Laracha A - ORDENANZA FISCAL Nº 7, REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DE CASAS DE BAÑO, DUCHAS, PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVICIOS ANÁLOGOS.
Artigo 1º. - Fundamento e réxime
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2º. - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso das piscinas municipais.
b) O uso das pistas de tenis.
c) O uso do frontón.
d) O uso das demais pistas polideportivas.
e) Casa de baños.
f) Duchas.
g) Outras instalacións análogas.
Así como a prestación dos servizos dos que estean dotadas as transcritas instalacións.
Artigo 3º. - Devengo
A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, previo pago da taxa.
Artigo 4º. - Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos as persoas físicas, sociedades deportivas e equipos federados ou non, usuarios das instalacións.
Artigo 5º. - Base impoñible e liquidable
Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das pistas, frontóns e demais instalacións
Artigo 6º. - Cota tributaria
As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:
1. - Utilización do pavillón polideportivo.
Pola utilización de calquera das súas instalacións para uso deportivo ou extradeportivo, por parte de persoas ou entes privados, ou equipos alleos ó municipio, por cada hora ou fracción: 6 euros.
2. - Utilización do campo de fútbol.
Pola utilización do campo por equipos alleos ó municipio, para competición ou adestramento, por cada hora ou fracción: 6 euros.
Quedan exentas as competicións organizadas polo Concello, por equipos federados municipais e entidades deportivas pertencentes ó mesmo.
3. - Piscinas.
Matrícula:
- Por abono individual: 7,5
- Por abono individual e ximnasio: 12
- Por abono familiar: 11
Establecese unha cota de penalización por extravío de carné, a partir da segunda perda, de 3 euros, por renovación.
Entradas:
Baño libre adultos (+ 16 anos): 2,25
Baño libre nenos (- 16 anos): 1,75
Abono 10 baños adultos: 15
Abono 10 años nenos: 10
Abono 20 baños adultos: 27
Abono 20 baños nenos: 18
Abonos:
Abonos individuais: 15
Abonos familiares: 22
Abono individual+ximnasio: 24
Acceso libre a:
- Piscina en todo o horario de apertura.
- Sauna.
- Descontos do 50% nos cursos e actividades.
Cursos Adultos:
1 día: 12
2 días: 21
3 días: 27
1 día abonados: 6
2 días abonados: 10,50
3 días abonados: 13,50
Cursos Infantís:
1 día: 9
2 días: 15
3 días: 21
1 día abonados: 4,5
2 días abonados: 7,5
3 días abonados: 10,50
Cursos Natación escolar:
1 día: 21
2 días: 24
Sala de acondicionamento físico-ximnasio
Sesión: 2,25
Bono mensual: 24
Abonados:
Sesión: 1,12
Bono mensual: 12
Aerobic-Ximnasia de mantemento
Sesión: 3
Sesión abonados: 1,50
Mensual:
1 días: 12
2 días: 21
3 días: 27
1 día abonados: 6
2 días abonados: 10,50
3 días abonados: 13,50
Servicio de Fisioterapia
Sesión: 15,5
Sesión abonados: 12,5
Solarium
Sesión: 3
Bono 10 sesións: 27
Abonados:
Sesión: 2,5
Bono 10 sesións: 21
Artigo 7º. - Normas de xestión
Terán a consideración de abonados das instalacións quen o solicite ao Concello en instancia dirixida ao señor Alcalde-Presidente, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías, tamaño carné, por persoa. A calidade de abonado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tódalas condicións esixidas e que existe cota suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización das instalacións polideportivas, abonando a súa cota mensual, trimestral ou anual.
Para efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do libro de familia coa comprobación da preceptiva inclusión no padrón de habitantes, no caso de que o domicilio indicado sexa nesta localidade.
Os abonados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, por adiantado.
Artigo 8º. - Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Artigo 9º . - Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.