Neda - Ordenanza nº 3, reguladora do imposto sobre construccións, instalación e obras
Artigo 1.-Feito Impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtiverase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.
2.-As construcción, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, poderán consistir en:
a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.
b) Obras de demolición.
c) Obras de edificios, tanto aqueles que modifiquen a súa disposición interior, como seu
aspecto exterior.
d) Alineacións e rasantes.
e) Obras de fontanería e saneamento.
f) Obras en cemiterios.
g) Calquera outras construccións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra urbanística.
Artigo 2.-Suxeitos pasivos e exencións
a) Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.
b) Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licencia ou realice a construcción, instalación ou obra, se non fose o propio contribuínte.
c) Están exentos do pagamento da presente ordenanza:
1.-Calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexa directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión sexa levada por organismos autónomos, tanto se é obra de investimento novo como de conservación.
2.-As obras, construccións e instalacións que debendo ser entregadas ó patrimonio municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude do convenio de colaboración ou cooperación co concello.
3.-As obras, construccións e instalacións que promova dentro do termo municipal do Concello de Neda a Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.
4.-As obras que consistan en reconstrucción de muros, como consecuencia do ensanche das vías públicas, se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.
5.-A execución de obras de urbanización realizada polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.
Artigo 3.-Base impoñible. Cota de devengo
Artigo 4.-Bonificacións
1.-Establécese unha bonificación do 90 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
2.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. A aplicación desta bonificación está condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente. O importe da bonificación non poderá supera-lo 50 por cento da cota íntegra do imposto.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación ó que se refire o apartado anterior.
3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras referentes ós aloxamentos protexidos segundo o artigo 3, letra b), do Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ó que se refiren os apartados anteriores.
4.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. O importe da bonificación non poderá supera-lo 90 por cento da cota íntegra do imposto.
A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.
Artigo 5.-Xestión
1.º.-Cando se conceda licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada a dita licencia, se comece a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisoria a conta, determinándose a base impoñible:
a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado no colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Cando no se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base impoñible será determinada por ditos servicios en función dos seguintes parámetros:
OBRAS MAIORES:
A fórmula para o cálculo do presuposto de execución material (PEM), base impoñible do ICIO, obtense de multiplicar a superficie construida parqa cada uso dos solicitados, por un módulo básico de referencia (Mbr), que para o ano 2013 é de 520,00 €, ponderado con uns coeficientes en función da tipoloxía da edificación solicitada (Ct) e o uso da mesma (Cu).
Así resulta:
P.E.M. = Mbr x Ct x Cu.
Os coeficientes ponderadores en función da tipoloxía e do uso da edificación seran consontes a seguinte táboa:
| |
| COEFICIENTE TIPOLÓGICO (Ct) |
| |
| En edificaciones de nueva planta y adiciones |
| |
1,20 | Edificación aislada (4 fachadas). Vivienda unifamiliar aislada. Sótanos a partir del 3.º |
1,10 | Agrupación en fila o hilera. Sótanos 1.º y 2.º. |
1,00 | Edificio en manzana cerrada. Edificación abierta vivienda colectiva |
| |
| En obras de reforma y rehabilitación |
| |
1,20 | Rehabilitación total incluyendo desmontaje de fachadas |
1,00 | Adecuación interior de plantas bajas y entreplantas. Rehabilitación integral del edificio conservando exclusivamente las fachadas. |
0,65 | Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente. |
0,50 | Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente. |
0,50 | Reformas de elementos estructurales. |
0,35 | Rehabilitación de fachadas. Sustitución de carpintería y cerramientos (aplicada a la superficie de fachada). |
0,30 | Reformas de poca entidad que no afecten a elementos estructurales ni a instalaciones (acabados interiores). |
0,02 | Demoliciones y derribos (aplicada a la superficie total de las plantas que se derriban). (Coef. Uso=1,00) |
| |
| COEFICIENTE DE USOS (Cu) |
| |
1,60 | Auditorios. Museos. Teatros. Hoteles 5*. Edificios bancarios. |
1,50 | Hospitales. Laboratorios. Iglesias. |
1,40 | Bibliotecas. Facultades y escuelas universitarias. Hoteles 4*. Edificios penitenciarios. Terminales marítimas y aéreas. |
1,30 | Clubes sociales. Cines. Centros de Salud. Balnearios. Hoteles 3*. Salas de fiestas. Discotecas. Colegios con Residencia. |
1,20 | Casas de |
1,10 | Vivienda. Hoteles de 2*. Residencias universitarias. Moteles. |
1,00 | Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteles de 1*. Ambulatorios. Hostales-Residencias. Restaurantes. |
0,90 | Bares. Mercados. |
0,80 | Centro comercial. Pabellones deportivos cubiertos. Vestuarios. Bungalows. Servicios campings. |
0,65 | Edificios de aparcamientos. Local comercial. Establecimientos comerciales industria escaparate |
0,50 | Piscinas descubiertas. Cementerios. |
0,40 | Garajes y aparcamientos. Estaciones de servicio. Locales en planta baja o semisótano sin uso específico. |
0,35 | Trasteros. Porches y terrazas abiertas. |
0,30 | Almacenes y naves industriales. Instalaciones deportivas descubiertas. Naves. Granjas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteones (por nicho) |
0,15 | Acondicionamiento de naves con obras mínimas |
0,10 | Proyectos de urbanización (adscritos a la edificación). Parcelas campings (acondicionamiento de terrenos. Ct=1,00) |
0,05 | Jardines. Pistas de tierra y hormigón. Tratamiento de espacios exteriores. |
OBRAS MENORES:
Para a cuantificación dos orzamentos que serven de base ó ICIO nas obras menores estarase ós precios unitarios para cada unidade de obra de que conste a actuación para a que se solicita licencia, indicados na base de datos da construcción de Galicia, na súa edición 14.ª , correspondente o ano 2011, editada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, baixo a supervisión do Instituto Galego da Vivenda e o Solo e a Consellería de Vivenda e Solo (actualmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras) (a base de datos completa poderá consultarse, na páxina web do Concello)
2.º.-Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente executadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñíble a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.º.-No caso de que a correspondente licencia de obras ou urbanística sexa denegada, os seuxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.
Artigo 6.-Inspección e recadación
A Inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 7.-Infraccións e sancións
En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno de data