Neda - ORDENANZA FISCAL Nº 3, REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS INSTALACIÓNS E OBRAS DO CONCELLO DE NEDA

Publicación provisional: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Publicación definitiva: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Aplicable dende: 23/05/2024

Artigo 1.-Feito Impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra urbanística, ou a presentación da correspondente comunicación previa, obtivérase ou non dita licenza, ou presentárase ou non a preceptiva comunicación previa, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.

2.-As construcións, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, poderán consistir en:

a) Obras de construción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras de edificios, tanto aqueles que modifiquen a súa disposición interior, como seu aspecto exterior.

d) Alineacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e saneamento.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outras construcións, instalacións ou obras que requiran licenza de obra urbanística.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos e exencións

a) Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.

b) Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licenza ou realice a construción, instalación ou obra, se non fose o propio contribuínte.

c) Están exentos do pagamento da presente ordenanza:

1.-Calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexa directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión sexa levada por organismos autónomos, tanto se é obra de investimento novo como de conservación.

2.-As obras, construcións e instalacións que debendo ser entregadas ó patrimonio municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude do convenio de colaboración ou cooperación co concello.

3.-As obras, construcións e instalacións que promova dentro do termo municipal do Concello de Neda a Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.

4.-As obras que consistan en reconstrución de muros, como consecuencia do ensanche das vías públicas, se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.

5.-A execución de obras de urbanización realizada polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.

Artigo 3.-Base impoñible. Cota de devengo

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, entendéndose por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.

Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construción instalación u obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.

2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.

3.- O tipo de gravame será o 2,60 por 100.

4.- O imposto devengase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 4.-Bonificacións

1.-Establécese unha bonificación do 90 por cento a prol das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2. Establécese unha bonificación do 95% a prol das construcións, instalacións e obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, igual a parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. A aplicación desta bonificación esta condicionada a que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores que dispoñan de homologación da Administración competente.

Dita bonificación aplicarase a cota resultante de aplicar no seu caso a bonificación do artigo 4.1.

3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construcións, instalacións ou obras referentes ós aloxamentos protexidos segundo o artigo 3, letra b), do Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ó que se refiren os apartados anteriores.

4. Establécese unha bonificación do 90% a prol das construcións, instalacións e obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados igual a parte do importe da correspondente á devandita instalación. Dita bonificación aplicarase a cota resultante de aplicar no seu caso as bonificacións as que se refiren os parágrafos anteriores.

5. Establécese unha bonificación de ata o 95% para as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego, regulada no artigo 103.2 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A gradación da porcentaxe de bonificación aplicarase do seguinte xeito:

- Ata 95 por 100 pola creación de máis de 20 postos de traballo.

- Cando menos o 75 por 100 pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo.

- Cando menos o 50 por 100 pola creación de ata 10 postos de traballo.

Esta bonificación será de aplicación unicamente a aquelas construcións, instalacións ou obras destinadas á implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como a aquelas outras que consistan nunha ampliación das instalacións sempre e cando implique creación de emprego.

Corresponderá dita declaración ao Pleno da Corporación e acordarase, previa solicitude do suxeito pasivo, polo voto favorable da maioría simple dos seus membros.

O emprego comprometido deberá manterse, cando menos, un período de tres anos dende o inicio da actividade polo suxeito pasivo. Tal circunstancia deberá ser acreditada por este ante os servizos tributarios do concello dentro dos 15 días seguintes ao remate de cada trimestre. O non cumprimento deste requisito dará lugar o inicio do correspondente expediente de reintegro.

Artigo 5.-Xestión

1º.-Cando se conceda licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada a dita licenza, se comece a construción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisoria a conta, determinándose a base impoñible:

a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado no colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.

b) Cando no se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, a criterio dos servizos técnicos municipais, a base impoñible será determinada por ditos servizos en función dos seguintes parámetros:

OBRAS MAIORES:

A fórmula para o cálculo do presuposto de execución material (PEM), base impoñible do ICIO, obtense de multiplicar a superficie construída para cada uso dos solicitados, por un módulo básico de referencia (Mbr), que para o ano 2013 é de 520,00 €, ponderado con uns coeficientes en función da tipoloxía da edificación solicitada (Ct) e o uso da mesma (Cu).

Así resulta:

P.E.M. = Mbr x Ct x Cu.

Os coeficientes ponderadores en función da tipoloxía e do uso da edificación serán consontes á seguinte táboa:

COEFICIENTE TIPOLÓGICO (Ct)

En edificaciones de nueva planta y adiciones

1,20

Edificación aislada (4 fachadas). Vivienda unifamiliar aislada. Sótanos a partir del 3.º

1,10

Agrupación en fila o hilera. Sótanos 1.º y 2.º.

1,00

Edificio en manzana cerrada. Edificación abierta vivienda colectiva

En obras de reforma y rehabilitación

1,20

Rehabilitación total incluyendo desmontaje de fachadas

1,00

Adecuación interior de plantas bajas y entreplantas. Rehabilitación integral del edificio conservando exclusivamente las fachadas.

0,65

Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente.

0,50

Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente.

0,50

Reformas de elementos estructurales.

0,35

Rehabilitación de fachadas. Sustitución de carpintería y cerramientos (aplicada a la superficie de fachada).

0,30

Reformas de poca entidad que no afecten a elementos estructurales ni a instalaciones (acabados interiores).

0,02

Demoliciones y derribos (aplicada a la superficie total de las plantas que se derriban). (Coef. Uso=1,00)

COEFICIENTE DE USOS (Cu)

1,60

Auditorios. Museos. Teatros. Hoteles 5*. Edificios bancarios.

1,50

Hospitales. Laboratorios. Iglesias.

1,40

Bibliotecas. Facultades y escuelas universitarias. Hoteles 4*. Edificios penitenciarios. Terminales marítimas y aéreas.

1,30

Clubes sociales. Cines. Centros de Salud. Balnearios. Hoteles 3*. Salas de fiestas. Discotecas. Colegios con Residencia.

1,20

Casas de la Cultura. Casas Consistoriales. Locales Bancarios. Consultorios. Residencias 3.ª edad. ApartHoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteles. Mataderos.

1,10

Vivienda. Hoteles de 2*. Residencias universitarias. Moteles.

1,00

Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteles de 1*. Ambulatorios. Hostales-Residencias.Restaurantes. Estaciones de autobuses. Salas de exposiciones. Piscinas cubiertas.

0,90

Bares. Mercados.

0,80

Centro comercial. Pabellones deportivos cubiertos. Vestuarios. Bungalows. Servicios campings.

0,65

Edificios de aparcamientos. Local comercial. Establecimientos comerciales industria escaparate

0,50

Piscinas descubiertas. Cementerios.

0,40

Garajes y aparcamientos. Estaciones de servicio. Locales en planta baja o semisótano sin uso específico.

0,35

Trasteros. Porches y terrazas abiertas.

0,30

Almacenes y naves industriales. Instalaciones deportivas descubiertas. Naves. Granjas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteones (por nicho)

0,15

Acondicionamiento de naves con obras mínimas

0,10

Proyectos de urbanización (adscritos a la edificación). Parcelas campings (acondicionamiento de terrenos. Ct=1,00)

0,05

Jardines. Pistas de tierra y hormigón. Tratamiento de espacios exteriores.

OBRAS MENORES:

Para a cuantificación dos orzamentos que serven de base ó ICIO nas obras menores estarase ós prezos unitarios para cada unidade de obra de que conste a actuación para a que se solicita licencia, indicados na base de datos da construción de Galicia, na súa edición 14.ª , correspondente o ano 2011, editada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, baixo a supervisión do Instituto Galego da Vivenda e o Solo e a Consellería de Vivenda e Solo (actualmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) (a base de datos completa poderá consultarse, na páxina web do Concello).

2º.-Á vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente executadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñible a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.

3º.-No caso de que a correspondente licenza de obras ou urbanística sexa denegada, os suxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.

4º.- No caso das comunicacións previas de obras procederase á autoliquidación da cota correspondente no momento de presentación de dita comunicación, cuxa carta de pagamento deberase presentar no momento de dar conta ó Concello das obras a realizar. Sen este requisito non poderá declararse completa a documentación presentada.

Si como resultado da inspección practicada polos servizos técnicos do Concello se comprobase que a base liquidable é superior á declarada polo interesado, practicarase unha liquidación complementaria; a diferenza da cota resultante, xunto coas recargas que corresponda, deberá ser abonada polo suxeito pasivo.

Artigo 6.-Inspección e recadación

A Inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7.-Infraccións e sancións

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición Final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da corporación na sesión que tivo lugar o día 28 de maio de 2018, entrará en vigor no día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición Adicional Única

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.