciais realizadas durante o período de 36 meses a contar dende a data da autorización de inicio da actividade. Todo elo a efectos de establecer a porcentaxe de bonificación que corresponde aplicar na cota do imposto.
Para elo, o representante legal da empresa presentará durante o mes seguinte á finalización dese período de 36 meses, declaración responsable no que indique a relación nominal mes a mes dos contratos indefinidos iniciais efectuados exclusivamente para o centro de traballo obxecto de bonificación realizados nos 36 primeiros meses de exercicio da actividade, contados desde a data de autorización de inicio da actividade, distinguindo entre os contratos a xornada completa e os contratos a xornada parcial, indicando o número de horas de cada un deles, acompañada da documentación xustificativa da mesma (informe de vida laboral do código conta de cotización....) e declaración xurada conforme os novos contratos non se corresponden cos supostos aos que se refiren os apartados a) e b) do apartado anterior.
O Concello reservarase o dereito de solicitar canta documentación sexa necesaria para a verificación da creación e o mantemento de emprego que da lugar a aplicación da bonificación regulada nesta ordenanza.
Á vista da documentación presentada comprobarase a procedencia ou non da bonificación aplicada polo suxeito pasivo na autoliquidación, calculando o número de postos de traballo como promedio dos primeiros 36 meses de exercicio da actividade, a efectos de aplicar o tramo de bonificación que corresponda; practicando no seu caso a liquidación que corresponda.
Esta bonificación poderá solicitase respecto das construcións, instalacións ou obras referidas a novas actividades instadas durante os cinco anos seguintes a contar dende a entrada en vigor desta Ordenanza.
A presente modificación da Ordenanza entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL.
Artigo 7.º.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comezará a aplicarse a partir do día seguinte da su publicación.