Neda - Ordenanza nº 3, reguladora do imposto sobre construccións, instalación e obras

Publicación provisional: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Publicación definitiva: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1.-Feito Impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licencia de obra urbanística, obtiverase ou non dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.

2.-As construcción, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, poderán consistir en:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras de edificios, tanto aqueles que modifiquen a súa disposición interior, como seu

aspecto exterior.

d) Alineacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e saneamento.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outras construccións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra urbanística.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos e exencións

a) Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.

b) Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licencia ou realice a construcción, instalación ou obra, se non fose o propio contribuínte.

c) Están exentos do pagamento da presente ordenanza:

1.-Calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexa directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión sexa levada por organismos autónomos, tanto se é obra de investimento novo como de conservación.

2.-As obras, construccións e instalacións que debendo ser entregadas ó patrimonio municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude do convenio de colaboración ou cooperación co concello.

3.-As obras, construccións e instalacións que promova dentro do termo municipal do Concello de Neda a Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.

4.-As obras que consistan en reconstrucción de muros, como consecuencia do ensanche das vías públicas, se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.

5.-A execución de obras de urbanización realizada polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.

Artigo 3.-Base impoñible. Cota de devengo

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construcción instalación u obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.
3.- O tipo de gravame será o 2,60 por 100.
4.- O imposto devengase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 4.-Bonificacións

1.-Establécese unha bonificación do 90 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. A aplicación desta bonificación está condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente. O importe da bonificación non poderá supera-lo 50 por cento da cota íntegra do imposto.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación ó que se refire o apartado anterior.

3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras referentes ós aloxamentos protexidos segundo o artigo 3, letra b), do Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ó que se refiren os apartados anteriores.

4.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. O importe da bonificación non poderá supera-lo 90 por cento da cota íntegra do imposto.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.

Artigo 5.-Xestión

1º.-Cando se conceda licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada a dita licencia, se comece a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisoria a conta, determinándose a base impoñible:
a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado no colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Cando no se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base impoñible será determinada por ditos servicios en función dos seguintes módulos:
EDIFICACIÓNS:
IMPORTE
-Vivendas unifamiliares ailladas ou encostadas. *
511,94 €/m2
-Edificios para vivendas plurifamiliares. *
445,17 €/m2
-Edificios de uso hosteleiro (42.2), comercial (42.3).
505,87 €/m2
-Edificios de uso oficinas (42.4).
445,17 €/m2
-Edificios de uso industrial(42.5).
263,51 €/m2
-Edificios de uso garaxe-aparcamento(42.6).
283,29 €/m2
-Edificios de uso sanitario (42.8), asistencial (42.9), educativo (42.10), socio-cultural (42.11) e relixioso (42.12), cando non estean exentos de pago de licencia.
526,11 €/m2
-Edificios de uso deportivo (42.13) e recreativo(42.14).
372,32 €/m2
-Locais auxiliares como adegas, trasteiros, garaxes privados (locais pechados).
232,70 €/m2
-Galpons, cobertizos, porches, terrazas abertas, locais sen uso, piscinas descubertas.
162,89 €/m2
-Rehabilitación e reforma integral de vivendas unifamiliares. Reformas que afecten a elementos estructurais, valeirados. *
409,55 €/m2
-Rehabilitación e reforma integral de edificios de vivendas plurifamiliares. Reformas que afecten a elementos estructurais, valeirados. *
356,13 €/m2
-Rehabilitación de vivendas unifamiliares. Reformas non estructurais que afecten a instalacións, distribución interior, acabados¿ *
332,76 €/m2
-Rehabilitación de edificios de vivendas plurifamiliares. Reformas non estructurais que afecten a instalacións, distribución interior, acabados¿ *
289,36 €/m2
DEMOLICIÓNS:
 
-Demolición de edificacións.
20,23 €/m2
-Demolición de cubertas.
6,55 €/m2
-Demolición de forxados, lousas, entramados de madeira e tarima.
24,50 €/m2
-Demolición de muros de formigón ou cachotería.
37,54 €/m3
-Demolición de fábricas de ladrillo ou bloque.
5,60 €/m2
-Apertura de oco en muro de cerramento.
71,11 €/m2
-Picado de enfoscados e recebos, alicatados.
5,50 €/m2
-Picado de soleiras e pavimentos.
5,86 €/m2
-Apeos estructurais con puntais, sopandas e durmintes, ata unha altura de 3,00 m.
15,05 €/m2
OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E REFORMA:
 
-Acondicionamento de baixo ou andar para vivenda.
244,84 €/m2
-Acondicionamento de local uso hosteleiro (42.2), comercial (42.3).
278,23 €/m2
-Acondicionamento de local uso oficinas (42.4).
244,84 €/m2
-Acondicionamento de local uso industrial(42.5).
144,93 €/m2
-Acondicionamento de local garaxe-aparcamento(42.6).
155,81 €/m2
-Acondicionamento de local uso sanitario (42.8), asistencial (42.9), educativo (42.10), socio-cultural (42.11) e relixioso (42.12), cando non estean exentos de pago de licencia.
289,36 €/m2
-Acondicionamento de local uso deportivo (42.13) e recreativo(42.14).
204,77 €/m2
-Reposición de entramados e pisos de madeira.
62,80 €/m2
-Estructura de formigón armado (pilares, vigas e forxado).
55,00 €/m2
-Cerramento de doble folla de ladrillo, cámara e aillamento.
35,42 €/m2
-Fábrica de ladrillo colocada a panderete
11,78 €/m2
-Fábrica de ladrillo oco dobre media asta, fábrica de bloque de formigón
17,31 €/m2
-Enfoscados, revocos, encitados, pintados de fachadas exteriores.
12,02 €/m2
-Enlucidos e pintados interiores.
7,05 €/m2
-Sollados e alicatados.
24,50 €/m2
-Chapados e aplacados de pedra ou similar
45,00 €/m2
-Soleiras.
21,04 €/m2
-Recrecido de chan con morteiro
9,12 €/m2
-Falso teito de madeira, escaiola ou cartón-xeso.
16,26 €/m2
-Substitución de porta de entrada de madeira ou metálica (peonil).
280,15 €/ud
-Substitución de carpintería exterior de madeira ou metálica, galerías.
138,96 €/m2
-Colocación de rexas de seguridade en fiestras.
62,17 €/m2
-Substitución de porta de paso interior.
159,17 €/ud
-Instalación completa de baño composto por inodoro, lavabo, bidé e ducha ou bañeira, incluida instalación completa de fontanería e desaguadoiros, alicatado e sollado, ata unha superficie de 5 m2.
1.550,00 €/ud
-Instalación completa de cocina composta por fregadeiro, toma de lavalouzas e encimera, incluida instalación completa de fontanería e desaguadoiros, alicatado e sollado, ata unha superficie de 10 m2.
1.950,65 €/ud
-Instalación completa de lavadoiro ou aseo (lavabo e inodoro), incluida instalación completa de fontanería e desaguadoiros, alicatado e sollado, ata unha superficie de 3 m2.
825,40 €/ud
INSTALACIÓNS:
 
-Instalación de electricidade completa en vivenda
12,02 €/m2
-Instalación de fontanería completa en vivenda (sin sanitarios)
901,52 €/ud
-Instalación de calefacción completa de vivenda
30,05 €/m2
-Instalación solar térmica de AQS (vivenda 4 usuarios)
2.517,16 €/ud
-Pozo de captación de auga
1.650,00 €/ud
-Fosa sépticas con pozo ou zanxa filtrante
1.275,00 €/ud
-Ventilación e aire acondicionado.
52,05 €/m2
VALADOS DE PECHE:
 
-Muro de fábrica de bloque, incluído foxo e cimentación de formigón en masa
32,03 €/m2
-Muro de pedra ou cachotería
88,35 €/m3
-Muro de contención de formigón armado
168,60 €/m3
-Peche con poste metálico e maia.
11,18 €/m2
-Peche con estacas de madeira e aramio de 1,00 m de altura.
2,70 €/ml
-Peches vexetais.
7,00 €/ml
- Colocación de potal manual en peche.
65,96 €/m2
- Colocación de potal automático en peche.
111,15 €/m2
URBANIZACIÓN E MOVEMENTOS DE TERRA:
 
-Beirarrúas con baldosa hidráulica, incluso base e bordos
26,36 €/m2
-Beirarrúas con pavimento pétreo, incluso base e bordos
80,57 €/m2
-Pavimento continuo tipo slurry o formigón impreso, incluso base
29,57 €/m2
-Tubos de canalización de abastecemento
20,20 €/ml
-Arquetas.
160,50 €/ud
-Tubos de canalización de saneamento
36,06 €/ml
-Pozos de rexistro.
293,35 €/ud
-Excavacións a ceo aberto e transporte.
1,88 €/m3
-Recheo, extendido e apisonado de terras
2,51 €/m3
-Xardíns, pistas de terra, zahorra ou grava, acondicionamento superficial de terreos
6,20 €/m2
-Proxectos de urbanización sobre superficie ordenanda. Uso residencial movil, campings.(42.7).
42,17 €/m2
CUBERTAS:
 
-Reposición entramado de madeira ou vigueta pretensada
9,80 €/m2
-Reposición cuberta con placas de fibrocemento.
14,41 €/m2
-Reposición de cuberta con tella.
24,30 €/m2
-Reposición de cuberta con pizarra.
38,12 €/m2
-Reposición cuberta chapa.
14,50 €/m2
-Reposición cuberta panel.
21,40 €/m2
-Cuberta de zinc ou cobre
72,62 €/m2
-Impermeabilización de terrazas e balcóns
5,92 €/m2
-Canos e baixantes de cubertas
21,15 €/ml
  
2º.-Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente executadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñíble a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3º.-No caso de que a correspondente licencia de obras ou urbanística sexa denegada, os seuxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.

Artigo 6.-Inspección e recadación

A Inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7.-Infraccións e sancións

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición Final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno de data 18 de novembro de 1997 e publicada no BOP número 21 do 27 de xaneiro do 1998, modificada polo Pleno de data 20 de setembro do 2007 e publicada no BOP número 273 de data 26 de novembro do 2007 e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.