Irixoa - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 10 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICO)

Publicación provisional: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Publicación definitiva: 24/12/2001 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2013

Artigo 1.-Feito impoñible.

1. De conformidade co previsto no art. 101 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a cal se esixa a obtención da correspondente licenza de obra urbanística, con independencia de que se solicitase e obtivese ou non esta, sempre que a súa expedición corresponda a este concello.

2. As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, a modo enunciativo e non exclusivo, en:

a) Obras de construccións de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.

d) Aliñacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e saneamento.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outra non especificada e que requira licenza de obra urbanística.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións e obras, sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.

2. Teñen a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.

Artigo 3. Base impoñible, cota e a obriga de contribuír.

1. A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.

2. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible o tipo de gravame correspondente.

3. Os tipos de gravame que se establecen, segundo cada tipo de obra, son os seguintes:

a) Tipo xeral, subsidiario e residual: 2,5 %

b) Obras de nova planta e demolicións para calquera tipo de uso, incluídos cerrados, escavacións, abastecemento, etc.:

1- A executar en 1 ou 2 parcelas catastrais: 2,5 %

2- A executar en 3 ou máis parcelas catastrais, cun orzamento superior a 30.000 € e sempre que non se refiran a uso de vivenda: 3,0 %

c) Obras de reforma, reconstrucción, substitución ou renovación de elementos, etc.: 2,2 %

4. O imposto retribuirase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se solicitase nin obtivese a pertinente licenza.

Artigo 4.-Xestión.

1. Cando se conceda a licenza preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento de execución material presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polo técnico municipal, de acordo co custo estimado do proxecto ou memoria.

2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e o custo real efectivo destas, farase polo concello a oportuna comprobación administrativa, que pode modifica-la base impoñible prevista no apartado anterior; se non existise modificación, a liquidación do apartado anterior obterá o carácter de definitiva, pero se existise modificación practicarase unha nova liquidación con carácter definitivo; o resultado da nova liquidación definitiva poderá ser favorable ó Concello, esixíndose ó suxeito pasivo a diferencia, ou favorable ó suxeito pasivo, reintegrándoselle o que corresponda.

3.-Para a estimación do custo efectivo e real da construcción teranse en conta os seguintes criterios:

a) Nos proxectos técnicos visados polo colexio correspondente ao orzamento de execución material, quedando excluídos polo tanto os gastos xerais, beneficio industrial, honorarios de redacción e IVE.

b) Para os demais supostos o técnico realizará a estimación atendendo ós prezos unitarios fixados no anexo do presente articulado, podendo incluso facerse estimacións por métodos complementarios ou analóxicos, sempre que non existise estimación específica no anexo.

Artigo 5.-Inspección e recadación.

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria; Lei de dereitos e garantía do contribuínte e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 6.-Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime legal e normativo citado anteriormente e que regule a presente materia.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal, aprobada orixinariamente por acordo plenario do 11-10-2001, modificada por acordoa do 31-5-2002, do 20-12-2007, e na presente modificación por acordo plenario do 31-10-2012, entrará en vigor e será de plena aplicación, en canto a tal modificación, no día 1-1-2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Anexo

Anexo de módulos de cálculo simplificado dos orzamentos das obras

1.-Obras maiores: segundo orzamento do proxecto

2.-Obras menores

A) Demolicións (euros/m²)

- De muros: 15 €/m²

- De tabiques: 3 €/m²

- De solados: 4 €/m²

- De alicatados e revestimentos: 5 €/m²

- De forxados: 7 €/m²

- De cuberta de tella: 5 €/m²

- De cuberta de fibrocemento: 4 €/m²

- De edificación completa: 8 €/m²

B) Movementos de terras (euros/m³)

- Escavación de gabias: 10 €/m³

- Escavación de baleirado: 8 €/m³

- Recheo de gabias: 18 €/m³

- Recheo a ceo aberto: 6 €/m³

- Carga e transporte de terras ao vertedeiro: 2,25 €/m³

- Tubos de canalización: 3 euros/ml

C) Cerrados (euros/ml)

- De estacas e arame: 3 €/ml

- De tea metálica revestida: 16 €/ml

- De zócalo de fábrica e tea metálica revestida: 26 €/ml

- De fábrica revestida (máximo 1,2 m de alto): 35 €/ml

- De zócalo de fábrica revestido e celosía: 44 €/ml

- De cachotería e celosía: 55 €/ml

- De plantación vexetal: 7 €/ml

- Columna para contador de luz: 162 euros/ud.

D) Pinturas (euros/m²)

- Interior: 3,25 €/m²

- Exterior: 5 €/m²

E) Carpintería en madeira, metal ou resto de materiais (euros/m², ml ou ud.)

- Porta de entrada: 210 €/ude.

- Porta interior: 116 €/ude.

- Fiestra: 140 €/m²

- Fiestra en cuberta: 210 €/ude.

- Galería cerrada de balcóns e terrazas: 140 €/m²

- Reixa de seguridade: 32 €/m²

- Varanda de madeira (ata 1,20 m alto): 90 €/ml

- Varanda metálica (ata 1,20 m alto): 138 €/ml

- Cancela: 98 €/m²

- Canalóns e baixantes para recollida de augas: 25 €/ml

F) Albanelería e estructuras (euros/m² ou m³)

- Formigón en masa: 67 euros/m³

- pavimento de solado en formigón: 10 €/m²

- Estrutura completa de formigón armado: 54 €/m²

- Estrutura de nave en aceiro: 35 €/m²

- Soleira: 22 €/m²

- Forxado: 24 €/m²

- Apertura de ocos en fachada: 67 €/m²

- Muro de contención de formigón armado: 44 €/m²

- Muro de cachotería: 76 €/m²

- Muro de bloque de formigón: 15 €/m²

- Muro de ladrillo: 12 €/m²

- Cerramento de dobre folla de ladrillo: 15 €/m²

- Celosía: 48 €/m²

- Alicatado: 21 €/m²

- Enfoscado: 7 €/m²

- Acondicionamento de baixos para hostelería, entidades financieras e espectáculos: 392 €/m²

- Idem. para vivenda e restantes usos comerciais: 223 €/m²

- Idem. para garaxes e uos auxiliares: 95 €/m²

G) Cubertas (euros/m²)

- De fibrocemento e tella: 35 €/m²

- De tella: 26 €/m²

- De lousa: 38 €/m²

- De tea asfáltica: 32 €/m²

- Substitución de tella por fibrocemento e tella: 32 €/m²

- Retellado de cuberta, con renovación e limpeza de ata 40% superficie total: 16 €/m²

H) Galpóns, adegas, garaxes e cobertizos (euros/m²)

- De bloque ou ladrillo revestido: 117 €/m²

- De madeira ou resto materiais lixeiros: 64 €/m²

I) Instalacións (euros/ud. ou m²)

- Aseo (fontanería e saneamento sen aparellos): 123 €/ude

- Baño (fontanería e saneamento sen aparellos): 164 €/ude

- Cociña (fontanería e saneamento sen aparellos): 134 €/ude

- Unidade de peza de baño (bañeira, lavabo, etc., incluído billería): 88 €/ude

- Pozo de barrena: 1.108 €/ude

- Pozo artesán: 1.458 €/ude

- Fosa séptica: 876 €/ ude

- Rede eléctrica (ata 150 m²): 1.023 €/ude

- Rede eléctrica (máis de 150 m²): 6 euros/m² adicional

- Rede de calefacción (ata 100 m²): 3.212 €/ ude

- Rede de calefacción (máis de 100 m²): 12 euros/m² adicional

K) Varios (euros/m²)

- Piscina completa (ata 120 m²): 8.756 €/ ude

- Piscina (máis de 120 m²): 292 €/ m² adicional

- Pista deportiva: 58 €/m²

- Beirarrúa: 16 €/m²

- Impermeabilización con lámina PVC: 12 €/ m²

- idem. con lámina bituminosa: 7 €/ m²

- Idem . con outros materiais: 5 €/m²