Oleiros - Ordenanza fiscal nº 1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos
Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, normas que atenden ao previsto no artigo 57 do citado Texto Refundido.
Artigo 2º: FEITO IMPOÑIBLE
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a actividade administrativa desenvolvida, co motivo da tramitación a instancia de parte ou de oficio, dos documentos expresados no Artígo 7º desta Ordenanza, que solicite, provoque, refírase, afecte ou beneficie o suxeito pasivo.
Artigo 3º: SUXEITO PASIVO
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen, ou en interese de quen redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4º: RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º: EXENCIÓNS SUBXECTIVAS
DERROGADO
Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA
1.- A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que se contén no artigo seguinte.
2.- A cota da Tarifa corresponde a tramitación completa en cada instancia do documento ou expediente do que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.
Artigo 7º: TARIFA
Epígrafe primeiro.- DERROGADO.
Epígrafe segundo:
- Informes emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico: 121,32 €.
- Outros informes emitidos pola Policía Local: 35,39 €
- Informes emitidos polo Servizo de Emerxencias e Protección Civil relativos a accidentes de tráfico: 86,95 €
- Informes emitidos polo Servizo de Emerxencias e Protección Civil diferentes aos relativos a accidentes de tráfico: 45,50 €
Epígrafe terceiro: DERROGADO.
Epígrafe cuarto: Documentos relativos aos Servicios de Urbanismo:
1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 42,19 €.
2.-DERROGADO
3.- Informe urbanístico: 40,76 €.
Epígrafe quinto: Procedementos de contratación e concesións demaniais:
1.- En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou procedementos negociados:
- Ata 6.010,12 €, tipo base de licitación: 8,45 €
- De 6.010,13 € a 60.101,21 €: 42,19 €.
- De 60.101,22 € en adiante: 84,43 €
2. Pola formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 8,47 €.
Epígrafe sexto: Derrogado.
Epígrafe sétimo: Dereitos de exame.
1.- Subgrupos A1 e A2 e grupo B ou similares en contratos laborais: 21,12 €.
2.- Subgrupo C1 ou similar en contratos laborais: 16,88 €.
3.- Demais postos: 12,66 €.
Epígrafe oitavo: Fotocopias de expedientes completos ou de documentos illados que formen parte de aqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20 en tamaño DIN-A4 e de 6, en tamaño DIN-A3:
· Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 0¿07 €/copia (todas as copias)
Epígrafe noveno: Reproduccións de planos en tamaño DIN-A1: 2¿39 €/copia.
Epígrafe decimo: DERROGADO
Epigrafe undécimo: Reposición de placa de vado: 10,07 €.
Epígrafe duodécimo: Expedición de certificacións catastrais polo Punto de Información Catastral, relativas a fincas non pertencentes ao Concello de Oleiros:
· Certificación literal: 6,96 €
· Certificación descritiva e gráfica: 7,50 €
Epígrafe décimo terceiro: Compulsa de documentos a presentar a través do Portelo único da Xunta de Galicia.
· Por cada compulsa, a partires da terceira e ata a duodécima compulsa: 1,61 €/compulsa
· Pola décimo terceira compulsa e seguintes: 0,53 €/compulsa."
ARTIGO 8º: BONIFICACIÓNS DA COTA
Gozarán dunha bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo: ¿Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter xeral.
Asimesmo gozarán dunha bonificación dun 50% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo ¿Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.
Considéranse familias numerosas de categoría xeneral e especial as reguladas polo artigo 4 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, ás que se recoñecese tal condición, conforme se establece polo artigo 5 da citada Lei.
Có fin de acreditar a condición de membro de familia numerosa, os suxeitos pasivos ós que corresponda a aplicación da bonificación, axuntarán ó impreso de pago das Taxas, fotocopia compulsada do D.N.I. do suxeito pasivo e do título oficial de familia numerosa.
ARTIGO 9º: DEVENGO
Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír:
a) No caso das actividades administrativas iniciadas a instancia de parte, cando se presente a solicitude que inicie a tramitación de documentos e expedientes suxeitos ao tributo.
No caso de solicitude de certificacións catastrais a expedir polo Punto de Información Catastral, cando se produza a emisión do certificado.
No caso de actividade administrativa consistente na compulsa de documentos a presentar a través do Portelo único da Xunta de Galicia, coa solicitude verbal da compulsa.
No caso de solicitude de informes emitidos pola Policía Local, no momento da súa entrega.
b) No caso de actividades administrativas iniciadas de oficio,o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando éstas se inicien sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 10º:DECLARACIÓN E INGRESO
1.-As taxas recollidas no epígrafes cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7º, esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.
Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se enmende a deficencia. Con este fin requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimiento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
2.- As taxas ás que se fai referencia nos Epígrafes oitavo e noveno do artigo 7º, esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado ao solicitante que as copias poden ser retiradas.
Unha vez notificado ao solicitante que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento das correspondentes autoliquidacións, requerirase ao interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, co apercibimento que, transcorrido o devandito parzo sen efectualo, teranse os escritos por no presentados e será arquivada a solicitude.
3.- As taxas recollidas no Epígrafe duodécimo esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das certificacións catastrais solicitadas, unha vez determinado o número exacto de certificacións a expedir. A presentación e abono da taxa realizarase nas entidades colaboradoras.
4.- As taxas recollidas no Epígrafe décimo terceiro esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á realización das compulsas, unha vez determinado o número exacto de compulsas. A presentación e abono da taxa realizarase nas entidades colaboradoras.
5.- As taxas recollidas no Epígrafe segundo esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega dos informes, realizándose o pago a través das entidades colaboradoras.
Disposición final:
A presente Ordenanza modifica a aprobada polo Pleno, de data, 9 de novembro de 1.989 (modificacións Plenarias do 03.04.91, 19.12.91, 22.12.92, 01.12.93, 13-04-94, 13-11-95 , 25-10-96, 14-10-97, 31-07-2000, 14-11-2001, 27-11-2003, 14-03-2005, 27-10-2005, 30-7-2008 , 25-9-2008, 6-2-2009 e 30-9-2010) e entrará en vigor o día da publicación do texto íntegro das modificacións da mesma no B.O.P., permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.
DILIXENCIA para constatar que:
· O texto orixinal da presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello en Sesión celebrada o 9 de novembro de 1.989 publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 4 bis de data 5 de xanerio de 1.990.
· Posteriormente se modificou o artigo 2º.3 por Pleno de data 3 de abril de 1.991, sendo publicado o mesmo no B.O.P. Nº 161 de data 16 de xullo de 1.991
· Posteriormente modifícanse os artigos 2º e 7º polo Pleno doConcello de data 19 de decembro de 1.991, sendo publicados os textos íntegros destes artigos no B.O.P. Nº 94 de data 25 de abril de 1.992.
· Posteriormente modificouse o artigo 7º por Pleno de data 22 de decembro de 1.992, sendo publicado o texto íntegro do referido artigo no B.O.P. Nº 32 de data 30 de marzo de 1.993.
· Posteriormente modificáronse seus artígos 2º, 6º e 7º (Epígrafe 1ºe 10º) por Pleno de data 1 de decembro de 1.993, sendo publicados seus textos íntegros no B.O.P. Nº 47 de data 28 de febreiro de 1.994.
· Posteriormente modificáronse seus artígos 2º, 5º, 7º e 10º polo Pleno de data 13 de abril de 1.994, sendo publicados seus textos íntegros no B.O.P. Nº 170 de data 27 de xullo de 1.994.
· Posteriormente modificouse o artigo 6º polo Pleno de data 13 de novembro de 1.995, publicándose o texto íntegro da modificación no B.O.P. Nº 31 de 7 de febreiro de 1.996.
· Posteriormente modificáronse os artigos 2º, 9º e 10º polo Pleno de data 25 de outubro de 1.996 , publicándose o texto íntegro da modificación no BO.P. nº.300 de 31 de decembro de 1.996.
· Posteriormente modificouse o artigo 7º, polo Pleno de data 14 de outubro de 1.997, publicándose o texto íntegro da Ordenanza modificada no B.O.P. Nº 296 de 27-12-1.997.
· Posteriormente modificáronse os artigos 7º e 10º polo Pleno de data 31 de xullo de 2000, publicándose o texto íntegro da Ordenanza modificada no B.O.P. Nº 61 de 15 de marzo de 2001.
· Por Pleno de data 14 de decembro do 2001 modificouse o artigo 7º -Tarifa, publicándose o seu texto no B.O.P. nº 54 de 6 de marzo do 2002.
· Por Pleno de data 27 de novembro do 2003 modificouse o artigo 7º .- Tarifa, publicándose o texto íntegro do artigo no B.O.P. nº 60 do 13 de marzo do 2004. Debido a un erro na redacción do artigo 7º publicouse o texto correxido do artigo no B.O.P nº 87 do 17 de abril do 2004.
· Por Pleno de data 14 de marzo do 2005 modificáronse os artigos 1º, 3º, 4º, 7º e 8º, publicándose os textos íntegros dos artigos no B.O.P. Nº 138, do 18 de xuño do 2005.
· Por Pleno de data 27 de outubro do 2005 modificouse o artigo 7º, publicándose o texto íntegro do artigo no B.O.P. Nº 296 do 28 de decembro do 2005.
· Por Pleno de data 30 de xullo do 2008 modificáronse os artigos 7º e 10, publicándose os seus textos íntegros no BOP nº 255 de 5 de novembro do 2008.
· Por Pleno de data 25 de setembro do 2008 derrogouse o Epígrafe sexto do artigo 7º.
· Por Pleno de data 6 de febreiro do 2009 modificouse o artigo 7º (Epígrafe sétimo), publicándose o texto íntegro do artigo no BOP nº 112 de 19 de maio do 2009.
· Por Pleno de data 30 de setembro do 2010 modificaronse os artigos 7º, 9º e 10º.
- Aprobación provisional da modificación do artigo 9º da Ordenanza Fiscal nº 13, reguladora do Imposto sobre incremento do valor dos terreos de natureza urbana. O texto da Ordenanza tras estas modificacións é o seguinte: