Irixoa - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 10 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICO)
Artigo 1.-Feito impoñible.
1. De conformidade co previsto no art. 101 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a cal se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, con independencia de que se solicitase e obtivese ou non esta, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, a modo enunciativo non exclusivo, en:
a) Obras de construccións de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e saneamento.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outra non especificada e que requira licencia de obra urbanística.
Artigo 2.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións e obras, sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.
2. Teñen a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.
Artigo 3.-Base impoñible, cota e a obriga de retribuír.
1. A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.
2. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame correspondente.
3. Os tipos de gravame que se establecen, segundo cada tipo de obra, son os seguintes:
a) Tipo xeral, subsidiario e residual: 2%
b) Obras de nova planta para calquera tipo de uso, incluídos cerrados:
- A executar en 1 ou 2 parcelas catastrais rústicas: 2%
- A executar en 3 ou máis parcelas catastrais rústicas: 2,4%
c) Obras de reforma, reconstrucción, substitución de elementos, etc.: 1,5%
d) Obras de demolición e escavación: 1%
e) Pozos, fosas sépticas, abastecementos de auga e similares: 1%
4. O imposto retribuirase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se solicitase nin obtivese a pertinente licencia.
Artigo 4.-Xestión.
1.-................................
2.-................................
3.-Para a estimación do custo efectivo e real da construcción teranse en conta os seguintes criterios:
a) Nos proxectos técnicos visados polo colexio correspondente ó orzamento de execución material, quedando excluídos polo tanto os gastos xerais, beneficio industrial, honorarios de redacción e IVE.
b) Para os demais supostos o técnico realizará a estimación atendendo ós prezos unitarios fixados no anexo do presente articulado, podendo incluso facerse estimacións por métodos complementarios ou analóxicos, sempre que non existise estimación específica no anexo.
Artigo 5.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria; Lei de dereitos e garantía do contribuínte e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime legal e normativo citado anteriormente e que regule a presente materia.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario do 11.10.2001 e modificada por acordo plenario do 31.5.2002, entrará en vigor unha vez publicada no BOP, e unha vez transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, comezando a aplicarse efectivamente a partir do día seguinte ó da dita publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
ANEXO (Ordenanza fiscal ICO)
Módulos de cálculo simplificado dos orzamentos das obras
1.-Obras maiores: segundo orzamento do proxecto
2.-Obras menores
A) Demolicións (euros/m2)
- De muros: 12,62
- De tabiques: 2,76
- De solados: 3,97
- De alicatados e revestimentos: 4,51
- De forxados: 6,01
- De cuberta de tella: 4,21
- De cuberta de fibrocemento: 3,91
- De edificación completa: 6,61
B) Movementos de terras (euros/m3)
- Escavación de gabias: 8,41
- Escavación de baleirado: 6,91
- Recheo de gabias: 15,63
- Recheo a ceo aberto: 4,81
- Carga e transporte de terras ó vertedeiro: 2,10
- Tubos de canalización: 2,70 euros/ml
C) Cerrados (euros/ml)
- De estacas e arame: 2,70
- De tea metálica revestida: 13,82
- De zócolo de fábrica e tela metálica revestida: 22,24
- De fábrica revestida (máximo 1,2 m de alto): 30,05
- De zócolo de fábrica revestido e celosía: 37,56
- De cachotería e celosía: 47,48
- Columna para contador de luz: 138,23 euros/ud.
D) Pinturas (euros/m2)
- Interior: 3,01
- Exterior: 4,51
E) Carpintería (euros/m2 ou ud.)
- Porta de entrada: 180,30 ud.
- Porta interior: 99,17 ud.
- Fiestra: 120,20
- Fiestra en cuberta: 180,30 ud.
- Galería cerrada de balcóns e terrazas: 120,20
- Reixa de seguridade: 30,05
- Cancela: 84,14
F) Albanelería e estructuras (euros/m2 ou m3)
- Formigón en masa: 57,10 euros/m3
- Estructura completa de formigón armado: 46,28
- Estructura de nave en aceiro: 30,05
- Soleira: 18,82
- Forxado: 21,04
- Muro de contención de formigón armado: 37,56
- Muro de cachotería: 72,12
- Muro de bloque de formigón: 13,82
- Muro de ladrillo: 11,42
- Cerramento de dobre folla de ladrillo: 14,52
- Celosía, balaustrada: 45,08
- Alicatado: 19,53
- Enfoscado: 6,51
G) Cubertas (euros/m2)
- De fibrocemento e tella: 30,05
- De tella: 22,54
- De lousa: 33,06
- De tea asfáltica: 27,05
- Substitución de tella por fibrocemento e tella: 27,55
H) Galpóns e cobertizos (euros/m2)
- De bloque ou ladrillo revestido: 100,17
- De madeira: 55,29
I) Instalacións (euros/ud. ou m2)
- Aseo (fontanería e saneamento sen aparatos): 105,18
- Baño (fontanería e saneamento sen aparatos): 140,24
- Cociña (fontanería e saneamento sen aparatos): 115,19
- Unidade de peza de baño (bañeira, lavabo, etc., incluído billería): 75,25
- Pozo de barrena: 951,60
- Pozo artesán: 1.252,11
- Fosa séptica: 751,27
- Rede eléctrica (ata 150 m2): 876,48
- Rede eléctrica (máis de 150 m2): 5,01 euros/m2 adicional
- Rede de calefacción (ata 100 m2): 2.754,64
- Rede de calefacción (máis de 100 m2): 10,02 euros/m2 adicional
K) Varios (euros/m2)
- Piscina completa (ata 150 m2): 7.512,65
- Piscina (máis de 150 m2): 250,42
- Pista deportiva: 50,08
- Beirarrúa: 13,52
O que se publica para coñecemento xeral e debido cumprimento, comezando a vixencia desta normativa a partir do día seguinte á presente publicación. Contra o presente acordo poden interpoñerse os oportunos recursos de reposición (potestativo) e contencioso-administrativo.