Oleiros - Ordenanza fiscal. Taxa por expedición de documentos administrativos.
Artigo 7.º .-Tarifa.
Epígrafe primeiro.-Derrogado.
Epígrafe segundo.
Atestados: 5.000 pesetas.
Epígrafe terceiro.-Derrogado.
Epígrafe cuarto.-Documentos relativos a servicios de urbanismo:
1.-Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 5.300 pesetas.
2.-Obtención de cédula urbanística: 2.120 pesetas.
Epígrafe quinto.-Contratación de obras e servicios
1.-En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou concursos-poxas:
- Ata 1.000.000 de pesetas, tipo base de licitación: 1.060 pesetas.
- De 1.000.001 a 10.000.000 de pesetas: 5.300 pesetas.
- De 10.000.001 en adiante: 10.600 pesetas.
2.-Por cada contrato administrativo que se subscriba de obras, bens ou servicios: 2.120 pesetas.
Epígrafe sexto.-Outros expedientes ou documentos:
Pola inscrición, transferencia ou baixa de ciclomotores no Rexistro municipal de ciclomotores: 2.000 pesetas.
Taxas derivadas da xestión do servicio de abastecemento de auga potable:
a) Por dereitos de acometida á rede xeral de abastecemento de auga:
| Diámetro de acometida | mm/2 de sección | Importe do dereito |
| 13 | 133 | 19.500 |
| 15 | 177 | 22.500 |
| 20 | 314 | 30.000 |
| 25 | 491 | 37.500 |
| 30 | 707 | 45.000 |
| 40 | 1.257 | 60.000 |
| 50 | 1.964 | 75.000 |
| 60 | 2.827 | 90.000 |
| 70 | 3.848 | 105.000 |
| 80 | 5.027 | 120.000 |
| 100 | 7.854 | 150.000 |
O non previsto na escala anterior liquidarase a razón de 1.500 pesetas, por mm de diámetro de acometida.
Tarifa reducida.-Aboarán unicamente o 10% da tarifa anterior, aqueles propietarios que colaborasen economicamente na realización de obras comunitarias de subministración de auga, segundo conste nos documentos obrantes no Concello. Ao tratarse dun servicio de recepción de obriga, os propietarios que acometan á rede construída coa colaboración económica doutros veciños, virán obrigados a reintegrar ao Concello a parte proporcional que lles corresponda da colaboración veciñal. Ademais deberán satisfacer a totalidade da taxa por dereito de acometida.
b) Pola formalización de póliza de enganche:
A póliza de enganche formalizarase previo pagamento de:
b.1) Na primeira contratación: 3.000 pesetas.
b.2) Derrogado.
c) Polo precitando do contador:
O importe a satisfacer por cada precintado de contador será de 500 pesetas. Terase en conta que de calquera cambio de contador, deberase dar conta á empresa "Sergesco, SA", que será a única habitada para levantar o precinto destes.
d) Por dereitos de reenganche:
O importe a satisfacer polos dereitos de reenganche será de 5.000 pesetas.
Epígrafe sétimo.-Dereitos de exame.
1.-Técnicos grupos A e B: 2.650 pesetas.
2.-Grupo C ou similar en contratos laborais: 2.120 pesetas.
3.-Demais postos: 1.590 pesetas.
Epígrafe oitavo.-Fotocopias de expediente completos ou de documentos illados que formen parte daqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20, en tamaño DIN-A4, e de 6, en tamaño DIN-A3:
Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 10 pesetas/copia (todas as copias).
Epígrafe noveno.-Reproduccións de planos en tamaño DIN A-1: 300 pesetas/copia.
Epígrafe décimo.-Copias da cartografía:
1.-Copia de cartografía en papel opaco DIN A-3 ou DIN-A-4: 1.000 pesetas/copia.
2.-Copia de cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN A-3: 2.000 pesetas/copia.
3.-Copia de cartografía en papel reproducible: 5.000 pesetas/copia.
4.-Copia de cartografía dixitalizada urbana: 6.000 pesetas/Ha.
5.-Copia de cartografía dixitalizada rústica: 1.200 pesetas/Ha.
Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.
1.-As taxas recollidas nos epígrafes segundo, cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.
Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente pero non poderán darlles curso sen que se emende a deficiencia; con este fin requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
2.-As taxas a que se fai referencia nos epígrafes oitavo, noveno e décimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas.
Unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento da correspondente autoliquidación, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
No caso de copias de cartografía dixitalizada, unha vez realizado o pagamento da autoliquidación, que se acreditará ante o departamento correspondente, formalizarase contrato de licencia de uso da información xeográfica dixital do Concello de Oleiros, no que se determinará o obxecto, entrega e uso da copia, confidencialidade, limitación de responsabilidades, propiedade da copia, incumprimento e diferencias.
Disposición final
A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9.11.1989 (modificacións plenarias de 3.4.1991, 19.12.1991, 22.12.1992, 1.12.1993, 13.4.1993, 13.11.1995, 25.10.1996, 14.10.1997, 31.7.2000 e 14.12.2001 ) e entrará en vigor unha vez publicado o texto da presente modificación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.