Laracha A - Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa pola utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos

Publicación provisional: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 16/11/1998 BOP Nº: 263
Aplicable dende: 12/01/2009

Artigo 1º. - Fundamento e réxime

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello da Laracha establece a taxa por utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servizos análogos.

Artigo 2º. - Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible deste tributo:

a)      O uso das piscinas municipais.

b)      O uso das pistas de tenis.

c)       O uso do frontón.

d)      O uso das demais pistas polideportivas.

e)      Casa de baños.

f)        Duchas.

g)      Outras instalacións análogas.

Así como a prestación dos servizos dos que estean dotadas as transcritas instalacións.

Artigo 3º. - Devengo

A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, previo pago da taxa.

Artigo 4º. - Suxeito pasivo.

Son suxeitos pasivos as persoas físicas, sociedades deportivas e equipos federados ou non, usuarios das instalacións.

 

Artigo 5º. - Base impoñible e liquidable

Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das pistas, frontóns e demais instalacións

Artigo 6º. - Cota tributaria

As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:
1. - Utilización do pavillón polideportivo.
Pola utilización de calquera das súas instalacións para uso deportivo ou extradeportivo, por parte de persoas ou entes privados, ou equipos alleos ó municipio, por cada hora ou fracción: 6 euros.
2. - Utilización do campo de fútbol.
Pola utilización do campo por equipos alleos ó municipio, para competición ou adestramento, por cada hora ou fracción: 6 euros.
Quedan exentas as competicións organizadas polo Concello, por equipos federados municipais e entidades deportivas pertencentes ó mesmo.
3. - Piscinas.
Matrícula:
- Por abono individual: 7,85
- Por abono individual e ximnasio: 12,55
- Por abono familiar: 11,50
Establecese unha cota de penalización por extravío de carné, a partir da segunda perda, de 3 euros, por renovación.
Entradas:
Baño libre adultos (+ 16 anos): 3,10
Baño libre nenos (- 16 anos): 1,80
Abono 10 baños adultos: 16,95
Abono 10 años nenos: 11,30
Abono 20 baños adultos: 30,50
Abono 20 baños nenos: 20,30
Abonos:
Abonos individuais: 16,95
Abonos familiares: 24,85
Abono individual+ximnasio: 27,10
Acceso libre a:
- Piscina en todo o horario de apertura.
- Sauna.
- Descontos do 50% nos cursos e actividades.
Cursos Adultos:
1 día: 13,56
2 días: 23,72
3 días: 30,50
1 día abonados: 6,78
2 días abonados: 11,86
3 días abonados: 15,25
Cursos Infantís:
1 día: 10,16
2 días: 16,94
3 días: 23,72
1 día abonados: 5,08
2 días abonados: 8,47
3 días abonados: 11,86
Cursos Natación escolar:
1 día: 21,90
2 días: 25,10
Sala de acondicionamento físico-ximnasio
Sesión: 2,50
Bono mensual: 27,10
Abonados:
Sesión: 1,25
Bono mensual: 13,55
Aerobic-Ximnasia de mantemento
Sesión: 3,30
Sesión abonados: 1,65
Mensual:
1 días: 13,56
2 días: 23,72
3 días: 30,50
1 día abonados: 6,78
2 días abonados: 11,86
3 días abonados: 15,25
Servicio de Fisioterapia
Sesión: 16,20
Sesión abonados: 13,05
Solarium
Sesión: 3,35
Bono 10 sesións: 30,50
Abonados:
Sesión: 2,82
Bono 10 sesións: 23,72"

Artigo 7º. - Normas de xestión

Terán a consideración de abonados das instalacións quen o solicite ao Concello en instancia dirixida ao señor Alcalde-Presidente, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías, tamaño carné, por persoa. A calidade de abonado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tódalas condicións esixidas e que existe cota suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización das instalacións polideportivas, abonando a súa cota mensual, trimestral ou anual.

       Para efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do libro de familia coa comprobación da preceptiva inclusión no padrón de habitantes, no caso de que o domicilio indicado sexa nesta localidade.

                   Os abonados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, por adiantado.

Artigo 8º. - Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.

 

            De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.

Artigo 9º . - Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.