Irixoa - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 10 REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICO)
Artigo 1.-Feito impoñible.
1. De conformidade co previsto no art. 101 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do término municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a cal se esixa a obtención da correspondente licencia de obra urbanística, con independencia de que se solicitase e obtivese ou non esta, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. As construccións, instalacións e obras a que se refire o apartado anterior poderán consistir, a modo enunciativo non exclusivo, en:
a) Obras de construccións de edificacións e instalacións de todas clases de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras en edificios, tanto aquelas que modifiquen a súa disposición interior como o seu aspecto exterior.
d) Aliñacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e saneamento.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outra non especificada e que requira licencia de obra urbanística.
Artigo 2.-Suxeitos pasivos.
1. Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións e obras, sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.
2. Teñen a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte aqueles que soliciten as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.
Artigo 3.-Base impoñible, cota e a obriga de retribuír.
Artigo 4.-Xestión.
1. Cando se conceda a licencia preceptiva practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento de execución material presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo colexio oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polo técnico municipal, de acordo co custo estimado do proxecto ou memoria.
2. Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e o custo real efectivo destas, farase polo Concello a oportuna comprobación administrativa, que pode modifica-la base impoñible prevista no apartado anterior; se non existise modificación, a liquidación do apartado anterior obterá o carácter de definitiva, pero se existise modificación practicarase unha nova liquidación con carácter definitivo; o resultado da nova liquidación definitiva poderá ser favorable ó Concello, esixíndose ó suxeito pasivo a diferencia, ou favorable ó suxeito pasivo, reintegrándoselle o que corresponda.
3.-Para a estimación do custo efectivo e real da construcción teranse en conta os seguintes criterios:
a) Nos proxectos técnicos visados polo colexio correspondente ó orzamento de execución material, quedando excluídos polo tanto os gastos xerais, beneficio industrial, honorarios de redacción e IVE.
b) Para os demais supostos o técnico realizará a estimación atendendo ós prezos unitarios fixados no anexo do presente articulado, podendo incluso facerse estimacións por métodos complementarios ou analóxicos, sempre que non existise estimación específica no anexo.
Artigo 5.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria; Lei de dereitos e garantía do contribuínte e nas demais leis reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 6.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como na determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime legal e normativo citado anteriormente e que regule a presente materia.
Disposición final.
ANEXO (Ordenanza fiscal ICO)
Anexo de módulos de cálculo simplificado dos orzamentos das obras
1.-Obras maiores: segundo orzamento do proxecto
2.-Obras menores
A) Demolicións (euros/m²)
- De muros: 15 €/m²
- De tabiques: 3 €/m²
- De solados: 4 €/m²
- De alicatados e revestimentos: 5 €/m²
- De forxados: 7 €/m²
- De cuberta de tella: 5 €/m²
- De cuberta de fibrocemento: 4 €/m²
- De edificación completa: 8 €/m²
B) Movementos de terras (euros/m³)
- Escavación de gabias: 10 €/m³
- Escavación de baleirado: 8 €/m³
- Recheo de gabias: 18 €/m³
- Recheo a ceo aberto: 6 €/m³
- Carga e transporte de terras ao vertedeiro: 2,25 €/m³
- Tubos de canalización: 3 euros/ml
C) Cerrados (euros/ml)
- De estacas e arame: 3 €/ml
- De tea metálica revestida: 16 €/ml
- De zócalo de fábrica e tea metálica revestida: 26 €/ml
- De fábrica revestida (máximo 1,2 m de alto): 35 €/ml
- De zócalo de fábrica revestido e celosía: 44 €/ml
- De cachotería e celosía: 55 €/ml
- De plantación vexetal: 7 €/ml
- Columna para contador de luz: 162 euros/ud.
D) Pinturas (euros/m²)
- Interior: 3,25 €/m²
- Exterior: 5 €/m²
E) Carpintería en madeira, metal ou resto de materiais (euros/m², ml ou ud.)
- Porta de entrada: 210 €/ude.
- Porta interior: 116 €/ude.
- Fiestra: 140 €/m²
- Fiestra en cuberta: 210 €/ude.
- Galería cerrada de balcóns e terrazas: 140 €/m²
- Reixa de seguridade: 32 €/m²
- Varanda de madeira (ata 1,20 m alto): 90 €/ml
- Varanda metálica (ata 1,20 m alto): 138 €/ml
- Cancela: 98 €/m²
- Canalóns e baixantes para recollida de augas: 25 €/ml
F) Albanelería e estructuras (euros/m² ou m³)
- Formigón en masa: 67 euros/m³
- pavimento de solado en formigón: 10 €/m²
- Estrutura completa de formigón armado: 54 €/m²
- Estrutura de nave en aceiro: 35 €/m²
- Soleira: 22 €/m²
- Forxado: 24 €/m²
- Apertura de ocos en fachada: 67 €/m²
- Muro de contención de formigón armado: 44 €/m²
- Muro de cachotería: 76 €/m²
- Muro de bloque de formigón: 15 €/m²
- Muro de ladrillo: 12 €/m²
- Cerramento de dobre folla de ladrillo: 15 €/m²
- Celosía: 48 €/m²
- Alicatado: 21 €/m²
- Enfoscado: 7 €/m²
- Acondicionamento de baixos para hostelería, entidades financieras e espectáculos: 392 €/m²
- Idem. para vivenda e restantes usos comerciais: 223 €/m²
- Idem. para garaxes e uos auxiliares: 95 €/m²
G) Cubertas (euros/m²)
- De fibrocemento e tella: 35 €/m²
- De tella: 26 €/m²
- De lousa: 38 €/m²
- De tea asfáltica: 32 €/m²
- Substitución de tella por fibrocemento e tella: 32 €/m²
- Retellado de cuberta, con renovación e limpeza de ata 40% superficie total: 16 €/m²
H) Galpóns, adegas, garaxes e cobertizos (euros/m²)
- De bloque ou ladrillo revestido: 117 €/m²
- De madeira ou resto materiais lixeiros: 64 €/m²
I) Instalacións (euros/ud. ou m²)
- Aseo (fontanería e saneamento sen aparellos): 123 €/ude
- Baño (fontanería e saneamento sen aparellos): 164 €/ude
- Cociña (fontanería e saneamento sen aparellos): 134 €/ude
- Unidade de peza de baño (bañeira, lavabo, etc., incluído billería): 88 €/ude
- Pozo de barrena: 1.108 €/ude
- Pozo artesán: 1.458 €/ude
- Fosa séptica: 876 €/ ude
- Rede eléctrica (ata 150 m²): 1.023 €/ude
- Rede eléctrica (máis de 150 m²): 6 euros/m² adicional
- Rede de calefacción (ata 100 m²): 3.212 €/ ude
- Rede de calefacción (máis de 100 m²): 12 euros/m² adicional
K) Varios (euros/m²)
- Piscina completa (ata 120 m²): 8.756 €/ ude
- Piscina (máis de 120 m²): 292 €/ m² adicional
- Pista deportiva: 58 €/m²
- Beirarrúa: 16 €/m²
- Impermeabilización con lámina PVC: 12 €/ m²
- idem. con lámina bituminosa: 7 €/ m²
- Idem . con outros materiais: 5 €/m²