Neda - ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 2.-Suxeitos pasivos e exencións
a) Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.
b) Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licencia ou realice a construcción, instalación ou obra, se non fose o propio contribuínte.
c) Están exentos do pagamento da presente ordenanza:
1.-Calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexa directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión sexa levada por organismos autónomos, tanto se é obra de investimento novo como de conservación.
2.-As obras, construccións e instalacións que debendo ser entregadas ó patrimonio municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude do convenio de colaboración ou cooperación co concello.
3.-As obras, construccións e instalacións que promova dentro do termo municipal do Concello de Neda a Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.
4.-As obras que consistan en reconstrucción de muros, como consecuencia do ensanche das vías públicas, se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.
5.-A execución de obras de urbanización realizada polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.
Artigo 3.-Base impoñible. Cota de devengo
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construcción instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.
3.-O tipo de gravame será o 2,50 por cento.
4.-O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese a correspondente licencia.
Artigo 4.-Bonificacións
1.-Establécese unha bonificación do 90 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
2.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. A aplicación desta bonificación está condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente. O importe da bonificación non poderá supera-lo 50 por cento da cota íntegra do imposto.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación ó que se refire o apartado anterior.
3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras referentes ós aloxamentos protexidos segundo o artigo 3, letra b), do Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ó que se refiren os apartados anteriores.
4.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. O importe da bonificación non poderá supera-lo 90 por cento da cota íntegra do imposto.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.
Artigo 5.-Xestión
1.º .-Cando se conceda licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada a dita licencia, se comece a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisoria a conta, determinándose a base impoñible:
a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que este estivera visado no colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Cando no se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base impoñible será determinada polos ditos servicios en función dos seguintes
Módulos:
| Importe | |
| Edificacións | |
| - Vivendas unifamiliares. | 300,51 euros/m2 |
| - Edificios para vivendas plurifamiliares. | 270,46 euros/m2 |
| - Edificios de uso hostaleiro (42.2), comercial (42.3), oficinas (42.4). | 330,56 euros/m2 |
| - Edificios de uso industrial(42.5). | 120,20 euros/m2 |
| - Edificios de uso garaxe-aparcamento(42.6). | 125,00 euros/m2 |
| - Edificios de uso residencial móbil (42.7). | 280,00 euros/m2 |
| - Edificios de uso sanitario (42.8), asistencial (42.9), educativo (42.10), socio-cultural (42.11) e relixioso (42.12), cando non estean exentos de pagamento de licencia. | 320,00 euros/m2 |
| - Edificios de uso deportivo (42.13) e recreativo(42.14). | 120,20 euros/m2 |
| - Bodegas con estructura de formigón, forxado e cuberta de fibrocemento. | 120,20 euros/m2 |
| - Bodegas, peche de bloque, viguetas de formigón e placas de fibrocemento. | 90,15 euros/m2 |
| - Galiñeiros e similares. | 60,10 euros/m2 |
| - Alpendres e alboios. | 48,08 euros/m2 |
| Demolicións: | |
| - Demolición de cubertas. | 3,01 euros/m2 |
| - Demolición de forxados. | 6,01 euros/m2 |
| - Demolición de edificacións. | 7,21 euros/m2 |
| - Demolición de muros < 1 m | 3,01 euros/m.l. |
| - Demolición de muros > 1 m | 4,50 euros/m.l. |
| - Escavacións a ceo aberto e transportes. | 1,80 euros/m3 |
| - Recheo e estendido. | 3,61 euros/m3 |
| Valados de peche: | |
| - Muro de bloque. | 18,03 euros/m2 |
| - Muro de pedra. | 60,10 euros/m2 |
| - Peche con poste metálico e maia. | 9,02 euros/m2 |
| - Peches vexetais. | 9,02 euros/m.l. |
| Estructuras: | |
| - Placa de forxado e pilares. | 42,07 euros/m2 |
| - Estructura a base de pilares e vigas. | 30,05 euros/m2 |
| - Pontóns e tarima de madeira. | 30,05 euros/m2 |
| Obras de acondicionamento e reforma: | |
| - Acondicionamento de baixo para vivenda. | 180,30 euros/m2 |
| - Acondicionamento de local uso hostaleiro (42.2), comercial (42.3), oficinas (42.4). | 210,00 euros/m2 |
| - Acondicionamento de local uso industrial(42.5). | 75,00 euros/m2 |
| - Acondicionamento de local garaxe-aparcamento(42.6). | 80,00 euros/m2 |
| - Acondicionamento de local uso sanitario (42.8), asistencial (42.9), educativo (42.10), socio-cultural (42.11) e relixioso (42.12), cando non estean exentos de pagamento de licencia. | 190,00 euros/m2 |
| - Acondicionamento de local uso deportivo (42.13) e recreativo(42.14). | 75,00 euros/m2 |
| - Rebocados, encitados e pintados. | 12,02 euros/m2 |
| - Substitución de portas e ventás. | 180,30 euros/und. |
| - Soleiras. | 21,04 euros/m2 |
| - Peche de fachada con dobre folla de ladrillo. | 30,05 euros/m2 |
| - Cuarto de baño. | 1803,04 euros/und. |
| - Cociñas. | 1803,04 euros/und. |
| Instalacións: | |
| - Instalación de electricidade. | 1202,02 euros/und. |
| - Instalación de fontanería. | 901,52 euros/und. |
| - Instalación de calefacción. | 3005,06 euros/und. |
| - Pozos. | 1.081,12 euros/und. |
| - Fosas sépticas. | 781,32 euros/und |
| Ventilación e aire acondicionado. | 50,00 euros/m2 |
| Urbanización: | |
| - Beirarrúas e terrazas con baldosas de cemento. | 18,03 euros/m2 |
| - Tubos de canalización. | 36,06 euros/m.l. |
| - Pozos de rexistro. | 270,46 euros/und. |
| - Arquetas. | 120,20 euros/und. |
| - Muro de contención de formigón armado. | 150,25 euros/m2 |
| Cubertas: | |
| - Reposición entramado. | 8,50 euros/m2 |
| - Reposición cuberta con placas de fibrocemento. | 12,02 euros/m2 |
| - Reposición de cuberta con tella. | 21,04 euros/m2 |
| - Reposición de cuberta con lousa. | 48,08 euros/m2 |
| - Reposición cuberta chapa. | 14,50 euros/m2 |
| - Reposición cuberta panel. | 21,40 euros/m2 |
2.º .-Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente executadas e do custo real e efectivo destas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñible a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.º .-No caso de que a correspondente licencia de obras ou urbanística sexa denegada, os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.
Artigo 6.-Inspección e recadación
A Inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 7.-Infraccións e sancións
En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.