Laracha A - Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa pola utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos

Publicación provisional: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Aplicable dende: 24/11/2011

Artigo 1º. - Fundamento e réxime

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a taxa por utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a)      O uso das piscinas municipais.

b)      O uso das pistas de tenis.

c)       O uso do frontón.

d)      O uso das demais pistas polideportivas.

e)      Casa de baños.

f)        Duchas.

g)      Outras instalacións análogas.

Así como a prestación dos servizos dos que estean dotadas as transcritas instalacións.

Artigo 3º. - Devengo

A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, previo pago da taxa.

Artigo 4º. - Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos as persoas físicas, sociedades deportivas e equipos federados ou non, usuarios das instalacións.

 

Artigo 5º. - Base impoñible e liquidable

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das pistas, frontóns e demais instalacións

Artigo 6º. - Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:

1. - Utilización do pavillón polideportivo.

Pola utilización de calquera das súas instalacións para uso deportivo ou extradeportivo, por parte de persoas ou entes privados, ou equipos alleos ao municipio, por cada hora ou fracción: 6 euros.

2. - Utilización do campo de fútbol.

Pola utilización do campo por equipos alleos ao municipio, para competición ou adestramento, por cada hora ou fracción: 6 euros.

Quedan exentas as competicións organizadas polo Concello, por equipos federados municipais e entidades deportivas pertencentes ó mesmo.

3. - Piscinas.

ABONO INDIVIDUAL PISCINA MAÑÁ

15,25 €

ABONO INDIVIDUAL PISCINA TODO O DÍA

19,05 €

ABONO FAMILIAR PISCINA:

¿ Cota mensual do responsable da unidade familiar

¿ Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito

¿ Cota mensual por cada fillo

23,40 €

2,00 €

1,00 €

ABONO INDIVIDUAL COMPLETO MAÑÁ

20,50 €

ABONO INDIVIDUAL COMPLETO TODO O DÍA

27,30 €

ABONO FAMILIAR COMPLETO:

¿ Cota mensual do responsable da unidade familiar

¿ Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito

¿ Cota mensual por cada fillo

25,35 €

3,15 €

1,00 €

MATRÍCULAS

11,99 €

ENTRADA ADULTOS

3,19 €

ENTRADA NENOS

1,90 €

10 ENTRADAS ADULTOS

19,00 €

10 ENTRADAS NENOS

12,00 €

20 ENTRADAS ADULTOS

32,00 €

20 ENTRADAS NENOS

21,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA

15,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA ABON.

7,50 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS

24,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS ABON.

12,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS

33,00 €

CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS ABON.

16,50 €

CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA

12,00 €

CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA ABON.

6,00 €

CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS

18,00 €

CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS ABON.

9,00 €

CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS

24,00 €

CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS ABON.

12,00 €

CURSO NATACIÓN ESCOLAR 1 DÍA

21,90 €

CURSO NATACIÓN ESCOLAR 2 DÍAS

25,10 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA

20,00 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA ABON.

10,00 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS

28,00 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS ABON.

14,00 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS

35,00 €

CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS ABON.

17,50 €

USO ESPECIAL DE ESTAXES POR HORAS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS

10,00 €

ENTRADA XIMNASIO

2,69 €

ENTRADA AEROBIC

3,50 €

CURSO AEROBIC 1 DÍA

15,00 €

CURSO AEROBIC 1 DÍA ABON.

7,50 €

CURSO AEROBIC 2 DÍAS

25,00 €

CURSO AEROBIC 2 DÍAS ABON.

12,50 €

CURSO AEROBIC 3 DÍAS

32,00 €

CURSO AEROBIC 3 DÍAS ABON.

16,00 €

SESIÓN SOLARIUM

4,00 €

SESION SOLARIUM ABONADOS

2,00 €

BONO SOLARIUM 10 SESIÓNS

35,00 €

BONO SOLARIUM ABONADOS 10 SESIÓNS

17,50 €

No importe de todas as tarifas entenderase incluído o IVE.

Artigo 7º. - Normas de xestión

Terán a consideración de abonados das instalacións quen o solicite ao Concello en instancia dirixida ao señor Alcalde-Presidente, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías, tamaño carné, por persoa. A calidade de abonado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tódalas condicións esixidas e que existe cota suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización das instalacións polideportivas, abonando a súa cota mensual, trimestral ou anual.

       Para efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do libro de familia coa comprobación da preceptiva inclusión no padrón de habitantes, no caso de que o domicilio indicado sexa nesta localidade.

                   Os abonados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, por adiantado.

Artigo 8º. - Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.

 

            De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.

Artigo 9º . - Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.