Laracha A - Ordenanza fiscal nº 7, reguladora da taxa pola utilización de casas de baño, duchas, piscinas, instalacións deportivas e outros servicios análogos
Artigo 1º. - Fundamento e réxime
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos
Artigo 2º. - Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible deste tributo:
a) O uso das piscinas municipais.
b) O uso das pistas de tenis.
c) O uso do frontón.
d) O uso das demais pistas polideportivas.
e) Casa de baños.
f) Duchas.
g) Outras instalacións análogas.
Así como a prestación dos servizos dos que estean dotadas as transcritas instalacións.
Artigo 3º. - Devengo
A obriga de contribuír nacerá desde que a utilización se inicie mediante a entrada ao recinto, previo pago da taxa.
Artigo 4º. - Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos as persoas físicas, sociedades deportivas e equipos federados ou non, usuarios das instalacións.
Artigo 5º. - Base impoñible e liquidable
Tomarase como base do presente tributo o número de persoas que efectúen a entrada, así como o número de horas ou fracción de utilización das pistas, frontóns e demais instalacións
Artigo 6º. - Cota tributaria
As tarifas a aplicar serán as seguintes, expresadas en euros:
1. - Utilización do pavillón polideportivo.
Pola utilización de calquera das súas instalacións para uso deportivo ou extradeportivo, por parte de persoas ou entes privados, ou equipos alleos ao municipio, por cada hora ou fracción: 6 euros.
2. - Utilización do campo de fútbol.
Pola utilización do campo por equipos alleos ao municipio, para competición ou adestramento, por cada hora ou fracción: 6 euros.
Quedan exentas as competicións organizadas polo Concello, por equipos federados municipais e entidades deportivas pertencentes ó mesmo.
3. - Piscinas.
ABONO INDIVIDUAL PISCINA MAÑÁ | 17,05 € |
ABONO INDIVIDUAL PISCINA TODO O DÍA | 21,30 € |
ABONO FAMILIAR PISCINA: · Cota mensual do responsable da unidade familiar · Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito · Cota mensual por cada fillo |
|
26,20 € | |
2,20 € | |
1,10 € | |
ABONO INDIVIDUAL COMPLETO MAÑÁ | 22,45 € |
ABONO INDIVIDUAL COMPLETO TODO O DÍA | 30,55 € |
ABONO FAMILIAR COMPLETO: · Cota mensual do responsable da unidade familiar · Cota mensual do cónxuxe ou parella de feito · Cota mensual por cada fillo |
|
28,40 € | |
3,50 € | |
1,10 € | |
MATRÍCULAS | 13,40 € |
ENTRADA ADULTOS | 3.55 € |
ENTRADA NENOS | 2,10 € |
10 ENTRADAS ADULTOS | 21,25 € |
10 ENTRADAS NENOS | 13,40 € |
20 ENTRADAS ADULTOS | 35,85 € |
20 ENTRADAS NENOS | 23,50 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA | 16,80 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 1 DÍA ABON. | 7,50 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS | 26,85 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 2 DÍAS ABON. | 12,00 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS | 36,95 € |
CURSO NATACIÓN ADULTO 3 DÍAS ABON. | 16,50 € |
CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA | 13,40 € |
CURSO NATACIÓN NENO 1 DÍA ABON. | 6,00 € |
CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS | 20,15 € |
CURSO NATACIÓN NENO 2 DÍAS ABON. | 9,00 € |
CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS | 26,85 € |
CURSO NATACIÓN NENO 3 DÍAS ABON. | 12,00 € |
CURSO NATACIÓN ESCOLAR 1 DÍA | 24,50 € |
CURSO NATACIÓN ESCOLAR 2 DÍAS | 28,10 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA | 22,40 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 1 DÍA ABON. | 10,00 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS | 31,35 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 2 DÍAS ABON. | 14,00 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS | 39,20 € |
CURSO NATACIÓN BEBÉS 3 DÍAS ABON. | 17,50 € |
USO ESPECIAL DE ESTAXES POR HORAS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS | 11,20 € |
ENTRADA XIMNASIO | 3,00 € |
ENTRADA AEROBIC | 2,00 € |
ACTIVIDADE TIPO 1 NON ABONADO (por cada día á semana) | 11,00 € |
ACTIVIDADE TIPO 1 ABONADO (por cada día á semana) | 1,50 € |
ACTIVIDADE TIPO 2 NON ABONADO (por cada día á semana) | 12,00 € |
ACTIVIDADE TIPO 2 ABONADO (por cada día á semana) | 2,00 € |
ACTIVIDADE TIPO 3 NON ABONADO (por cada día á semana) | 20,00 € |
ACTIVIDADE TIPO 3 ABONADO (por cada día á semana) | 5,00 € |
SESIÓN SOLARIUM | 4,45 € |
SESION SOLARIUM ABONADOS | 2,00 € |
BONO SOLARIUM 10 SESIÓNS | 39,20 € |
BONO SOLARIUM ABONADOS 10 SESIÓNS | 17,50 € |
No importe de todas as tarifas entenderase incluído o IVE.
Os tipos de actividade serán os seguintes:
ACTIVIDADES TIPO 1: Actividades dirixidas de corte tradicional, que non requiren cualificación técnica complexa por parte do persoal que as imparte e que se realizan con pequeno material: aerobic, step, gap, aquagyim¿
ACTIVIDADES TIPO 2: Actividades dirixidas en sala para cuxa realización é precisa a utilización de gran material complementario: cicloindoor, ciclo tono,¿
ACTIVIDADES TIPO 3: Actividades dirixidas en sala que requiren para seren impartidas persoal cunha cualificación técnica complexa e de difícil acceso: ioga, pilates¿
Ademais, os seguintes prezos para clases soltas no caso de existir vacantes:
USUARIO ABONADO | USUARIO NON ABONADO |
1,00 | 3,00 |
4.- Utilización de pistas de padel.
Pola utilización de calquera das pistas de pádel, por parte de persoas ou entes privados, por cada media hora our fracción: 9 euros.
Os horarios para o seu aluguer serán, con carácter xeral, os seguintes:
Horario de mañá:
10:00 h-11:30 h
11:30 h-13:00 h
Horario de tarde:
17:00 h-18:30 h
18:30 h-20:00 h
20:00 h-21:30 h
21:30 h-23:00 h
Artigo 7º. - Normas de xestión
Terán a consideración de abonados das instalacións quen o solicite ao Concello en instancia dirixida ao señor Alcalde-Presidente, facendo constar idade e domicilio, acompañando dúas fotografías, tamaño carné, por persoa. A calidade de abonado que será outorgada pola Alcaldía, unha vez comprobado que a solicitude reúne tódalas condicións esixidas e que existe cota suficiente para a capacidade das instalacións, estendéndose neste caso o correspondente carné, dará dereito á utilización das instalacións polideportivas, abonando a súa cota mensual, trimestral ou anual.
Para efectos de verificación dos datos da instancia, será necesaria a exhibición do libro de familia coa comprobación da preceptiva inclusión no padrón de habitantes, no caso de que o domicilio indicado sexa nesta localidade.
Os abonados deberán satisfacer as súas cotas como tales dentro dos primeiros cinco días hábiles de cada mes, trimestre ou ano, por adiantado.
Artigo 8º. - Exencións, reducións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario algún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou veñan previstos en normas con rango de lei.
Artigo 9º . - Infraccións e sancións tributarias.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, rexerase segundo o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.