Irixoa - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 10 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICO)
Artigo 1.-Feito impoñible.
1. De conformidade co previsto no art. 101 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a cal se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, con independencia de que se solicitase e obtivese ou non esta, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, a modo enunciativo non exclusivo, en:
a) Obras de construccións de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e saneamento.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outra non especificada e que requira licencia de obra urbanística.
Artigo 2.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións e obras, sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.
2. Teñen a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.
Artigo 3.-Base impoñible, cota e a obriga de retribuír.
Artigo 4.-Xestión.
1. Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento de execución material presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polo técnico municipal, de acordo co custo estimado do proxecto ou memoria.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e o custo real efectivo destas, farase polo Concello a oportuna comprobación administrativa, que pode modifica-la base impoñible prevista no apartado anterior; se non existise modificación, a liquidación do apartado anterior obterá o carácter de definitiva, pero se existise modificación practicarase unha nova liquidación con carácter definitivo; o resultado da nova liquidación definitiva poderá ser favorable ó Concello, esixíndose ó suxeito pasivo a diferencia, ou favorable ó suxeito pasivo, reintegrándoselle o que corresponda.
3.-Para a estimación do custo efectivo e real da construcción teranse en conta os seguintes criterios:
a) Nos proxectos técnicos visados polo colexio correspondente ó orzamento de execución material, quedando excluídos polo tanto os gastos xerais, beneficio industrial, honorarios de redacción e IVE.
b) Para os demais supostos o técnico realizará a estimación atendendo ós prezos unitarios fixados no anexo do presente articulado, podendo incluso facerse estimacións por métodos complementarios ou analóxicos, sempre que non existise estimación específica no anexo.
Artigo 5.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria; Lei de dereitos e garantía do contribuínte e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime legal e normativo citado anteriormente e que regule a presente materia.
Disposición final.