Touro - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ABASTECEMENTO DE AUGA A DOMICILIO
Artigo 1.º.-
De conformidade co previsto no artigo 17 do R.D. lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais este Concello establece a taxa polo subministro de auga que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2.º.-
As concesións de auga faranse aos propietarios de fincas urbanas, aos arrendatarios ou a calquera usuario, sempre que estean autorizados para introducir a auga nos edificios que ocupan polos donos dos mesmos.
Artigo 3.º.-
As concesións faranse a título persoal, previo pago das tarifas vixentes.
Artigo 4.º.-
Non se farán concesións gratuítas aos particulares, corporacións, institucións, organismos oficiais ou outros similares.
Artigo 5.º.-
A auga subministrarase mediante contador, que medirá en volumes a cantidade consumida, que será a que o abonado deba pagar segundo as taxas desta Ordenanza, partindo dun mínimo igual para tódolos usuarios.
Artigo 6.º.-
As concesións de auga serán para usos domésticos ou industriais, entendéndose por tales: bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo persoal e outras similares.
Artigo 7.º.-
As concesións de auga coa rede xeral serán autorizadas pola Xunta de Goberno Local, previa solicitude do interesado, e serán realizadas única e exclusivamente polo persoal encargado de dita xestión polo Concello.
Artigo 8.º.-
Desde a peza de toma colocada no ramal correspondente da rede do abastecemento, a instalación farase polo Concello, sendo de conta do abonado o custo correspondente da instalación e conservación.
Artigo 9.º.-
O Concello, en evitación de abusos, poderá exercer unha vixilancia sobre tuberías, aparatos de condución e media de auga. O persoal encargado do servizo de augas estará autorizado para entrar nas fincas e inspeccionar e practicar os recoñecementos que xulguen convenientes.
Artigo 10.º.-
Tódalas concesións faranse polo sistema de contador, podendo os abonados establecer no interior das súas fincas, despois do contador, o número de billas que consideren convenientes.
Artigo 11.º.-
O contador de auga será propiedade do abonado, convenientemente verificado pola Delegación de Industria da Provincia.
Artigo 12.º.-
En cada toma de auga instalarase unha chave de paso, que só poderán manexar os encargados do servizo. Os abonados faranse cargo dos gastos de conservación e reparación de dita chave. En caso de avaría na toma de auga, o Concello poderá ordenar o seu precintado de forma temporal.
Artigo 13.º.-
Os usuarios no poderán vender nin ceder gratuitamente a auga a terceiras persoas, aínda que sexa para dedicar ó mesmo uso para o que se ten concedida.
Artigo 14.º.-
As concesións de auga van unidas ás fincas que as disfrutan, non podendo, por tanto, transferirse dunha a outra, nin en parte nin na súa totalidade.
Artigo 15.º.-
Os abonos comezarán a contar desde o día no que empece a correr a auga pola tubería do abonado.
Artigo 16.º.-
O usuario poderá causar baixa cando o desexe, solicitando nas oficinas municipais a baixa correspondente, momento no que procederán os encargados do servizo a cortar o subministro.
Artigo 17.º.-
O abonado ou os seus herdeiros serán responsables do pago da cota. No caso de baixa, o pago surtirá efecto ata o primeiro día do mes seguinte.
Artigo 18.º.-
A tarifa da auga ten un mínimo mensual de consumo de dez metros cúbicos.
Artigo 19.º.-
No caso de avaría do contador, durante o tempo no que estea inutilizado calcularase o consumo en base ó gasto habido na mesma finca en igual época dos anos anteriores. Esta circunstancia notificarase ó abonado por escrito, dándolle un prazo de 15 días para solicitar o cambio de contador, e a substitución correrá por conta do abonado.
Artigo 20.º.-
Os abonados que alteren o funcionamento dos contadores para obter un maior volume de auga do que os aparatos sinalan, pagarán una multa de trinta euros, e ademais, o triple da tarifa mensual a partir do día no que os empregados do servizo efectuaron o último control ata que se advertiu o fraude.
Artigo 21.º.-
A falta de pago do recibo trimestral leva consigo a suspensión automática do subministro de auga sen previo aviso ó usuario. Igualmente, suspenderase o servizo en caso de que fora negada a entrada no domicilio ó encargado das visitas de inspección oficial.
Artigo 22.º.-
As solicitudes para conectar na rede xeral do abastecemento de auga potable dirixiranse á Alcaldía e pasarán á aprobación da Xunta de Goberno Local, sendo de conta do solicitante o importe dos materiais, as obras de apertura e peche de gabias, colocación de tuberíase arqueta para rexistro. Tódalas obras necesarias serán realizadas polos encargados do servizo de augas no seu caso.
Artigo 23.º.-
Os recibos pagaranse trimestralmente de acordo coas indicacións do contador.
Artigo 24.º.-
Os abonados serán responsables dos danos ou prexuízos cá existencia das tuberías poida causar a terceiros.
Artigo 25.º.-
Se o caudal das augas experimentara variacións por razóns climatolóxicas ou outras de forza maior, non darán dereito esta circunstancia aos abonados para que reclamen cantidade algunha a título de indemnización polos danos sufridos.
Artigo 26.º.-
Cando o abonado observe variacións ou deficiencias no subministro, deberá dar conta con rapidez ao Concello ou ao servizo de augas.
Artigo 27.º.-
Cando as circunstancias técnicas ou climatolóxicas así o impoñan, pola Alcaldía poderase cortar o subministro ou regular o seu uso de forma temporal.
Artigo 28.º.-
A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:
- Mínimo ata 30 m3 por abonado ao trimestre: 0,4283 €/m3
- De 31 m3 a 45 m3 por abonado ao trimestre: 0,4942 €/m3
- Máis de 45 m3 por abonado ao trimestre: 0,6588 €/m3
Estas tarifas incrementaranse conforme ao establecido na lei co IVE que corresponda en cada momento.
Disposición final.-
A presente modificación da Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día primeiro de xaneiro de 2014, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.