Laracha A - Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa pola utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos

Publicación provisional: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Aplicable dende: 30/06/2015

Artigo 1.º.–Fundamento e réxime.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a taxa por utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos.

Artigo 2.º.–Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a) O uso das piscinas municipais.

b) O uso das pistas de tenis.

c) O uso do frontón.

d) O uso das demais pistas polideportivas.

e) Casa de baños.

f) Duchas.

g) Outras instalacións análogas.

Así como a prestación dos servizos dos que estean dotadas as transcritas instalacións.

Artigo 3.º.–Devengo.

A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, previo pago da taxa.

Artigo 4.º.–Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos as persoas físicas, sociedades deportivas e equipos federados ou non, usuarios das instalacións.

Artigo 5.º.–Base impoñible e liquidable.

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das pistas, frontóns e demais instalacións.

Artigo 6.º.–Cota tributaria.

As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en €:

1.–Utilización do pavillón polideportivo.

Pola utilización de calquera das súas instalacións para uso deportivo ou extradeportivo, por parte de persoas ou entes privados, ou equipos alleos ao municipio, por cada hora ou fracción: 6 €.

2.–Utilización do campo de fútbol.

Pola utilización do campo por equipos alleos ao municipio, para competición ou adestramento, por cada hora ou fracción: 6 €.

Quedan exentas as competicións organizadas polo Concello, por equipos federados municipais e entidades deportivas pertencentes ó mesmo.

3.–Piscinas.

ABONO INDIVIDUAL PISCINA MAÑÁ

16,90 €

ABONO INDIVIDUAL PISCINA TODO O DÍA

21,10 €

ABONO FAMILIAR PISCINA:

● Cota mensual do responsable da unidade familiar

● Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito

● Cota mensual por cada fillo

25,95 €

2,15 €

1,05 €

ABONO INDIVIDUAL COMPLETO MAÑÁ

22,25 €

ABONO INDIVIDUAL COMPLETO TODO O DÍA

30,25 €

ABONO FAMILIAR COMPLETO:

● Cota mensual do responsable da unidade familiar

● Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito

● Cota mensual por cada fillo

28,15 €

3,45 €

1,05 €

ABONO SOLO XIMNASIO TODO O DÍA

28,50 €

ABONO SOLO XIMNASIO MAÑÁ

21,50 €

ABONO INDIVIDUAL TOTAL

35,50 €

ABONO FAMILIAR TOTAL:

● Cota mensual do responsable da unidade familiar

● Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito

● Cota mensual por cada fillo

35,00 €

3,45 €

1,05 €

ABONO INDIVIDUAL TOTAL SOLO MAÑÁ

26,50 €

MATRÍCULAS

13,70 €

ENTRADA ADULTOS

3.60 €

ENTRADA NENOS

2,10 €

10 ENTRADAS ADULTOS

21,70 €

10 ENTRADAS NENOS

13,70 €

20 ENTRADAS ADULTOS

36,65 €

20 ENTRADAS NENOS

24,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA

17,15 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA ABON.

7,65 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS

27,45 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS ABON.

12,25 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS

37,75 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS ABON.

16,85 €

CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA

13,70 €

CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA ABON.

6,10 €

CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS

20,60 €

CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS ABON.

9,20 €

CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS

27,45 €

CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS ABON.

12,25 €

CURSO NATACIÓN ESCOLAR 1 DÍA

25,05 €

CURSO NATACIÓN ESCOLAR 2 DÍAS

28,70 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA

22,90 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA ABON.

10,20 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS

32,05 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS ABON.

14,30 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS

40,10 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS ABON.

17,90 €

USO ESPECIAL DE ESTAXES POR HORAS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS

10,50 €

ENTRADA XIMNASIO

3,05 €

ENTRADA AEROBIC

2,05 €

ACTIVIDADE TIPO 1 NON ABONADO (por cada día á semana)

11,00 €

ACTIVIDADE TIPO 1 ABONADO NON TOTAL (por cada día á semana)

1,50 €

ACTIVIDADE TIPO 2 NON ABONADO (por cada día á semana)

12,00 €

ACTIVIDADE TIPO 2 ABONADO NON TOTAL (por cada día á semana)

2,00 €

ACTIVIDADE TIPO 3 NON ABONADO (por cada día á semana)

20,00 €

ACTIVIDADE TIPO 3 ABONADO NON TOTAL (por cada día á semana)

5,00 €

SESIÓN SOLARIUM

4,45 €

SESION SOLARIUM ABONADOS

2,00 €

BONO SOLARIUM 10 SESIÓNS

39,20 €

BONO SOLARIUM ABONADOS 10 SESIÓNS

17,50 €

No importe de todas as tarifas entenderase incluído o IVE.

Os tipos de actividade serán os seguintes:

ACTIVIDADES TIPO 1.–Actividades dirixidas de corte tradicional, que non requiren cualificación técnica complexa por parte do persoal que as imparte e que se realizan con pequeno material: aerobic, step, gap, aquagyim…

ACTIVIDADES TIPO 2.–Actividades dirixidas en sala para cuxa realización é precisa a utilización de gran material complementario: cicloindoor, ciclo tono…

ACTIVIDADES TIPO 3.–Actividades dirixidas en sala que requiren para seren impartidas persoal cunha cualificación técnica complexa e de difícil acceso: ioga, pilates…

Ademais, os seguintes prezos para clases soltas no caso de existir vacantes:

USUARIO ABONADO

USUARIO NON ABONADO

1,00

3,00

4.–Utilización de pista de pádel.

Pola utilización de calquera das pistas de pádel, por parte de persoas ou entes privados, por cada media hora our fracción: 9 €.

Os horarios para o seu aluguer serán, con carácter xeral, os seguintes:

Horario de mañá:

10.00 a 11.30 horas

11.30 a 13.00 horas

Horario de tarde:

17.00 a 18.30 horas

18.30 a 20.00 horas

20.00 a 21.30 horas

21.30 a 23.00 horas

Artigo 7.º.–Normas de xestión.

Terán a consideración de abonados das instalacións quen o solicite ao Concello en instancia dirixida ao señor alcalde-presidente, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías, tamaño carné, por persoa. A calidade de abonado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tódalas condicións esixidas e que existe cota suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización das instalacións polideportivas, abonando a súa cota mensual, trimestral ou anual.

Para efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do libro de familia coa comprobación da preceptiva inclusión no padrón de habitantes, no caso de que o domicilio indicado sexa nesta localidade.

Os abonados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, por adiantado.

Artigo 8.º.–Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.

Artigo 9.º .–Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.