Neda - Ordenanza nº 3, reguladora do imposto sobre construccións, instalación e obras

Publicación provisional: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Publicación definitiva: 17/12/2001 BOP Nº: 287
Aplicable dende: 12/01/2015

Artigo 1.-Feito Impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible do imposto a realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra urbanística, ou a presentación da correspondente comunicación previa, obtivérase ou non dita licenza, ou presentárase ou non a preceptiva comunicación previa, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio".

2.-As construcción, instalacións ou obras a que se refire o apartado anterior, poderán consistir en:

a) Obras de construcción de edificacións e instalacións de toda clase de nova planta.

b) Obras de demolición.

c) Obras de edificios, tanto aqueles que modifiquen a súa disposición interior, como seu

aspecto exterior.

d) Alineacións e rasantes.

e) Obras de fontanería e saneamento.

f) Obras en cemiterios.

g) Calquera outras construccións, instalacións ou obras que requiran licencia de obra urbanística.

Artigo 2.-Suxeitos pasivos e exencións

a) Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se realicen as construccións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das obras; nos demais casos considerarase contribuínte a quen teña a condición de dono da obra.

b) Ten a consideración de suxeito pasivo substituto dos contribuíntes quen solicite a correspondente licencia ou realice a construcción, instalación ou obra, se non fose o propio contribuínte.

c) Están exentos do pagamento da presente ordenanza:

1.-Calquera construcción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou as entidades locais, que estando suxeitas a este, sexa directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión sexa levada por organismos autónomos, tanto se é obra de investimento novo como de conservación.

2.-As obras, construccións e instalacións que debendo ser entregadas ó patrimonio municipal, fosen executadas por outras administracións públicas en virtude do convenio de colaboración ou cooperación co concello.

3.-As obras, construccións e instalacións que promova dentro do termo municipal do Concello de Neda a Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.

4.-As obras que consistan en reconstrucción de muros, como consecuencia do ensanche das vías públicas, se se efectuou a cesión gratuíta dos terreos polos propietarios.

5.-A execución de obras de urbanización realizada polos propietarios afectados, sempre e cando se entreguen posteriormente ó patrimonio municipal.

Artigo 3.-Base impoñible. Cota de devengo

1.- A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, entendéndose por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela.
Non forman parte da base impoñible, o imposto sobre o valor engadido, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso coa construcción instalación u obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estrictamente, o custo de execución material.
2.- A cota do imposto será o resultado de aplicar a base impoñible o tipo de gravame.
3.- O tipo de gravame será o 2,60 por 100.
4.- O imposto devengase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivera a correspondente licencia.

Artigo 4.-Bonificacións

1.-Establécese unha bonificación do 90 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá a dita declaración ó pleno da Corporación e acordarase previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.

2.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. A aplicación desta bonificación está condicionada a que as instalacións para a producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente. O importe da bonificación non poderá supera-lo 50 por cento da cota íntegra do imposto.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, a bonificación ó que se refire o apartado anterior.

3.-Establécese unha bonificación do 50 por cento a prol das construccións, instalacións ou obras referentes ós aloxamentos protexidos segundo o artigo 3, letra b), do Decreto da Xunta de Galicia 199/2002, do 6 de xuño.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións ó que se refiren os apartados anteriores.

4.-Establécese unha bonificación a prol das construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados igual á parte do importe da cota correspondente á devandita instalación. O importe da bonificación non poderá supera-lo 90 por cento da cota íntegra do imposto.

A bonificación prevista neste apartado aplicarase á cota resultante de aplicar, no seu caso, as bonificacións a que se refiren os apartados anteriores.

Artigo 5.-Xestión

 

1.º.-Cando se conceda licencia preceptiva ou cando, non téndose solicitada, concedida ou denegada a dita licencia, se comece a construcción, instalación ou obra, practicarase unha liquidación provisoria a conta, determinándose a base impoñible:

a) En función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado no colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.

b) Cando no se presente presuposto visado ou o presentado sexa manifestamente inferior ó custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra, a criterio dos servicios técnicos municipais, a base impoñible será determinada por ditos servicios en función dos seguintes parámetros:

OBRAS MAIORES:

A fórmula para o cálculo do presuposto de execución material (PEM), base impoñible do ICIO, obtense de multiplicar a superficie construida parqa cada uso dos solicitados, por un módulo básico de referencia (Mbr), que para o ano 2013 é de 520,00 €, ponderado con uns coeficientes en función da tipoloxía da edificación solicitada (Ct) e o uso da mesma (Cu).

Así resulta:

P.E.M. = Mbr x Ct x Cu.

Os coeficientes ponderadores en función da tipoloxía e do uso da edificación seran consontes a seguinte táboa:

 

 

 

COEFICIENTE TIPOLÓGICO (Ct)

 

 

 

En edificaciones de nueva planta y adiciones

 

 

1,20

Edificación aislada (4 fachadas). Vivienda unifamiliar aislada. Sótanos a partir del 3.º

1,10

Agrupación en fila o hilera. Sótanos 1.º y 2.º.

1,00

Edificio en manzana cerrada. Edificación abierta vivienda colectiva

 

 

 

En obras de reforma y rehabilitación

 

 

1,20

Rehabilitación total incluyendo desmontaje de fachadas

1,00

Adecuación interior de plantas bajas y entreplantas. Rehabilitación integral del edificio conservando exclusivamente las fachadas.

0,65

Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente.

0,50

Reforma interior de instalaciones y acabados conservando las estructura existente.

0,50

Reformas de elementos estructurales.

0,35

Rehabilitación de fachadas. Sustitución de carpintería y cerramientos (aplicada a la superficie de fachada).

0,30

Reformas de poca entidad que no afecten a elementos estructurales ni a instalaciones (acabados interiores).

0,02

Demoliciones y derribos (aplicada a la superficie total de las plantas que se derriban). (Coef. Uso=1,00)

 

 

 

COEFICIENTE DE USOS (Cu)

 

 

1,60

Auditorios. Museos. Teatros. Hoteles 5*. Edificios bancarios.

1,50

Hospitales. Laboratorios. Iglesias.

1,40

Bibliotecas. Facultades y escuelas universitarias. Hoteles 4*. Edificios penitenciarios. Terminales marítimas y aéreas.

1,30

Clubes sociales. Cines. Centros de Salud. Balnearios. Hoteles 3*. Salas de fiestas. Discotecas. Colegios con Residencia.

1,20

Casas de la Cultura. Casas Consistoriales. Locales Bancarios. Consultorios. Residencias 3.ª edad. ApartHoteles. Tanatorios. Centros de culto. Cuarteles. Mataderos.

1,10

Vivienda. Hoteles de 2*. Residencias universitarias. Moteles.

1,00

Residencial VPO. Oficinas. Guarderías. Centros docentes. Hoteles de 1*. Ambulatorios. Hostales-Residencias. Restaurantes.
Estaciones de autobuses. Salas de exposiciones. Piscinas cubiertas.

0,90

Bares. Mercados.

0,80

Centro comercial. Pabellones deportivos cubiertos. Vestuarios. Bungalows. Servicios campings.

0,65

Edificios de aparcamientos. Local comercial. Establecimientos comerciales industria escaparate

0,50

Piscinas descubiertas. Cementerios.

0,40

Garajes y aparcamientos. Estaciones de servicio. Locales en planta baja o semisótano sin uso específico.

0,35

Trasteros. Porches y terrazas abiertas.

0,30

Almacenes y naves industriales. Instalaciones deportivas descubiertas. Naves. Granjas. Cobertizos. Depósitos. Graderíos. Panteones (por nicho)

0,15

Acondicionamiento de naves con obras mínimas

0,10

Proyectos de urbanización (adscritos a la edificación). Parcelas campings (acondicionamiento de terrenos. Ct=1,00)

0,05

Jardines. Pistas de tierra y hormigón. Tratamiento de espacios exteriores.

OBRAS MENORES:

Para a cuantificación dos orzamentos que serven de base ó ICIO nas obras menores estarase ós precios unitarios para cada unidade de obra de que conste a actuación para a que se solicita licencia, indicados na base de datos da construcción de Galicia, na súa edición 14.ª , correspondente o ano 2011, editada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, baixo a supervisión do Instituto Galego da Vivenda e o Solo e a Consellería de Vivenda e Solo (actualmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras) (a base de datos completa poderá consultarse, na páxina web do Concello)

2.º.-Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente executadas e do custo real e efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa poderá modifica-la base impoñíble a que se refire o número anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo, no seu caso, a cantidade que corresponda.

3.º.-No caso de que a correspondente licencia de obras ou urbanística sexa denegada, os seuxeitos pasivos terán dereito á devolución das cotas satisfeitas.

Artigo 6.-Inspección e recadación

A Inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 7.-Infraccións e sancións

En todo o relativo a cualificación das infraccións tributarias así como a determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complementan e desenvolven.

Disposición Final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno de data 18 de novembro de 1997 e publicada no BOP número 21 do 27 de xaneiro do 1998, modificada polo Pleno de data 20 de setembro do 2007 e publicada no BOP número 273 de data 26 de novembro do 2007 e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.